martes, 14 de abril de 2009

SEMANA SANTA NA RIA DE AROUSA

Ola mariñeiras/os

Non estivemos durmidos todo este tempo. Mais ben o contrario. Estivemos tan ocupados que nin tempo houbo de actualiza - lo blog.

Tal e como dixéramos, nesta Semana Santa, fomos convidados pola Asociación Cultrual "Lajareu por Barlovento" de Ribeira. Así que alá fumos, de maniobras co "Arredemo". Pero lamentablemente o tempo non nos deixou mais que un dia para navegar e outro para facer sendeirismo pola zona.

Pouco pero pagou a pena. Xa fondeamos o bote o Mércores á noitiña. Pero o xoves choveu case todo o día, e o vernes o forte e refachado vento de San Alberte non nos deixou nevegar a gusto. Aquí na ria de Sada estamos acostumados a que o vento malo, moi variable en dirección e intensidade e o Suroeste. Alí é ó contrario. O Suroeste ven limpo desde a bocana da Ria, e o Norte, NO, e NE , como dicía Fernando baixa envenenado pola Curota abaixo.






















Pero o sábado sí. O sábado fixemos unha fermosísima travesía de Ribeira a Palmeira, con tres dornas e o Arredemo, cuxa tripulación tivo que pagar as cervexas por chegaren de últimos. Sairon a Moura, a Rabandeira, a Ancora e o Arredemo. Houbo un pequeno cursiño sobre a navegación en Dorna, onde Marcos nos explicou como son os aparellos e as manobras da navegación nunha dorna con vela de relinga.

E xa o domingo, uniuse a nós Xose lagares e fixemos unha fermosísima ruta de sendeirismo dede a punta de Coroso ate a lagoa de Corrubedo, pasando polo miradoiro da garita e o porto fenicio de Aguiño. Nas fotos podedes ver a ruta do sábado entre coroso e o porto de Palmeira e na do domingo o miradoiro da Garita, a illa de Sálvora, o paseo de Aguiño, e xa desde o miradoiro de San roque en Ribeira, a illa de Rua, e os illotes pedregoso e areoso detrás.
















Moitas gracias ós amigos do Lajareu pola sua hospitalidade e espero que nos poidan visitar eles en breve.
A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com