venres, 4 de setembro de 2020

VIII Curso de carpintaría de ribeira

 


 Un ano máis, e xa van unha chea deles, voltamos a convocar unha nova edición dos nosos xa recoñecidos Cursos de carpintaría de ribeira.

Como nos últimos anos, en formato curto, onde se verán nocións de construcción, quitar cuadernas dende un taboleiro de planos, frasquiar, facer reparacións básicas nunha embarcación tradicional de madeira, etc...

Coma sempre terá lugar os sábados pola mañán ó longo de 6 sábados.

Curso impartido por carpinteiro de ribeira profesional.

Para máis información contactade cos teléfonos que vedes no cartaz ou a traveso do noso mail ospatexeiros@gmail.com 

VIII CURSO CARPINTARIA RIBEIRA -FOTOS-

martes, 1 de setembro de 2020

Continuamos facendo cursos de navegación neste mes.

 E tamén neste mes de agosto, seguimos cos paseos, bautismos de mar e cursos de navegación.

 


Moitos máis amig@s participaron ó longo deste mes.

 


Un millón de grazas a tod@s os que participáchedes. Esperamos que desfrutárades destas xornadas.

 

 


venres, 31 de xullo de 2020

Paseos e cursos de navegación - Xullo

Como anunciábamos a finais do mes de xuño, tedes a oportunidade de dar uns paséos pola ría ou facer un curso de vela nun dos nosos barcos, ca supervisión dun dos mellores e máis formados monitores de vela, o noso Jaime.

 Varios amig@s xa participaron nesta actividade durante este mes de xullo.

 Ahí vai unhas imaxes de algúns tripulantes das saídas ó longo deste mes.

 

luns, 22 de xuño de 2020

APRENDE A NAVEGAR COS PATEXEIROS

 

 


 Durante este verán podes aprender a navegar a vela cos Patexeiros nunha embarcación tradicional.

Cursos de vela, paseos pola ría e bautismos de mar.

Con monitor titulado.

Grazas á colaboración do GALP Golfo Ártabro Sur, Concello de Sada, Culturmar, Consellería do Mar, Unión Europea FEMP.

sábado, 1 de febreiro de 2020

Asemblea anual dos Patexeiros


Hoxe sábado 1 de febreiro tivo lugar a nosa Asemblea anual de socios.

 Debido a que tiñamos o local ocupado , tivemos que facela na terraza do Restaurante A Escola de Lorbé.

Alí revisamos as contas, e aprobóuse e calendario provisional de actividades, entre outros asuntos.


A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: ospatexeiros@gmail.com ou infórmate na nosa web: www.patexeiros.org