mércores, 21 de abril de 2010

Xa empezamos o cursiño


Este ano, ainda non probamos o mar, pero xa estamos a desenrolar actividades.


Como sabedes, o pasado sábado comenzou o noso primeiro cursiño de carpintería tradicional no carpinteiro, e parece que está a ser un éxito de participación e de contidos.

Pepe, que ven sendo o noso "carpinteiro de cabeceira", (ou de familia, como se chama agora), buscou un colabourador que lle axudara a explicar a teoría, David, que nos demostruo o moitísimo que sabe cunha clase maxistral sobre ferramenta, a sua composición, afiado, etc, que quedamos abraiados.

Cando algo non apareza na Wikipedia, preguntádelle a David, seguro que o sabe.


Ademias, houbo bo humor e moitas, moitísimas ganas dos participantes nesta primeira toma de contacto. Podedes ver no noso album as fotos da xornada (buscade por ahí pola esquerda o noso album de fotos)


Para o seguinte sábado, temos previstos meternos xa con cousas mais serias, e aparte de seguir a rascar na Balbina, queremos empezar a restaurar o bote no propoio cursiño.


Moitísimas gracias a todos os participantes e aos que fixéchedes que este cursiño puidera ser unha realidade.


by Palmeirán





2 comentarios:

  1. Qué chulada! MAgnífica iniciativa e grande éxito. Qué boa idea. Moita sorte co curso e coa Blabina e que aprendades moito de Pepe.
    Unha grata sorpresa ve por ahí a xocas e a Nacho.

    Unha aperta Suso

    ResponderEliminar
  2. Non sabes o que estás a perder :-)
    É moi moi recomendable!

    ResponderEliminar

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com