Sada será a sede do XVI Encontro de embarcacións tradicionáis de Galicia

 

      Había moitos anos que un evento tán importante para nós, o Encontro de embarcacións tradicionáis de Galicia non viña ao Norte de Galicia. E o pasado día 15 de Outubro aprobouse por unanimidade na Asamblea da Federación Galega pola cultura marítima e Fluvial a celebración deste evento en Sada. 



    Coma nun soño, aínda estes días estamos a frotar os ollos e preguntándonos se e verdade ou non. Si, é, e vai ser un evento que durante uns dias poña a Sada coma epicentro da vida cultural galega. 

    Pero unha celebración así non e sinxela de organizar, e aí estamos xa a traballar xunto co Concello de Sada e Culturmar, a Federación galega pola cultura marítima e Fluvial, da que a nosa Asociación leva xa moitos anos pertencendo, e que agrupa a prácticamente todas as asociacións e entidades a prol da conservación do noso patrimonio marítimo. 

    Este vindeiro sábado 5 de Novembro temos organizada xa unha asamblea informativa cara ás asociacións e colectivos de Sada para ampliar toda a información que poidamos, aclarar dúbidas e invitar aos colectivos a participar nas comisións que constituirán o comité organizador do evento. A reunión terá lugar na sala de plenos do Concello de Sada as 17 Horas, alí vos esperamos.

  Asi que unha vez ben frotados os ollos, e sabendo xa que desta non o soñamos, que desta e unha realidade, que despóis de 15 anos toda a frota tradicional galega nos vai visitar no vindeiro mes de Agosto, 

         MANS A OBRA E PROA AO ENCONTRO !!!

    


Comentarios