domingo, 13 de marzo de 2011

Primeira sesión das Xornadas de Posta en Valor do Patrimonio Cultural Marítimo

Cunha puntualidade casi inglesa celebróuse na Casa Labarta de Mera a primeira sesión das Xornadas de Posta en Valor do Patrimonio Cultural Marítimo no Golfo Ártabro.



Máis de 30 persoas acudiron á Xornada, organizada polo GAC do Golfo Ártabro en colabouración co C.N. Punta Bufadoiro de Mera e a A.C.M. Os Patexeiros. O salón de actos da Casa Labarta rexistraba casi un cheo total.






No acto de apertura estiveron presentes o Tenente de Alcalde do Concello de Oleiros, o Xerente do Grupo de Acción Costeira do Golfo Ártabro, o presidente do C.N. Punta Bufadoiro, e o presidente dos Patexeiros.

Tras unha breve introducción do Tenente de Alcalde agradecendo a organización destas xornadas ó GAC e ás Asociacións colabouradoras, douse paso á presentación das Asociacións.




Miguel, en nome dos Patexeiros, fixo unha presentación moi amena da nosa Asociación, inicios, fins que persegue, actividades que desenrola, flota, e pechando, como non cunha reivindicación dun espazo para o Patrimonio Marítimo, para as embarcacións tradicionais tanto en terra para reparalas, como no mar que é ónde deben estar, e non en galpóns nin en fincas.




Logo presentou ó C.N.Punta Bufadoiro o seu presidente. Explicou como naceran, os socios que tiñan e as ideas que teñen en mente. Tamén nos dixo porqué pensaran en facerse cunhas embarcacións tradicionais, e como se decidiron polas bucetas, e ónde as atoparon.








Posteriormente o xerente do GAC 2, Federico López, resumeu brévemente a función dos GAC.








Logo disto, visualizamos un documental moi interesante sobre as embarcacións tradicionais de Galicia.
Chegou o tempo do descanso, donde Ana, a nosa Patexeira reposteira oficial nos agasallou cun riquísimo chocolate, cedido desinteresadamente pola empresa CHOCOLATE EXPRESS, e cuns bizcochos de fabricación artesán, e as suas típicas pastas con forma de dornas con vela de relinga e de botes con vela latina. Estas pastas xa as teredes visto e probadas na maioría dos eventos que organizamos Os Patexeiros.


Aproveitamos para visionar a numerosa colección de fotografías antiguas de Mera e arredores que aportaron os anfitrións C.N.Punta Bufadoiro, así como un bote polbeiro (pulpeiro, para que non se nos enfade Bedoya), unhas nasas , unha antigua vela de algodón, e un aparello de comunicación en caso de socorro, que forma parte do patrimonio
desta "nova" Asociación.




Continuou a sesión coa intervención de Bernardo Maiz. Que non fai falla presentación deste home, grande historiador, cun amplio currículum en varios campos, e mellor persoa, que nunca fallou a unha chamada dos Patexeiros para deleitarnos cos seus coñecementos sobre o mundo das embarcacións tradicionais, sempre que llo requerimos. Grazas Bernardo.







Bernardo, fixo unha longa pero amena explicación do Patrimonio Marítimo do Golfo Ártabro, comentou brevemente o documental que visionáramos anteriormente, e fixo unha chamada de atención sobre a conservación do Patrimonio, e do entorno natural.

Tras a intervención de Bernardo, chegou a hora das preguntas, e tivo lugar un pequeno debate, e sobre todo chamadas de axuda para que o Patrimonio non desapareza.

O "Gran" Bedoya nos contestou a varias preguntas sobre o trincado Ria de Ferrol, e chamou a atención sobre o perigo de desaparición de areas navegables no entorno da Graña, así como do dique de marea da Cabana, na Graña, un dos máis antigos do Estado, por mor das obras do ferrocarril de comunicación co porto exterior de Ferrol.



Sobre as dúas da tarde dóuse por pechada esta primeira sesión das Xornadas.

O vindeiro sábado 26 (o 19 é festivo) será o peirao de Lorbé o entorno elexido para o desenrrolo da segunda sesión.

by Palmeirán

2 comentarios:

  1. Eu quería dicir unha cousa. Creo que enfocar a navegación esclusivamente dende o punto de vista do patrimonio (material) é un erro. É dicir, a navegación tradicional forma parte do patrimonio, pero non se esgota niso. Por iso, se queremos facer cousas, teríamos que nos plantexar unha estratexia a longo prazo que incluíse unha visión ampla que nos axudase a solventar os graves problemas que xa coñecemos: o asunto da inclusión nas listas, os peiraos (como o de Bouzas como modelo) e máis asuntos. Esto quere dicir que cómpre abordar o fenómeno da navegación tradicional XURÍDICAMENTE: a qué títulos competenciais afecta (costas, portos, navegación marítima, cultura, patrimonio,...) e (agora ven o mellor) TENTAR DE CONSTITUIRMONOS COMO GRUPO DE PRESIÓN E PENSAR A LONGO PRAZO EN BOTAR A ANDAR UNHA INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR (50.000 FIRMAS) que poida supor as modificacións legais precisas nas leises afectadas, sexan do Estado ou da comunidade autónoma: a Lei de Costas, a Lei de Portos, a Lei de Navegación marítima e as de Patrimonio, ou as que for (fica todo isto pendente de estudo).

    Sónche cousas moi serias, pero sen poñernos a traballar niso quedará sen facer algo fundamental, ó meu xeito de ver.

    ResponderEliminar
  2. Perdón, todo sen desmerecer ós que estades a levar o verdadeiro peso das operacións, é dicir, os que están adicando o seu tempo libre a evitar que apodreza todo, a rascar a Balbina, buscar puntos de fondeo ou amarre, etc., etc. Vos sodes os auténticos protagonistas. Que quede claro.

    ResponderEliminar

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com