Muros na Popa, Redes en Proa

Xa rematou o IX encontro, e quedamos encantados co trato da organización e da xente de Muros. Que preciosidade de vila, e cómo se volcou co Encontro de embarcacions. Parabens ós organizadores, que a verdade e que fixeron un traballo exemplar. E iso se nota. Cando todo sae ben, e porque houbo moitísimas horas de traballo detrás, ainda que as veces non sexa doado notalo.
Tamén as casualidades parecen estar as veces perfectamente organizadas. Coma no festival de Brest, no máxico momento da derradeira noite, cando un golfiño acompañounos ós amarres no desfile nocturno das embarcacions galegas, como neste encontro, onde o tempo foi excepcional, nublándose xa o derradeiro dia, coma se a vila chorara cun orballo a clausura do Encontro.

Os que alí estivemos, penso que nunca poderemos esquecer esta fermosísima travesía "proa ó monte Louro" do sábado a tarde. Foi sinxelamente algo espectacular.





Pero Muros quedou na Popa, e agora por Proa, vemos xa a VII edición da regata "Porto de Redes", unha das mais fermosas e carismáticas de toda Galicia. Na edición pasada houbo 34 embarcacions de vela tradicional. Como todos os anos, sardiñada a medio dia e churrasco para a cea. E logo concertos e festa.

Téñovos que advertir que esta regata - festa e perigosa, moi perigosa, así que pensadeo ben antes de ir ou non. O digo porque pode ser que se alguén ten algunha dúbida sobre se quere aficionarse a navegación tradicional, ou se está pensando en mercar un barco de madeira.... Coidado cor ir a Redes: QUEDARÁ COMPLETAMENTE ENGANCHADO E NON HABERA VOLTA ATRAS.

Os patexeiros, sairemos de Sada o Sábado as 11 da mañán, coa dorNa de Pepe, a "Boaventura", o bote de Francisco "Galeón", a buceta da asociación de Coruña "Punta Fiateira" e o incondicional "Arredemo".

Espero que vos animedes todos a ir, de tripulantes ou de visitantes, porque a verdade que unha festa con tanto encanto coma esta e difícil de atopar.

E tamén espero que os de Sada melloremos o noso "palmarés deportivo": o ano pasado co "Arredemo" quedamos de 34 na regata.

Ahí tedes o link para mais información:

http://www.caamouco.net/portal/cmr-portada/513-vii-regata-de-embarcacions-tradicionais-qporto-de-redesq


Comentarios

  1. Pois nada meu: conta con Marcos e comigo para esa xornada mariñeria. Obrigas familiares nos alonxan da Ria de Arousa esta fin de semana e nos impiden por tanto acodir
    á magnífica e ineludible Regata dos Faros, que organizan exitosamente cada ano os amigos do Grove. Pero, como non hai mal que por ben non veña, o que nos aparta da Arousa achéganos á Artabria, así que, sen dorna pero co mesmo espíritu mariñeiro de sempre, poderemos achegarnos e parar un pouco por Camouco a respirar o arrecendo do mar e meterlle o dente a unha sardiña.
    Unha aperta Suso

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

Publicacións populares deste blog