venres, 11 de marzo de 2016

POSPOÑEMOS A 6ª EDICIÓN DO CURSO DE CARPINTARÍA DE RIBEIRA ATA TEMPOS MELLORES

 

Comunicámosvos que moito ó noso pesar, ó do mestre carpinteiro e ó dos alumnos inscritos, temos que pospoñer esta 6ª Edición do Curso de carpintaría de ribeira ata tempos mellores.

O motivo é a falta de inscritos para esta edición. Así como as 5 primeiras foron un éxito, desta fíxose imposible xuntar un grupo mínimo de alumnos para poder levar adiante o curso.

A nosa idea é volver a intentalo de novo no mes de setembro, a ver se a xente está máis receptiva.

Grazas a todos os que nos axudáchedes a difundir esta convocatoria a traveso das redes sociais e do boca a boca.

Sentimos as molestias.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: ospatexeiros@gmail.com ou infórmate na nosa web: www.patexeiros.org