xoves, 7 de agosto de 2014

Rumbo á Regata de Embarcacións Tradicionais Porto de Redes - Viaxe a ningures


O sábado da xuntanza de Redes, sobre as once da mañá reunímonos no embarcadoiro os Monchos (Cerviño e Chimpo), Miguel Marta, un amigo que de vez en cando navega na Feituca (Jose Luis "o do Emporio") mais eu, Pablo. A nosa intención inicial era chegar a Redes para participar no encontro que ia celebrarse. Para iso agardaban A Desexada e A Feituca con impacienza.

Despóis de aparellar ambas embarcacións, saímos.
O patrón da feituca decidiu pasar por enriba dun fondeo, non sabemos si con intención de levalo pa Redes ou ben  por aquelo de darlle algo de ventaxa a Desexada. O resultado foi que tivo que desmontar o temón, e dada a sua capacidade, e a sua longa experiencia que vai collendo tras duas semanas de duro entrenamento... rematou no mar, buceando e colocando no seu sitio dita peza indispensable para a navegación. Para escándalo de algunha vella que paseaba nese momento polo paseo de Sada... fíxoo totalmente espido.

A navegación comenzou cun forte vento de fronte, e cando as embarcacións lograron superar o muelle de Sada o mar os recibiu con agarimo e salseiros que mollaban ós tripulantes. Quizais fora éste o motivo de que algún deles non se percatou do que o sol facía nas suas costas... Queimalos coma cangrexos...

A primera hora pasou entre viradas e largos que se facían  máis longos de cada vez...
O patrón da Feituca intentaba gañar metros, e A Desexada os perdía a propósito para non deixala atrás.

Nunha virada os ollos de Moncho (o novo patexeiro) cambiaron de cor, non pasou desapercibido para os Feituqueiros, quenes pensaron que a competividade era a responsable de aquela cor sanquiñolenta. Erraban... tratábase de que fronte a él apareceu un grupo de delfins... Fixo algun comentario sobre comelos... ou algo polo estilo... non temos as declaracións confirmadas...

En calqueira caso continuamos navegación.
Cando estábamos na que pensamos que sería a derradeira virada para poder sair de Perbes,  A Desexada aproximóuse á Feituca para comunicarlle a súa intención de voltar, xa que o mar era forte e o vento non quedaba atrás... de tal xeito, non había posibilidade de chegar a tempo a Redes para a regata. Na feituca oíuse un "Falsa alarma, continuamos".

 E así continuóuse durante os seguintes quince minutos.
Ó dar a seguinte virada, os tripulantes da Feituca, entregados a aquela travesía, que a bordo dunha dorna, parecía máis a Volvo Ocean Race, -para eles, claro-, percatáronse de que ou colleron a velocidade da lus... ou ben a Desexada voltara a porto. 
Despóis de darse conta que non tiñan VHF, colleron os móbiles, que como é normal, en vez de levalos preto, estaban agochados, ben agochados, para que non se mollaran no fondo do tambucho, e viron que os chamaran. 

Asi as dúas embarcacións puxeron proa a Sada.
O que custou navegar duas horas, era un paseo de quince minutos de volta. Paseo agradable, sobre todo para Xosé Luis, que vendo a expléndida labor do seu patrón, para demostrarlle unha total confianza, vendo como o mar movia a Feituca pero non podía con ela, dixo "Pablo, tranquilo, !tú hazlo seguro!".

A expedición rematou baixo a sombra dunha das árbores xunto ó carril bici de Sada.

Uns lamentábanse de non poder chegar, outros alegrábanse de chegar, e algún soñaba cos delfins...

Fin..
(Non hai fotos porque bastante tiñamos con atender ó barco)

by Pablo Morán

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com