Patexeiros por Nazaré

Como xa ven sendo costume, cando un Patexeiro viaxeiro anda percorrendo o mundo, ten a obriga de pasarse uns minutiños informándonos ó resto dos mortais das distintas tipoloxías de embarcacións que se van atopando no seu periplo por eses mundos.

Aquí, o noso ilustre socio D.  Javier Aguado Álvarez de Sotomayor, ou como o coñecemos cariñosamente, Javi,  herdeiro de Pedro Madruga, alias Cristóbal Colón (según algunhas fontes), mandóunos estas fermosas imaxes de embarcacións varadas nas praias de Nazaré, en Portugal.

Fermosas fasquías, ben afiadas, para cortar o bravo mar do Atlántico.

Esperamos que vos gusten e desfrutedes delas.


É unha pena, que desgraciadamente no noso país xa non poidamos desfrutar das embarcacións varadas na area como estiveron sempre.

Cousas  dunha mala política que fai que as embarcacións deixen os areais nos que estiveron dende tempos inmemoriais para pasaren a estar varadas nas explanadas portuarias, moitas veces botándose a perder, e sobre todo pagando por telas alí. E todo en aras dun mal fomento turístico.

Como vedes, o noso reporteiro desfrutou quitando estas instantáneas, da mesma maneira que desfrutarían os turistas que viñeran á nosa Galiza a pasar uns días de relax se as nosas embarcacións tradicionais seguiran ainda nas praias, de onde non deberon sair nunca.


En fin.....


Comentarios

Publicacións populares deste blog