Resumo da 2ª Regata da IX Copa Balbina - Sada

O día empezou cedo. Lucas “O presi”, Palmeirán “O Palmeirán”, e Pablo “O Feituco”, dábanse cita en Sada para arbolar A Desexada co seu novo pau.

Lucas e Palmeirán estiveron primeiro en Lorbé con labores de enxeñería loxística. Había que transportar o mastro nun remolque, e o pao sobresalía en forma de ariete… Difícil solución.

Con hora e media, de tradicional retraso, sobre o horario previsto, o mastro chegou a Sada. Unha mente traballa ben, duas xuntas bueno, tres… son un debate da Nación…

Con ese consenso os tres enxeñeiros decidiron en que lugar poñer os motóns, e resto de cabullería.

Contra todo pronostico, a cousa foi ben. Preparábase así A Desexada tras o seu accidente na Xuntanza Patexeira onde rompera o mastro.

O vento no mar iba crecendo a cada minuto que pasaba.

Sobre as catro da tarde comenzaron a chegar as diferentes tripulacións das embarcacións que iban participar nesta regata da Copa Balbina.

O Feituco, tamén coñecido por ser nomeado por Palmeiran como “Morán o prudente!”, decidía que A Feituca ese día non sairía a navegar. O vento con máis de 12 nós sostidos e rachas que superaban os 20 sobrepasaba o seu límite según o seu patrón.

Sete barcos se deron cita en Sada:  A Desexada, O Canouro, A Leiladoura, A Rabuda, O Capricho e a Albatros.

As condicións realmente extremas para este tipo de embarcacións fixo que outras embarcacións de outros portos decidirán non asistir a regata. Feito que aplaudimos, porque o primero é a seguridade das tripulacións, e o segundo a integridade deste tipo de barcos. Mellor quedar na casa un día, que para sempre no fondo do mar.

A tripulación da Desexada combinábase nesta regata coa da Feituca. Por elección popular O Feituco patroneaba, mentres O Palmeirán, e Pepe, alias “Pepelu”, facían labores de proel, contrapeso… e de contrabaixo non.. porque non había….

A primeira decisión tomada polo patrón foi a de rizar a cangrexa… Descisión que non se tomou debido a un motin a bordo… Os proeles mandaban mais que o patrón… eiqui os refráns non valen…

Os barcos poñían proa ó campo de regata.

Sairían as embarcacións dende o porto rumbo a Gandarío debido á compoñente Sur do vento.

Todos iban probándose en tan extremas condicións… No mar non había borreguillos… había un manto branco que por momentos parecía a festa da espuma do extinto “Os Condes”.

Nestas condicións, A Rabuda e O Capricho decidían voltar a porto. Non estaba o corpo para sustos- Ben feito!

A Leiladoura loitaba cun vento que a superaba e quedou pola zona para ver a regata protexida en augas máis tranquilas próximas á  Praia de Sada.

Pola súa banda, cada tripulación probaba a súa nave e Canouro e Albatros rizaban as súas velas. Pola contra a Desexada iba a todo trapo demostrando o chula que é…

O seu patrón quixo probar a trasluchada, xa que nunha das boias terían que facela si ou sí. Dixo; “imos facelo despaciño. Nese intre que viraban, unha racha golpeóunos facendo orzar o barco ata límites que todos os que estaban a bordo recordaron aquello que dicía o capitán Jack Sparrow “Abaixo é arriba, e arriba é abaixo”.

Por sorte recuperóuse o control. Os corazons… ainda tardarían bastante tempo en voltar ó seu sitio… Palmeirán declarou “Nunca na miña vida pasei tanto medo”, Pepelu pola súa parte non falaba, aferrábase á borda e se ataba ó mastro. O patrón quitáballe importancia sin decatarse que o atragamento que sufría se debía a un ascenso incontrolado das súas gónadas ó seu pescozo… Así todos chegarían ó consenso de que rizar a vela non era tan mala idea.

E deste xeito chegamos ó inicio da primera manga.

Só tres barcos a iniciaban, Desexada, Canouro e Albatros.

O Canouro saliu como un filispín. A xente de Perbes na Albatros non se creían a pesadilla que vivian; aparecía un barco no Arco Ártabro que lles estaba poñendo a súa popa fora do seu alcance.

 Cunhas viradas que producían unhas orzadas máis típicas da Volvo Ocean Race que da Copa Balbina, os tres barcos percorrían a toda velocidade o campo de regata. Bueno, sexamos sinceros, A Desexada virar, o que se dí virar… o tiña moi complicado. Un patrón ainda non asentado á nova configuración vélica (si, xa o sei… algo hai que decir… non se pode admitir que faiaba máis ca unha escopeta de feira) e uns proeles que precisaban de catro mans para manexar un só foque… as aproadas eran constantes.

Transcurriu así a primeira manga. O Canouro amosando uns colmillos moi afilados, unha Albatros incrédula ante a súa impotencia ó non poder alcanzados, e unha tripulación da Desexada que entre as risas que se íban botando, e o forte vento, chegarían con moita calma á meta na tercera posición.

Normalmente o transcurso entre a primera manga e a segunda é o tempo de espera de chegar a última embarcación. Pero como nos gusta innovar, O Canouro desapareceu do horizonte e a Albatros entendeu que aquelo iria só a unha manga e baixaba velas e poñia rumbo á rampa. Non sabemos si o que querían realmente era tomar xa a cerveza e os ágapes de final de regata e olvidar o pesadelo que estaban a vivir.

A confusión era plena. Os tripulantes da Desexada falaban polo VHF co xuiz de regata. Éste lles indicaba que en cinco minutos iniciaría o procedemento. E todos os que escoitaron aquelo perderon a respiración… “Dixo o procedemento administrativo?” . Se imaxinaron que os de Facenda podían aparecer en calqueira momento. Todos temos moi presente o que lle fixeron a Ronaldo… Dende eiquí todo o noso apoio a…...... Facenda… A por él “Que, Facenda somos todos…!!!”,  bueno,  menos a Infanta…

Sigamos na regata. Antes escribíamos sete barcos, non foi un erro porque entre mangas aparecéu “Halina a Meracha”, patroneada polo señor Aguado. Levaban catro horas loitando ca fortísima surada. Chegaba a Sada para reunirse por fin á flota patexeira tras casi ano e medio de recuperación.

Dende eiquí felicitacións pola recuperación e pola mestría demostrada na navegación. Así o entenderon a tripulación da Desexada que foi a recibila como se merece. Cruzábanse ambas embarcacións a toda velocidade e os “Desexados” amosaban as suas posadeiras ó natural…

Tempo despóis, casi media hora despóis, o Canouro facía acto de presencia no campo de regatas. Íbase a iniciar a segunda manga por fin. Pero a Albatros permanecía fondeada en Sada. Avisóuse pola radio e entrou en campo.

Algo debeu pasar neste tempo porque A Desexada saía en segunda posición cara a primeira boia. Modificaron o montaxe do foque e parecía que a regata íba a ser diferente. Conscentes das súas dificultades ó tempo de virar e os seus continuos aproamentos, decidiron facer algo diferente.

Mentres O Canouro avanzaba pegado Á costa de Sada, a Albatros íba rumbo a  Gandarío, e polo medio como un polo sin cabeza, a sorpresa da segunda manga. O patrón da Desexada ordeaba facer borda… pero no lado contrario, pretendía orzar o barco ó máximo posible para aprobeitar toda a superficie vélica e aumentar eses centímetros de barco que crece en contacto ca auga cando vai orzado. Como nin unha gaivota que ia de paseo pola borda lle facía caso él mesmo tomou a decisión e tiróuse como un desesperado á borda contraria. Ó embarcar auga en cantidades industriais, e sobre todo polos gritos que máis recordaban ós últimos momentos do Titanic, que a mariños afeitos a estas artimañas… recuperaba a horizontalidade para evitar motíns.

Chegaron á primera boia e a táctica da Albatros a puxo na primeira posición ,seguida moi de cerca pola Desexada.

 A Albatros descolgábase lixeiramente da loita.

 Na segunda boia era onde se producía a trasluchada… e os desexados a agardaban con total seguridade (uns rezaban, outros escribían notas para as súas familias, e o patrón convencido do que facía tiraba da caña ás súas costas pechando os ollos). O resultado foi unha trasluchada de manual. Vítores, abrazos e un: “señores, seriedade, por favor, estamos nunha regata!!!!”

Albatros distaba cen metros da proa e o Canouro outros cen pola popa.

Na baixada a meta, a Desexada comenzou a recuperar terreo moi rápido, tanto, que por un momento, bueno no… non esaxeremos… lles recortaban a distancia moi rapiudo pero non o suficiente.

O Canouro, que na primera manga fora intratable, agora vía impotente as popas de dúas naves que non estaban a tiro dos seus cañóns.

Foto finish, na entrada en meta. Pero fagamos moviola… a un minuto atrás… blinilinlinlin…
A Desexada avanza máis rápido que a Albatros e acorta distancias. A meta está á vista, e o proel da Albatros lanza unha pregunta ó aire. “É a unha volta ou a dúas?”. Eiquí hai que darlle dous diplomas ó señor Palmeirán que informou de que era a unha volta. Diploma de Cabaleiro. O segundo diploma e de Gili… Ó enemigo… nin auga. A tripulación doaAlbatros comprendiu o erro cometido. Ó pensar que estaban na primeira volta avanzaban de empopada total e A desexada o facia metendo pola amura de popa, co que iba moito máis rápido.

Ó poder pechar o rumbo a Albatros meteu o vento pola amura e mantivo o posto grazas á xenerosidade de Palmeirán.. Dende eiquí… Grazas Palmeirán… Grazas… (léase a ironía…)

Rematada a regata os barcos participantes foron ós seus fondeos. Como sempre nos reunimos arredor da cervexa, a empanada aromatizada na sentina da Halina, patacas fritas e demáis ágapes.
Pero sobre todo de boa xente, non só dos socios dos patexeiros, si non da xente que é nosa, porque sempre nos acompaña en todo o que facemos e sempre podemos contar ca súa axuda, Pepe e Brais, a xente de Perbes, e outros moitos que se achegaron á regata. A todos eles moitas grazas, e recordarlles que temos unha cita o próximo sábado en Perbes.

A clasificación da regata.

Clasificación xeral despóis de disputadas dúas regatas e asistir ás Concentracións de Redes e á Xuntanza Patexeira.

CLASIFICACIÓN XERAL
BARCO PUNTOS TRAS DESCARTES
CANOURO 51
A DESEXADA 39
RABUDA 30
ALBATROS 28
BOAVENTURA 27
ABUR 26
A FEITUCA 23
LELIADOURA 22
O CAPRICHO 20
ARXIL 15
ARREDEMO 9
HALINA A MERACHA 5
TREBÓN 5
ALIVANTA 5




Comentarios


  1. Excellent web site. Lots of helpful info here. I am sending it to several buddies ans additionally sharing in delicious. And of course, thank you in your effort! yahoo email login

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

Publicacións populares deste blog