A última regata en Sada

E Xa pasou o verán. Ou polo menos poucos foguetes quedan por botar.

A serie das catro regatas cooorganizadas co C.N Recreativo xa remataros por esta tempada. O Pasado dia 22, celebramo-la última, cun tempo excelente e moi boa participación. Desta, os de Redes non puideron vir, por teren unha festa alá, o desembarco Pirata. Os que sí nos visitaron foron os amigos Da Coruña co seu precioso "Punta Pregueira", un galoón de 8 metros de eslora que veu a Sada e participou na regata.

Tan Só falta a "Parrocheira" de Ferrol coma proba puntuable, pero matemáticamente xa hai vencedor da Copa Patexeiros 2009: PEPE DO "O SORIO" de Ares. A verdade e que foi lider durante toda a competición, e no tramo final non ía ser menos. Parabens a Pepe, e en xeral a todos os participantes que dun xeito ou outro foron puntuando. velahí podedes ver a clasificación de todas as regatas, faltando tan só os 3 puntos dos que participen na Parrocheira de Ferrol.

http://sites.google.com/site/descargasxerais/Home/regatas-e-outros-eventos

Na regata do dia 22, coma sempre, a competición estivo liderada polos de Ares, que cos seus maravillosos barcos e seu arte para regatear non nos deixaron nin asomar a proa. Iso ou que nos somos uns absolutos paquetes regateando. Que tamén podería ser. Cómpre analizar as tácticas....

Ahí podedes ver a chegada da Dorna "Teresa", gañadora da primeira manga. A Buceta "Punta Fiateira" estivo tripulada nesta ocasión por Marcos do lajareu , e Agustín e Luisjo dos patexeiros, facendo un estupendo papel e unha dignísima regata.


E o "Punta Pragueira" e o "Arredemo" decoramos moitísimo, facendo seguro que fermosísimas estampas de vida mariñeira, iso que tanto agradece o turista nestes meses de praia, sol e cámara de fotos.
Pero como dixemos, xa está a piques de rematar o verán. Escribín "última" regata e non "derradeira", porque como ensinaban aqueles mestres de galego dos anos 80, "derradeira " indicaría que non hai mais. Pois claro que haberá mais, moitísimas mais, a ver o ano que ven se o organizamos con algo mais de tempo, mais medios e mais barcos.

En calqueira caso, deste ano ficamos abraiados da boísima acolleita que tivo a Copa , e da boísima participación dos afeccionados/as.

E coma traca final do verán, queda a Parrocheira, este vindeiro sábado dia 5 en Ferrol. Unha festa das mais antiguas que hai e con mais carisma. Deste ano, haberá concentración de embarcacions o sábado, e un obradoiro de gastronomía mariñeira con afumado de peixe e marmitako. Non o pensamos perder, ainda que para os nosos botes faísenos moi lonxe para ir por mar.





Comentarios

Publicacións populares deste blog