Non estivemos durmidos todo este tempo. Mais ben o contrario. Estivemos tan ocupados que nin tempo houbo de actualiza - lo blog.
Tal e como dixéramos, nesta Semana Santa, fomos convidados pola Asociación Cultrual "Lajareu por Barlovento" de Ribeira. Así que alá fumos, de maniobras co "Arredemo". Pero lamentablemente o tempo non nos deixou mais que un dia para navegar e outro para facer sendeirismo pola zona.
Pero o sábado sí. O sábado fixemos unha fermosísima travesía de Ribeira a Palmeira, con tres dornas e o Arredemo, cuxa tripulación tivo que pagar as cervexas por chegaren de últimos. Sairon a Moura, a Rabandeira, a Ancora e o Arredemo. Houbo un pequeno cursiño sobre a navegación en Dorna, onde Marcos nos explicou como son os aparellos e as manobras da navegación nunha dorna con vela de relinga.
E xa o domingo, uniuse a nós Xose lagares e fixemos unha fermosísima ruta de sendeirismo dede a punta de Coroso ate a lagoa de Corrubedo, pasando polo miradoiro da garita e o porto fenicio de Aguiño. Nas fotos podedes ver a ruta do sábado entre coroso e o porto de Palmeira e na do domingo o miradoiro da Garita, a illa de Sálvora, o paseo de Aguiño, e xa desde o miradoiro de San roque en Ribeira, a illa de Rua, e os illotes pedregoso e areoso detrás.
Qué chulada. Quedoume boa pena de non pder estar. Vésevos na cara que o pasastes ben. A ver para a próxima. Sorte e adiante, Patexeiros.
ResponderEliminarUnha aperta Suso