Varada dos barcos

Este sábado empezamos a varada invernal dos barcos da flota patexeira.


A maréa era moi viva. O mar casi chegaba ó final da rampa e os barcos asomaban pola rasante de estrada.


En primeiro lugar tocóulle á Desexada, á que pola mañán desarbolamos na rampa de Sada.



Limpámola un pouco das barbas que tiña e a subimos para arriba usando uns roletes, ó modo tradicional.


Deixámola a carón do Arredemo.


Como non había maréa suficiente, a Feituca quedou pendente de varar ata o vindeiro sábado.

Mentras unha parte do equipo cubría a Desexada eu acheguéime á Leliadoura para valdeala e limpala un pouquiño.



Pola tarde tocóulle o turno á dorna Lala que saiu de Sada ás 11 da mañán sen casi vento ningún e chegou a Lorbé sobre as 5 da tarde, despois dunha travesía de 6 horas e 7 xardas tomadas.


Subímola pola rampa mala, que está chea de baches e quedou fronte ó local patexeiro para ir traballando nela durante o inverno.


Tamén pola tarde subimos un barco de plástico, SI, NÓS, OS TALIBÁNS DA MADEIRA, varamos un barco de plástico, como os solemos chamar, dunha amiga. Ás veces temos que facer de todo.....!!!!


Esta semán tamén volverá para o seu amarre no pantalán a dorna Boaventura e quédanos pendentes a Feituca e a Leliadoura que vararemos o vindeiro sábado.

Palmeirán


Comentarios