luns, 30 de maio de 2011

XA TEMOS NOVA SEDE SOCIAL


Si, amigos, compañeiros, seguidores, .... Os Patexeiros, por fin temos o noso Local Social.

Tras varios anos solicitándoo, petando a distintas portas, recibindo moitas escusas e levando varias desilusións, por fin chegou o día en que unha entidade nos concedeu o aluguer dun local.

E nos imos para o Porto de Lorbé, sede xa de moitas das nosas actividades ata o momento, onde Portos de Galicia nos concedeu unha das chabolas da zona portuaria, tras habelo solicitado formalmente en abril do 2010. Tardou, pero xa o temos.

E non é un local moi grande, son 25 m2, pero é mellor ca nada ¿non pensades?.

Estivémolo adecentando, limpando, e pintando as paredes que estaban co cemento á vista.

Levamos todo o material de oficina, mesas, sillas e estanterías que nos regalou a empresa INIBE TECNOLOGÍA, levamos o banco de traballo que nos cedeu outra empresa de Sada, trouxemos o material que tiñamos no CNRS (o noso patrocinador loxístico) e xa temos todo máis ou menos operativo.

Montamos unha pequena oficina para facer as reunions e ordear todo o papeleo, que xa vai sendo moito.

Moito sitio non nos queda pero irémonos arranxando co que hai. Antes non tiñamos nada.

E como non, xa puxemos un panel con moitas das actividades que levamos feitas, ¡¡¡ que se vexa que se fan cousas !!!!

Grazas a todos os que o fixeron posible.



by Palmeirán.

mércores, 25 de maio de 2011

O Punta Pragueira en Lorbé


Os nosos veciños e amigos da Asociación de Embarcacións Tradicionais da Coruña tamén están facendo traballos no seu barco, o galeón Punta Pragueira, co obxecto de levalo inmaculado ós Encontros de Carril.

Aquí o vedes no carro do Estaleiro de Pepe en Lorbé para calafatear a cuberta e outros traballos.

by Palmeirán

luns, 2 de maio de 2011

O "Santa Eulalia" e o MMB

Aproveitando unha pequena visita turística, aproveitei para visitar o "Museu Maritm de Barcelona".

Non é ésta a mellor época para visitalo, porque estan a facer obras e a exposición no interior do Museu esta moi reducida. Cómpre esperar un ano e medio (aproximadamente) ao remate das obras (según dixeron ala).

Pero o que si paga moitísimo a pena visitar, e a parte frotante do Museu, o Pailebote "Santa Eulalia", barco feito en Torrevieja (Alicante) en 1918, que se adicou ao transporte de mercadorias polo Mediterraneo e mesmo foi a Cuba por duas veces.

Tamén tivo un turbio pasado "pirata" , xa que entre 1931 e 1936 adicouse a extraperlo, ate que foi decomisado.

Tivo una longa vida activa, adicándose por último como embarcación auxiliar para o buceo, ate que no 1997 foi adquirido en subasta polo Museu, institución que o restaurou tal e como foi antano, na sua versión orixinal (O "Carmen Flores"), cando facia transporte a vela por todo o Mediterraneo. Se vos fixades no Folio, e de 8ª lista (embarcacions de institucions oficiais).

Cómpre destacar o estupendo traballo de restauración feito polo Museu, e o bon estado de conservación no que se atopa o barco. Ahí vos deixo unhas fotos para que vexades desde varios ángulos, e por dentro e fora.

Tal vez algún dia os Patexeiros podamos probar a navegar en el.....

Este podería ser o a viaxe dos nosos soños....







Pois non, ainda que recoñezo que estaría ben, iso si, pero penso que non sería a viaxe dos nosos soños para nós.

Na visita ao Museu, ao final da exposición sobre as viaxes marítimas, e saindo xa, había un Panel onde se lle pedía ao visitante que puxera cal sería aquela viaxe dos seu soños:

Illas paradisíacas, costas dos mares do sul, paraisos perdidos, alí había de todo.

E eu como bo patexeiro, fixen de embaixador da nosa queridisima Balbina e non menos amada ria, e puxen ahí no medio e medio este cartel:



UNHA TRAVESIA POLA RIA DE BETANZOS - ARES A BORDO DA BALBINA (BARCO DE VELA LATINA DE 1944 RECUPERADO)
ASOCIACION CULTURAL MARIÑERIA "OS PATEXEIROS" patexeiros.org

Ahí quedou posto, con dirección de Internete e todo, por se alguén ten curiosidade de por onde ven quedando un deses paraisos cos que a xente soña cando abre un calendario ou se activa un refrescador de pantalla.

E como outra curiosidade....¿quén dixo que nas embarcacions tradicionais non había tamén submarinos?
Ahí tedes a mostra, todo en Madeira:



Mais información:

http://www.mmb.cat/visita.php?idm=2&pagina=3&codi_subseccio=51&codi_plana=404&estic=2

Por Miguel "Arredemo"
A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com