xoves, 6 de xullo de 2017

XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia - Combarro 2017

Cos preparativos de última hora e tamén cos problemas coma sempre, pero ahí estábamos, listos para baixar a Combarro.

O mércores pola tardiña, alí estábamos en Sada, cargando A Desexada e a Rabuda nos remolques.


A Desexada saleu esa mesma tarde para Combarro. Alí chegamos Naveira e un servidor sobre as dez e media da noite. E nada máis chegar xa asaltamos a Xaquín Fabeiro, o presidente de A Reiboa, o clube organizador do evento.

- A ver rapás, onde metemos este barco????

Coma sempre, tan disposto, empezou a desenfundar de móbil ....

- "Rober, vente para aquí"!!!

... e en poucos minutos xa tiñamos catro homes da organización á nosa disposición. Levamos o remolque para o muelle onde á mañán seguinte xa se encargaría unha parte da expedición en aparellalo.

Esa parte da expedición, formada por Rosa, Pepe, Lucas e Caro xa se atopaba a esas horas dando conta dunha boa cea nun dos restaurantes do porto de Combarro.

Os transportistas fixemos entrega das chaves da Desexada ó presidente e despóis de cear, alá voltamos para Lorbé, onde Naveira deixara a moto. Chegamos ás 2:20 da mañán. Algún tíñase que levantar ás 5 para ir a traballar.


O xoves pola mañán pasei por Lorbé a rematar a preparación do remolque de dornas, onde iba a viaxar A Feituca na mañán do venres, e sobre as 4 da tarde tirei para Palmeira, recoller á patexeira máis dicharacheira, Eva e puxemos rumbo a Combarro.

A Rabuda saíra pola mañán cedo para Combarro. Ramón, o patrón, co remolque e os tripulantes, José Manuel e Javi Aguado cada un no seu coche. Non é que os patexeiros vaiamos sobrados de pasta para o combustible, é que cada un logo se iría un día distinto



Ó chegar, tras contactar con parte da expedición patexeira que xa se atopaba minguando o abastecemento de cervexa dos bares de Combarro, dirixímonos a montar a tenda ó campamento.


Despóis de dar unhas cantas voltas por fin o atopamos (nota para a organización de futuros eventos: "Poñede os carteliños un pouco máis grandes, oh!!!!"

Alí só estaba a tenda do compañeiro Aguado e dous coches, pensamos que nos trabucáramos de sitio pero xa atopamos ós amigos da R.E.I. Cofradía da Dorna, que durmirían no pabillón,  así que non había fallo, alí era. Montamos a tenda e así como montamos tamén chegou o amigo Xaime de Lajareu por Barlovento, igualmente extrañado polas poucas tendas.


Chegaba a hora de cear, así que a disfrutar da estupenda comida que nos preparan sempre eses fabulosos cociñeiros de Ferrol.

E despóis concerto con Champurrada e Agoraphobia. Festa !!!!!

O venres, pola mañán primeira sesión de navegación, alá nos fomos  a Rabuda e A Desexada a lucir palmito ó lado de barcos tan fermosos coma o Ave de Paso, Bote de pau, RH1, Enxebre, a dorna Nai, a Jalerna, o Joaquín Vieta, a flota vasca, a dorna Sara, a Lavanqueira, o racú Oleira, e tantos e tantos outros barcos que acudimos a esta cita bienal.

De novo volvemos a agobiar a Xaquín Fabeiro:

- "Xaquín, que na zona de acampada so temos un baño para xxx persoas".
- Tranquilos que xa aviso a Rober!!!!

Pola tarde, nova navegación. Debido ás previsións de vento só aconsellaron ir ós barcos grandes, pero na Desexada dixemos:

- E nós que somos, grandes ou pequenos??????

E alá puxemos proa a Raxó coma os barcos "grandes".

Algunha rachiña de vento facía que tiveramos que adrizar o barco de cando en vez colgándonos pola borda pero pouco máis.

A Jalerna rompeu a verga e un home á auga. Nada máis que unha molladura, e ademáis foi o presidente da R.E.I. Cofradía da Dorna, así que xa se mollou representando á Asociación.

Despóis de probar unha boa cervexa artesán á que nos convidaron, de volta para Combarro.

Xa chegara A Feituca e a súa tripulación.

A cear, e de novo, festa con Caxade e o Sonoro Maxín.

Cando chegamos á zona de acampada, rematados os concertos xa tiñamos á nosa disposición todos os vestiarios e baños do campo de fútbol, e cunha limpeza impecable.

Bravo pola organización!!!!

O sábado, patexeiros que tiñan que marchar por compromisos, como José Manuel, que pouco pudo navegar neste Encontro, e patexeiros que seguían vindo para Combarro.

Nova navegación pola mañán e nesta ocasión paseándonos dende Tambo a Combarro.

Na Rabuda, Aguado e Ramón, na Desexada Naveira e Dolores á caña, Eva á driza do foque,  Martín, Regina e Jaime facendo banda e eu á escota do foque.

Xantar e volta a navegar pola tarde.

Cambiamos algo as tripulacións e Dolores pasou á Rabuda, Rosana embarcou na Desexada e ás dúas horas A Desexada cambióu de tripulación co presi Lucas á caña.  Éstes movementos son imprescindibles para que poidan navegar todos

Pepe e Martiño embarcados na buceta Concita dos amigos da Coruña.



O sábado foi un abarrote completo na carpa tanto á hora das comidas como das ceas, é o día estrela do Encontro.

Ata nos dou tempo a asistir ás presentacións dos libros de Xurxo Lobato o venres e de Xosé Iglesias o sábado. Alí estivemos os Patexeiros apoiándoos.


Pola noite, actuación do Orfeón do Berbés e de Susana Seivane.

Moitas relacións con outras asociacións (de Euskadi, de Portugal, de Galiza, de ........), conversas ata altas horas, ata tan altas que as conversas xa se facían inintelixibles. Xa pensábamos en botar mán de traductores.

O domingo, un día estupendo. Navegación volta á Illa de Tambo.

A Rabuda xa non saeu porque quería aproveitar a maréa para subila, saímos A Desexada e A Feituca, xunto co Capricho de Brais, un patexeiro de adopción.

Empezou ben e rematou sen vento, co que tivemos que tirar de motor para non chegar tarde á comida.

Martín e Noa lucíronse patroneando A Feituca, dentro de pouco sacaranlle a cana a Pablo. Chega petando forte o relevo xeracional.

Cando chegamos xa estaban entregando os premios ós distintos colectivos.

Preguntamos onde podíamos subir o barco ó remolque. O servizo de grua non estaba operativo por ser domingo e a maréa tampouco se aliaba con nós, pois unha das rampas queda cortada (non morre a 0) e ó baixar a maréa xa non podes cargar o barco (cousas dos enxeñeiros diseñadores que deben ser de Madrí e non saben o que son as maréas en Galiza), e a outra estaba sen calado para chegar co barco a ela.

A Feituca como é máis pequena consigueu acceder a unha das rampas e pudo subir ó remolque.

Ca Desexada estivemos esperando ata as 11 da noite a que a marea nos permitira cargar o barco no remolque. Outros tiveron que cargalo o domingo pola mañán tendo que renunciar á navegación dese día.

Unha pequeniña crítica, ou se organiza navegación o domingo pola mañán e se poñen medios a disposición para cargar os barcos en calqueira condición ou haberá que parar cas actividades de navegación o día antes.

So pequeniña a crítica, porque a nós ainda nos sirveu para pasar unha estupenda tarde navegando, ainda que fora a motor (xa desmontáramos a vela) ata Marín, tomar unhas Cucacolas e voltar pasando por Tambo.


Agustín, ou mellor díto a nosa Agustipedia, ilustrábanos sobre a Escola Naval Militar e sobre estaleiros e muelles da contorna.

Para nós, o mellor día de navegación, as risas non pararon en toda a travesía.


Ó longo dos 4 días deste XIII Encontro contabilizamos ata 28 patexeiros que baixamos ata Combarro, unha expedición multitudinaria.



E casi navegamos todos, xa que fomos rotando as tripulacións nos tres barcos que desplazamos ata esa festa do mar.













Parabéns á organización, que sempre estivo atenta e solucionaron todos os problemas que iban surxindo, parabéns @s rapac@s voluntari@s que tan ben nos atenderon eses días, ós cociñeiros que nos deron tan ben de comer, e a todos os colectivos que contribuíron a facer unha verdadeira festa do mar deste XIII Encontro.

E tamén, moitos parabéns a todos os patexeiros que contribuímos a facer grande esta festa do mar que é un Encontro.
Foto do domingo á tarde esperando pola maréa para cargar a Desexada

Este ano botamos en falta a moitos amigos de outros países (Croacia, Irlanda, Escocia, Francia, etc..) supoñemos que é un gran esforzo chegar ata aquí.

Vémonos no XIV Encontro en ......................................................!!!!

Palmeirán

1 comentario:

  1. Ide tomando nota dos nosos erros para cando vos organicedes un Encontro ;-) A ver se no 19 subimos a Sada hehehe

    ResponderEliminar

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com