domingo, 29 de novembro de 2009

Se os Alemans puideron, Os Patexeiros tamén


Xa sabedes que logo da segunda guerra mundial, iso que lle chamaron "O milagro Alemán", que non só reconstruiron un pais en ruinas senón que ainda por riba se converteron en potencia mundial.... Polo menos iso foi o que nos contaron.

Exactamente coma os Patexeiros. Despois do temporal..outro temporal, e despois outro.... pero virá a calma. Así que xa empezamos o noso particular "Milagro Patexeiro". Xa
veredes como volveremos a flotar.


Este sábado empezamos polo pequerecho, polo bote auxiliar, que fixeramos entre varios afeccionados alá polo 2005 e co que afundimos o mes pasado. Fibra, si FIBRA DE VIDRIO, xa sabemos que o poliéster non e tradicional, pero e sinxelo e repara os botes. Velaí está Palmeirán logo de enfibrarllo o plan do bote.
Tamén se achegaron o Pepe e o Martiño, que foron sacar a dorna do mar , e achicar outros barco (a buceta xa estaba ó límite). Axudados polo noso superheróe Jaime, que como podedes observar ten un sistema térmico doutro planeta. Ahí está, en bañador e en plena surada, onte, co frio que ía...,


Deberiamos facer un calendario deses que están tan de moda, un mes para cada Patexeiro. O Jaime podería ocupar o Nadal con esta maravillosa estampa....

E falando de estampas, ahí estamos coa actividade mais tradicional. Para contrarestar o do Poliéster, empezamos a construcción do mediomundo, e para iso fumo ó monte, fouciño na man, a apañar unhas varas para facerlle a estructura.



Así están as cousas. Parece que vai funcionando o das actividades do sábado pola mañan. Pouquiño a pouco. Reconstruindo o que nos levou a surada, e preparándonos para a seguinte.


Ademais, xa sabedes que desde o pasado vernes, xa temos un foro de opinión :


http://patexeiros.foroactivo.com/forum.htm


Ahí podedes deixar os vosos comentarios, respostar os que xa están activos, dar suxerencias , facer as críticas que queirades, dar ánimos, etc. Só os tedes que rexistrar cun mote e mias un correo electrónico, e xa está.


Como vedes, ante a dificultade, dámoslle con mais forza. Así, como os Alemans, según nos contaron, ainda que.....


¿e eses Alemans, digo eu, non o farían a base de subvencions?





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com