Rematou o Cursiño de Carpintaría

Este sábado rematou definitívamente a 3ª Edición do Cursiño de Carpintaría de ribeira organizado pola nosa Asociación.

Durante esta última xornada fíxéronse un par de cousas novas, para así acabar de ver casi complétamente todos os procedementos.

Empezaron a frasquiar e a colocar as primeiras taboas do forro, que como vedes nas fotos deixaron as primeiras colocadas.


Logo empezaron a botar a cuberta, Fernando e Moncho por estribor e Xulio logo por babor. Jorge continuaba coas taboas do forro.












E así deixamos o proxecto da buceta do norte. A cuberta acabaremos rematándoa no local patexeiro, o resto xa veremos se queda para outro curso ou se intentaremos rematala pola nosa conta, depende da vontade que haxa nas filas patexeiras.



Neste curso, que constaba de dous módulos e que ainda se fixo, a petición dos alumnos, unha ampliación a maiores, tiñamos como obxectivo a construcción dunha buceta do norte.

Non conseguimos rematala complétamente porque os mestres querían que fosen os propios alumnos os que fixeran casi todo o traballo, e íbamos moi lentos,  pero sí que se cumpreu o obxectivo de dar a coñecer o bonito oficio dos carpinteiros de ribeira a moitos alumnos e meterlles o gusanillo.

Moitas anécdotas, moitas risas e moitos amigos nos quedan de todos estes meses no cursiño.

Algúns quedaron tan enganchados que xa empezaron a construcción do seu propio bote, tal é o caso de Jorge, que xa ten a madeira mercada e xa ensamblou a súa primeira caderna.

A outros sirvéulles para engancharse ó mundo das embarcacións tradicionais e mercaron o seu propio barco para intentar reparalo cos coñecementos adquiridos nestes meses, como é o caso do amigo Ángel, de Ferrol, que mercou un bote de media construcción e vai a intentar reparalo él só. Outra embarcación tradicional máis, salvada do olvido.

A Xulio, tamén lle gustou moito o curso e lle sirveu para amar máis ainda o mundo das embarcacións tradicionais e queda pendente de que o chamemos para navegar con nós este verán.

Moncho tamén se doctorou en carpintaría de ribeira. Tamén navegará connosco este verán. A ver se vén a algunha das regatas da Copa Balbina.

E que decir de Fernando, que ainda que foi dos últimos en incorporarse ó curso, non tiña coche e tiña que depender do autobús e logo andar kilómetro e medio ata o porto de Lorbé para chegar ó curso. Nada máis rematar o curso se nos ofreceu para axudarnos a reparar os barcos da Asociación. Sempre e cando o leváramos e trouxéramos de Lorbé, como non podía ser menos. Grazas polo ofrecemento.

Grazas a todos os alumnos que participaron no cursiño todos estes meses. Perdoádenos se ás veces en algo fallamos.

Grazas ó mestre carpinteiro Pepe e ó mestre de apoio David por ensinarnos todos os segredos, sen gardarse ningún no peto, e por atender sempre as dúbidas que se lle prantexaban.

Grazas á muller e á filla de Pepe por ternos agasallado cunha boa merendola de rosquillas e buñuelos e a Ángel por deleitarnos cos seus famosos licores de noces verdes, de café, de laranxa, etc...

Tamén grazas a Jorge, por adicar parte do tempo de descanso a cortarnos pezas de madeira para colocar na cuberta da Balbina.

Agradecer tamén o apoio que tivemos da Excma. Deputación da Coruña para poder levar adiante esta edición do Curso.

Como non, grazas ós numerosos mariñeiros xubilados que frecuentan a carpintaría de Pepe, polos bos consellos que sempre nos deron, e que como temos dito outras veces, aquelo parece a Real Academia do Mar. Nos falaron de historia, de como navegaban eles, como facían as manobras, nos falaron da Balbina, de como pescaban, etc...

E seguro que nos quedan moitos agradecementos que repartir, pero temos a cabeciña en tantas cousas que xa non nos cabe máis. Así que se algún non se atopa na lista, por favor que non se enfade que sabe que tamén lle estamos agradecidos.

OUTROS TRABALLOS DO FIN DE SEMÁN

E este fin de semán, tamén fixemos outras cousas.

O venres pola tarde estivemos no local patexeiro Pepe Paz, Jaime e máis eu, ordeando o local, rematando de pintar unhas táboas, colocando unha parrilla para colgar aparellos, e tamén colocamos un soporte para o esmiril á entrada do local.


O sábado estiven coa Desexada rematando a cuberta, recravandoa, lixándoa, tapándolle as puntas e dándolle o alcatrán.
















Deixéina descuberta xa que como daban bo tempo, así vai secando ben. Tentarei achegarme algún día pola semán.

Tamén estiven limpando unha escala, unha bañeira de zinc e o arco de luces da Balbina que pasarán ó museo Patexeiro.


Palmeirán

Comentarios

Publicacións populares deste blog