martes, 28 de abril de 2015

Penúltima xornada do curso de carpintaría.

O pasado sábado estivemos coa penúltima xornada do curso de carpintaría de ribeira. Xa nos queda só a xornada do vindeiro sábado para rematar esta edición, e ainda veu este sábado xente  preguntando se se podía inscribir no curso.

Os alumnos continuaron traballando na Betty.

Como sempre, divididos en grupos, uns estiveron sustituíndo unha varenga na proa.



Outros empezando a poñer táboas na cuberta.


E rematando o trancanil, que se meteu en dúas pezas, para non desmontar a regala.


Estaban moi decididos e non había quen os parase. A verdade é que teñen moitas ganas de traballar.

Para agradecerlles o bo traballo que fixeron na Betty, convidámolos a uns pinchos no descanso.


Houbo algúns que querían coidar a liña e non probaron bocado, pero outros deron boa conta dos chourizos, queixo da Arzúa e tortillas de patacas.

Tamén aproveitamos para darlles a documentación do curso e un resumo das fotos que lles quitamos nestas xornadas.


Logo do descanso, continuaron botando a cuberta.




Queda patente a soltura que foron collendo en tan só oito xornadas.


 Santi xa se convirteu no serra-master.


 Victor facendo os seus pinitos coa cepilladora.


 Quén dixo que Anuska non traballaba? Qué non me entere eu!!! Malas linguas !!!!


O vindeiro sábado traballarán xa con outro novo barco, a Leliadoura, que construíron os seus compañeiros de edicións anteriores, e á que lle imos meter un quillote para evitar ou compensar a deriva.

domingo, 19 de abril de 2015

Outra nova xornada no curso.

Onte sábado, no curso de carpintaría, seguimos traballando na Betty.

Houbo asistencia completa. Porque o pasado sábado, algúns ainda continuaron coas vacacións de Semán Santa.

Nesta xornada, continuaron refacendo unhas cadernas na proa, e estiveron colocando dúas partes do trancanil.

Primeiro fixeron a plantilla.


Logo a marcaron nunha táboa.


Fixéronlle as entallas para os barraganetes.












Presentárona e logo cortaron o sobrante.


Cepillárona.



Ó mesmo tempo, outro grupo, adicábase a recompoñer os baos, e a facerlles o seu encaixe a media cola de milano. Un traballo moi fino.















E finalmente deixáronas colocadas.


O bote xa luce un bo aspecto, se para a semán lle dán outro empurrón como o de hoxe, e logo, co que nós lle fagamos, intentaremos telo listo para levar ó Encontro de Cabo.


Ademáis no descanso do curso, nos fixeron un tojino para tapar un burato ocasionado pola erosión dun tornillo, na Balbina, na que estivemos traballando os socios estes días.


Estes alumnos, ó igual cós de edicións anteriores, están facendo un traballo estupendo. A verdade é que nos sorprenden sempre, polas gañas de traballar, polos coñecementos que asimilan en pouco tempo, pola osadía coa que afrontan os traballos, etc...

A carpintaría de ribeira, non é un oficio que sexa fácil de aprender, e éstes alumnos dannos leccións a todos cada semán.

martes, 14 de abril de 2015

Sexta xornada no curso de carpintaría

Despóis do parón de dúas semáns por mor da Semán Santa, este pasado sábado retomábamos o curso de carpintaría, que xa vai pola súa sexta xornada.


Xa pola mañán, como estábamos traballando na Balbina, achegamos ó taller o novo barco no que se farán as prácticas, a Betty, un bote das Rías Altas de 6,40 metros.


Gustóulles moito a todos os alumnos. É un tremendo barco.


Os traballos a facer nel son moi variados, e ahí terán tempo a practicar distintas técnicas.

Haberá que reparar varias cadernas, botar trancanil, reforzar cordas, botar medios baos, botar algunha táboa da cuberta e recravar.


Este sábado empezaron por romper as partes que se van a sustituir. Medo daban a bordo dela cos ferros do monte e as patas de cabra.



Eu, como armador, dáballes algunhas instruccións para que non me desfixeran o barco de todo, pero vendo que equipaban semellante armamento, por si acaso, presentéime protexido, non fora a ser que me caera algunha a min.



O mestre ensinóulles como tiñan que sacar as plantillas para facer as varengas e os genoles que tiñan que sustituir.



 E tamén como sacar a plantilla do trancanil, que se meterá en dúas pezas para non ter que desmontar a tapa da regala nin a sorraina.



Son todas éstas, operacións que se poden atopar a miudo os usuarios de barcos de madeira, co que é unha estupenda práctica.

Un grupo púxose a traballar nas cadernas da popa, outros nas de proa, que daban máis traballo por quedar baixo a cuberta, un terceiro grupo estaban co trancanil, e outros máis reducido adicóuse a reforzar unha corda.




Ó rematar a xornada, quedou coas cadernas da popa refeitas e cravadas, e unha de proa presentada.


Tamén quedou colocado o trancanil da banda de babor na popa e as cordas reforzadas, xa que tiñan unha parte debilitada.

Mentras, ó longo do día, varios socios patexeiros estivemos traballando na Balbina, que dentro de pouco irá para o mar e na que ainda queda algún traballo pendente. As súas evolucións podédelas ver na súa propia páxina.


E tamén na Lala, que se iría ó día seguinte por mar para o seu fondeo.


Para a semán máis.

martes, 7 de abril de 2015

Traballos primaverais

En Lorbé, seguimos traballando pouco a pouco nos barcos, para telos listos de cara á tempada.

Na Balbina, Eva, Pablo e eu estivemos lixando a cuberta, e os cuarteis, para darlles unha nova man de alquitran e Xylazel.


Como vedes, tamén temos lista xa a caseta do motor.

Tamén en Lorbé, Lucas estivo lixando e tratando a  Lala, que xa vai quedando presentable para lucir un novo acabado para esta tempada.


En Mera, Pablo estivo cambiando unha caverna e lixando A Feituca para darlle tamén un cambio de estética a esta dorna de cangrexa e tela impecable para baixar a Cabo da Cruz en xullo.


Este vindeiro sábado retomaremos o curso de carpintaría cun novo barco para que traballen nel os alumnos.


luns, 6 de abril de 2015

Patexeirando por Suiza

A nosa Patexeira viaxeira, Dolores, andivo esta Semán Santa por Suiza. Non, non desconfiedes, non iba levar cartos, Os Patexeiros non somos tan ricos.

Tampouco iba visitar a fábrica de Nestlé. Aproveitou estes días, porque como aquí daban un tempo estupendo con sol, nordestiño e temperaturas de ata 28 graos, para cambiar un pouco de clima e ir papar frío e choiva ó país alpino. Non debía estar chea ainda.


Como é mester nas viaxes dos membros dos Patexeiros, sempre aproveitamos para mandarvos imaxes e comentarios do que se coce polo mundo adiante respecto ás embarcacións tradicionais.

Nesta ocasión pouco pudo atopar.

Aquí tedes unhas mostras do que había por Berna, Ginebra e Zurich.


En Ginebra (Geneve) atopou esta fabulosa "barca", La Neptune, o único barco histórico que navega nas augas do lago Leman, ou iso din na súa web .


É un barco construído en 1904 que solía levar mercadorías e materiais de construcción que favoreceron a expansión de Ginebra. Logo, a finais dos anos 60, sirveu como draga.



Tamén curiosas estas embarcacións que usan nunha asociación, o Limmat Club  que foi creada para facer salvamento nos ríos, e que hoxe utilizan para competicións, procesións, rafting,  etc....




 A pena é que non vos poidamos decir o nome destas embarcacións, pero o noso alemán é moi malo.


 Como vedes, antíguamente eran de madeira e hoxe en día xa hai varias que parecen de aluminio.




Tamén nos enviou  imaxes destas estupendas embarcacións, que parecen unhas réplicas, ou moi boas restauracións, de barcos de vapor. Pena que tampouco volo poidamos aclarar.



Da a impresión que son os barcos que utilizan para paseos fluviais.







Curioso tamén este sistema de protección, supoñemos que anti-gaivotas, que tiña este pequeno bote.



E nada máis desta pequena volta por Switzerland. Unha chuviosa despedida dende aquelas terras de parte da nosa patexeira máis viaxeira.





A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com