venres, 10 de febreiro de 2017

Nova directiva

O pasado domingo 5 de febreiro celebróuse, na Casa da Cultura de Sada,  a asemblea onde se elexiría unha nova xunta directiva para Os Patexeiros. Elexíndose, novo presidente , vicepresidente, secretario e vogais. O tesoureiro sigue na brecha e tódolos socios encantados de que así sexa.


Como parte da nova directiva dar un agarimo especial ó antigo presi, José Antonio, alias "o Palmeiran", que durante moitos anos estivo ó temón da asociación, e en non poucas ocasións só ante a marexada,  imprimindo ese carácter de superación que nos caracteriza ós Patexeiros.

Queremos rendir dende eiquí unha pequena homenaxe ó seu traballo e a todo o bon que fixo pola cultura do mar, moitas veces olvidada por moitos, moitas veces axudada por tan gran persoeiro.

Pero non pensedes que parteu a novo porto, non!!! . Agora será o noso secretario, e de seguro que aprenderemos moito da súa experiencia e o seu bon facer.

Tras varias reunións da directiva, comenzamos a tratar os propósitos de este ano, que son moitos e de gran magnitude.

Dividimos a tempada en dúas etapas ben definidas; a preparación dos barcos e invernada, e como non, o verán que ven cargadiño de singladuras e de seguro que moitos momentos emocionantes.


Na primeira etapa, retomamos dous dos obxetivos que levamos perseguindo durante moitos anos. O primeiro é conseguir un local onde os nosos barcos poidan pasar o inverno. Actualmente os socios invernan case, na maioría, os barcos nas súas casas, e o resto no porto de Lorbé.

É unha necesidade imperiosa a de ter un local onde podan pasar o resto de inverno e os vindeiros baixo teito, nun  lugar onde poidamos telos e invitarvos a todos a vir a velos, e coñecer de primeira man o gran traballo que se fai nesta asociación.


O segundo punto é o mantemento destes barcos.



Quedan poucos meses antes da botadura e temos moito traballo que facer.

En condicións precarias, traballando no porto á intemperie conseguiremos o noso obxetivo, seguro.

Neste senso reinstauramos algo que se perdeu polo camiño. Os sábados pola mañá será o día "Oficial" de traballo, de recuperacion e mantemento. Vos convidamos a partires de agora a vir por Lorbé a visitarnos e coñecernos, e os socios que queiran participar, só teñen que pasar por alí a axudar.


Na segunda etapa, no verán,  propuxémonos aumentar o número de barcos navegando no mar  e tamén os propios navegantes.

Estamos a traballar para que calqueira, que queira probar as maravillosas sensacions que produce unha travesía nun barco tradicional, poida facelo. Estade atentos porque imos a informar.


Incrementaremos as nosas campañas publicitarias para maximizar a difusión das nosas actividades

É un luxo poder contar con diferentes embarcacións de moi distinta tipoloxía (dornas, botes das Rías Altas,  botes de media construcción, bucetas, lancha patexeira), e diferentes tipos de vela (cangrexa, latina, ó tercio, relinga), e queremos que poidades disfrutar delas e aprender con nós o que se sinte.

Como decía un sabio "Ninguen defenderá o que non coñece".

Nun senso xeral, a nosa función principal é recuperar o patrimonio maritimo, e iso engloba tamén ás persoas que viviron e traballaron nas embarcacións tradicionais. Por este motivo, retomamos a intención de realizar unha documental onde os protagonistas falen das súas experiencias a bordo destas naves, como se vivia e traballaba nelas, etc....

Non podemos permitir que esa memoria se perda, e como parte da nosa actividade retomaremos este proxecto co máximo agarimo e respecto.

Como apunte final, sexas particular, profesional ou empresa vos convidamos a que nos coñezades.

Precisamos de moitas mans, cartos, e axuda de todo tipo para conseguir os nosos obxectivos.

Recordade algo: Isto o facemos porque alguén o ten que facer. Non podemos permitir que o noso se perda, e é unha loita constante que estamos a librar.

Sen máis, despedímonos e desexámosvos unha  boa singladura.

Esperamos vervos dentro de pouco!

Pablo Morán (Vicepresidente da A.C.M. Os Patexeiros)

1 comentario:

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com