Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2015

Bo Nadal e bos ventos para o 2016

Imaxe

Os Patexeiros na Feira dos Oficios Artesás de Sada

Imaxe
Ó longo de tres días, do 13 ó 15 de novembro, Os Patexeiros estivemos presentes na I Feira dos Oficios Artesás de Sada, invitados pola organización. Para ese evento desprazamos dúas embarcacións, a Leliadoura, construída ó longo de dúas edicións dos Cursos de carpintaría de ribeira, que organizamos, e o Galeón, un bote das Rías Altas, ó que lle estaba facendo falla unha actuación na cuberta. A Leliadoura estivo os tres días, á entrada da feira, coa vela izada chamando a atención dos que paseaban por Sada. Os socios patexeiros Javier e Rafa, desprazaron dúas grandes máquinas do seu taller para montar unha verdadeira carpintaría de ribeira en plena zona de exposición para que os visitantes poideran seguir todos os traballos no barco, tratábase dunha serra de cinta e unha combinada. Tamén desprazamos un motor Larrán de 1 cilindro, e casi 900 kilos de peso, para que os visitantes poideran asistir ó arranque de esta xoia, cousa que facíamos catro ou cinco veces ó día at

Temos un novo Larrán na familia

Imaxe
O noso compañeiro patexeiro Javier o de Betanzos, acaba de conseguir unha nova xoia. Un estupendo Larrán DM-1 que cun pouquiño de traballo poñerá a funcionar coma un reloj dentro de pouco.  Xa contamos cun Larrán DM-3 na Balbina, e agora este DM-1 do noso compañeiro. Os Patexeiros teñen uns cachiños da historia que siguen vivos. Onte mesmo o sacou e lle fixo o primeiro arranque, agora hai que poñelo a punto. E tal como é este home, sabemos que o vai deixar perfecto. Agora fáltanos un DM-2.

Recollemos os barcos

Imaxe
Esta fin de semán recollemos parte da flota patexeira, dando por rematada a tempada de navegación deste ano. Se fai unha semán xa subeu A Feituca ó seu lugar de invernaxe en Mera, o sábado tocóulle á Leliadoura, que saeu por estrada rumbo a Lorbé onde lle faremos uns traballiños durante o inverno. Tamén a dorna Boaventura a sacamos o venres do fondeo para levala ó seu pantalán de amarre. Aproveitamos para facer unha saidíña a remos ata o pantalán, que como vedes o mar estaba coma un prato e daba gusto remar. A Betty entrou no taller para ver se desta vai. Esperemos vela navegando na vindeira tempada. O Arredemo subirá dentro de poucos días. So nos queda no mar a Lala na Ría do Burgo e A Desexada no seu fondeo de Sada, que esperemos poida navegar algo no inverno. Como vedes, a flota anda desperdigada por diversos sitios ó chegar o inverno. A ver cando chega o día que os poidamos ver todos xuntos amarradiños.

Resumo da última regata da Copa Balbina 2015 e entrega de premios.

Imaxe
 O pasado sábado 10 de outubro organizamos en Sada, a última regata da VII Edición da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela. Este evento daría por pechadas as nosas actividades no mar durante este ano 2015. As malas previsións do tempo fixeron que non acudira ningún barco de fora. Dende aquí pregamos ós medios de comunicación que cambien as súas previsións meteorológicas por espacios do tarot porque acertan máis ou menos o mesmo. Ó final tivemos unha tarde estupenda na que so chispeou uns 5 minutos e disfrutamos dun sol estupendo. O vento, iso si, pouco. Só nos dou para facer unha volta da primeira manga. Únicamente tres barcos da flota patexeira participaron na regata: A Leliadoura con Víctor e Jose, o Arredemo tripulado polos tres tenores, perdón, os tres Javieres (Aguado, Cobelo e Naveira). -Ainda que vista a falta de vento un deles abandoou a regata en marcha para ir a por cervexas-. E A Desexada tripulada por Anuska, Mar, Dolores e o palmeirán.

Os Patexeiros no Mercado do Mar do Festival Mar de Mares

Imaxe
O último fin de semán de setembro estivemos presentes no Mercado do Mar do Festival Mar de Mares na Coruña. O Mercado do Mar, que tivo lugar nos Xardíns de Méndez Núñez na Coruña expoñía diversas accións emprendedoras sustentables, relacionadas co mundo do mar, dende artesáns que confeccionaban os seus productos con cunchas, redeiras que fabricaban complementos, artistas que creaban uns fermosos obxectos con crebas, mozas emprendedoras que deseñaban roupa con motivos mariñeiros e técnicas artesáns, empresas que comercializan polbo procedente das rías galegas sen ningún tipo de aditivos e o fan incluso chegar diréctamente ó consumidor, emprendedores do sector das algas, unha empresa que comercializaba a lamprea en diversas formas, e un comercializador de mariscos de calidade  que se está convertendo nun referente proveendo ós mellores restaurantes da zona . Os Patexeiros tamén estivemos presentes cun stand para concienciar ós asistentes sobre a importacia da preservación do

RECUPERAMOS A ÚLTIMA REGATA DA COPA BALBINA

Imaxe
O vindeiro sábado día 10 de outubro, pecharemos a tempada de navegación, recuperando a última regata da Copa Balbina deste ano, que tivéramos que aprazar debido ó incendio da nave da Escola de vela do CNRS, colaboradores nosos, e onde tamén tiñamos nós material almacenado. A regata será coma sempre ás 17:00 fronte á rampa de servizo do CNRS en Sada. Convocatoria ás 16:30 horas. Ó rematar a regata, entregaranse os trofeos ós tres primeiros clasificados da Copa, agasallos ós participantes e faremos unha merendilla. No caso de mal tempo, suspenderíase xa definitivamente e daríase por concluída a VII edición da Copa Balbina cas puntuacións actuais, xa que dentro de pouco entrarán as suradas e queremos ter os barcos a bo recaudo. A ver se temos sorte e a podemos desputar.

URXENTE: ANULADA A REGATA DE SETEMBRO DA COPA BALBINA

Imaxe
Por solidaridade cos compañeiros do CLUB NÁUTICO RECREATIVO DE SADA, que colaboran con nós en todos os eventos que facemos, sobre todo na Copa Balbina, CANCELAMOS A REGATA DESTE SÁBADO 26 DE SETEMBRO DA COPA BALBINA. A nave da Escola de Vela do CNRS ardeu esta noite perdéndose todo o que había nela. Sentímolo moitísimo, é como se fora nosa, e estamos cos compañeiros do CNRS que sempre fixeron moitos esforzos por ter unha escola de vela en condicións e de nivel.

Fin de semán atarefado para Os Patexeiros

Imaxe
Esta fin de semán imos a estar moi liados pechando a tempada de navegación. Por unha banda estaremos presentes os días 25, 26 e 27, no Mercado do Mar do Festival Mar de Mares, cun stand nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña. E por outra, este sábado 26 daremos por concluída a VII Edición da Copa Balbina, ca última regata deste verán onde se decidirán o campión da Copa, que terá que custodiala ata o vindeiro ano que se poña en xogo, e os segundos e terceiros. Despóis da regata faremos a entrega de premios e agasallos e serviremos unha merenda-cea ós tripulantes dos barcos participantes. Vémonos esta fin de semán en calqueira das dúas ubicacións. Palmeirán