Regata Porto de Redes 2017



Sobre as once da mañá, as duas tripulacións de A Desexada e do Canouro dábanse cita na rampa de Sada (lugar habitual de fondeo da flota patexeira).


Como somos xente de costumes, costumes que convertimos en tradicións, e non hai que perdelas, ás doce comenzaban a chegar á cita os tripulantes.

 No Canouro Pepe e Jaime e na Desexada, unha nova tripulación formada polo Feituco e familia, Lidia e os dous cativos, Noa e Xoel.


A xornada presentabase coma un dez para practicar a navegación. Un vento constante, o mar prácticamente un prato, pero non de sopa.. se non dos modernos, totalmente plano. O único inconvinte era a compoñente Norte, e ese era o rumbo que debíamos tomar.

Saíron as dúas naves a bo ritmo, pero con rumbo inconstante. Contínuas viradas que facían a navegación tan fermosa como improductiva.

Pouco avanzaban e casi corenta e cinco minutos despois ainda estaban a sobrepasar o porto de Sada.

Como somos mariñeiros de pro, sabíamos que o mellor rumbo era achegarse todo o posible ó polígono bateeiro de Carnoedo para así intentar un través que nos levara directos á boca de entrada da Ria de Pontedeume.

Non foi boa idea.

A Desexada iba seguida polo Canouro (todo hai que decilo, o Canouro navegaba perseguindo á Desexada como o pai que ve evolucionar ó seu fillo na bicicleta e non se alonxa por medo a que perda o equilibrio ou os dentes…)

A desexada entrou no polígono de bateas co vento de cara e pouco espazo para as manobras. O resultado foi perder moito mar gañado e verse obrigada a cruzar a ría para recuperar o perdido.

O canouro entendeu que xa eran grandiños e virou antes. Ainda así a navegación resultaba moi agradable, o sol brilaba e o vento xogaba a rolar sempre, para desesperación do Feituco, contra a dirección que decidía o patrón.


Foron catro horas de navegación ata que as dúas embarcacións se atopaban entrando na boca da ría de Pontedeume. Eran as catro da tarde e a regata comenzaba teóricamente as cinco.

A Desexada decidiu baixar vela e arrincar o motor. Había urxencias, unha chegar a tempo á regata, e a máis importante… xa non se atopaba no medio da ría, onde un ten a privacidade necesaría para facer certas necesidades físicas.

Media hora despóis a Desexada chegaba a Redes, mentres os mestres, Pepe e Jaime, seguían loitando contra o vento.

En Redes, a tripulación da Desexada falou co barqueiro da regata e pedíu amarre e que os levaran a terra.


Debido, imos a ser bos…, a un malentendido, ó final a Desexada tiña que ir a atracar ó porto tras máis de media hora de espera. Este feito, fixo que a súa participación na regata non pudiera ser posible. ¡Disfrutouse da regata a golpe de Estrela Galicia nas terrazas do porto.


O Canouro participaba na regata con dous tripulantes máis que esperaban en Redes, o socio Ángel Guisano e unha amiga patexeira de Santiago, obtendo un “PON AQUÍ EL PUESTO!” moi merecido.


O vento empezou a crecer e o Feituco, decidiu voltar para Sada, dado que a predicción eran ventos moi fortes cara a ultima hora da tarde-noite.

Alí, diante do mirador de Redes, demostraron do que unha boa racha pode facerlle a unha embarcación. Ó izar o foque, unha racha viraba o barco e o atravesaba ensinando a quilla ó respetable!


Recuperado o control, e digámolo tamén, a respiración, puxeron rumbo a Sada cun vento bastante forte de empopada.

Apunte para aprender: Se volveu co trapo enteiro, foque e cangrexa.

Nestes casos o millor e aproar o barco e, ou baixar a cangrexa ou polo menos rizala. O barco corre o mesmo, e a navegación faise moito mais levadeira e relaxada.

A Navegación foi rápida nun mar que co vento animóuse e estivo zarandeando á nova tripulación durante corenta minutos ata chegar ó porto.

Jaime e Pepe disfrutaron da hospitalidade da xente de Redes, onde tra-la regata, invitaron ás tripulacións a cear e beber un pouco para quentar o corpo cara a volta.

Xa ben entrada a noite, o Canouro poñia rumbo a Sada, navegando á luz da Lúa… Segúramente houbo verbas románticas nesa singladura… pero esa xa e outra historia…

by O Feituco.

 Fotos de (Ángel Guisano, Jaime e Feituco)

Comentarios

Publicacións populares deste blog