Resumo da II Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais

Os pasados 19 e 20 de xullo tivo lugar en Sada a II Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais.


Xa o ano pasado tivemos a mala sorte de que nos choveu todo o día e poucos barcos se animaron a achegarse a Sada.

Este ano, tamén o parte nos daba malos augurios e temíamos o peor. Dous anos seguidos con mal tempo xa desesperan a calqueira.

Esta II Xuntanza coincidía ca Feira Mariñeira de Sada e cas festas do Carme.

O Concello de Sada e a Asociación de Empresarios de Sada facilitáronnos un bo espazo na parte de atrás da Feira e puxéronnos tomas de corriente.

Empezamos a montar as carpas o venres pola tarde, pero tivemos que deixalas sen montar polas tremendas chuvieiras que caeron ó longo de toda a tarde-noite.


Á mañán seguinte continuamos montando as carpas. Este ano dispoñíamos da carpa patexeira onde montamos habitualmente as exposicións, e doutra carpa, cedida polo Concello, onde tiñamos o "hospitality" para os tripulantes. Ademáis estaban expostas a buceta Punta Fiateira e o Arredemo.


Pola mañán saíron a dar unha voltiña a Desexada e a Boaventura, esperando a ir recibindo os barcos.

Sobre as 12 da mañán empezaron a chegar os barcos que contaron con amarres no Porto Deportivo de Marina Sada por xentileza da empresa que xa levan colaborando cos Patexeiros nos últimos dous anos.

Xusto cando estaban amarrando unha impresionante tromba de auga fixo que tiveran que resguardarse onde poideron.

Dende A Coruña, achegóuse o galeón Punta Pragueira da AAETG. Dende Ferrol, tiñan previsto achegarse varios barcos, ainda que ó final só foi o Calagraña o que fixo presenza. Dende Perbes, a incondicional dorna Albatros. Dende Ares o Osorio, co amigo Pepe, e de Sada estiveron presentes, A Desexada, a Boaventura, a Feituca e a Leliadoura.

Pouca afluencia de xente pola feira, motivado pola mala climatoloxía.

Comemos sobre as tres da tarde a base de tortillas, empanadas, chourizos, rexóns, queixo e postres. O amigos da Coruña trouxéronnos varias viandas para contribuir á comida. Grazas a Fina e á muller de Antonio por molestarse e por botarnos unha man coa loxística da comida.






Pola tarde saímos a navegar sobre as 5 da tarde, e estivemos ata as 9 no mar. Estivemos navegando durante a procesión do Carme, pero sen achegarnos moito, seguindo as recomendacións da Capitanía.




Moi boa xornada de navegación.

Ó longo da tarde, foron varias as persoas que pasaron pola carpa patexeira a admirar as pequenas exposicións e facernos algunha doazón. Tamén tivemos o pracer de contar diante da carpa coa actuación dun grupo de gaiteiros e pandereteiras.












Tocóulle o turno á merenda-cea, a base de sardiñas asadas cedidas amáblemente pola Organización da Sardiñada.

Fixemos entrega dos agasallos ós tripulantes das embarcacións, que este ano consistiron nuns colgantes feitos de maneira artesán pola artista de Sada, Maca Herce.


Pola noite houbo festa e varios se animaron a cantar ata ben entrada a noite.

O domingo xa se presentaba mellor a climatoloxía ainda que non nos libramos dunhas chuvieiras ás primeiras horas da mañán, pero logo quedóuse un día estupendo, o que fomentou que fose moita xente a que se animara a pasear pola Feira Mariñeira, e visitar, como non, a zona patexeira.


Os barcos saíron a navegar sobre a 1 da tarde. Levaron a tripulantes que o día anterior non tiveran a oportunidade de navegar. Mentras outros quedábamos atendendo a Carpa Patexeira.


Tamén pola tarde tivo lugar na nosa carpa o obradoiro de oleiría impartido pola artista Maca Herce, no que participaron varias persoas que quedaron prendadas do traballo de amasar e dar forma ó barro. 


Tivemos a visita de varios amigos que pasaron a saludarnos, o mestre carpinteiro Pepe de Lorbé, o mestre carpinteiro Sr. Lino, varios familiares dos primeiros propietarios da Balbina que nos trouxeron diversa documentación sobre o barco e nos foron contando historias e anécdotas, o anterior armador da Balbina e que foi quen nola cedeu, e moitos amigos máis.


Sobre as tres da tarde empezamos a xantar. Este xantar non estaba incluído no programa da Xuntanza, pero como xa marcharan algúns barcos para os seus portos de orixe, decidimos invitar ós que se quedaron a tomar uns callos e un pouco chourizo, rexóns e queixo.


Pola tarde volvemos a sair ó mar os barcos que quedábamos e estivemos navegando dende as 5 ata as 9. Rematada a última saída de navegación os barcos xa foron amarrar ós seus sitios habituais.

  
Varias  persoas visitaron durante a tarde do domingo a zona patexeira e nos fixeron varias doazóns para contribuir coa Asociación. Tivemos a visita de persoeiros ilustres como a da actriz Isabel Risco, gañadora do  premio Mestre Mateo á mellor actriz de reparto na edición de este ano, a cal fixo gala do seu humor e improvisación nun breve diálogo que mantivemos. Esperamos que as bandeirolas che deran para engalanar toda a leira!!!!.

Este ano, nin a climatoloxía nin a situación da zona patexeira axudaron  moito á afluencia de xente na carpa, e non rexistramos as afluencias masivas das últimas edicións, na que tiñamos unha ubicación estupenda, pero ainda así, o balance foi moi bó, tendo en conta as adversidades.

Queremos dar as grazas ó Concello de Sada, e en especial ó Técnico de Cultura, Marcos, por estar sempre ahí e atender as pequenas peticións que lle fixemos. Á AESADA, Asociación de Empresarios de Sada, e en especial a Carlos, por estar pendentes en todo momento de nós e facilitarnos a vixilancia da carpa. Grazas ó Porto Deportivo Marina Sada por facilitarnos un ano máis os amarres para os barcos asistentes. Grazas ó Club Náutico Recreativo de Sada por colaborar sempre con nós, deixarnos as zodiacs, e todo o que necesitemos sempre.

Grazas a todos os amigos que asistíchedes por mar e terra ó noso evento, ós incondicionais, porque xa sabedes, que grazas a vós, a vosa presenza, se pode manter a ilusión de seguir facendo eventos. Grazas tamén ós novos socios que vivíchedes o voso primeiro evento patexeiro. Esperamos que o pasárades ben, a pesares dos fallos que poidéramos ter.


Grazas a todos os socios da Asociación por volcarvos e axudar na organización, loxística, etc... de este evento.

Esperámosvos a todos, para o vindeiro ano. E levarémoslle ovos a Santa Clara para que teñamos un día estupendo.

Tedes todas as imaxes da II Xuntanza Patexeira no Album de Facebook creado para a ocasión.

 by Palmeirán

Comentarios