Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2014

FELIZ ANO 2015 E BOS VENTOS

Imaxe

Fin de semán polo Grove

Imaxe
Como ben é certo, que non todo vai ser traballar, este pasado fin de semán estivemos polo Grove desfrutando dese precioso entorno. E hai moito que ver, recoméndovolo. Ainda que neste pequeno resumo só vos falarei da parte mariñeira. Aproveitando o bo tempo, demos un paseo polo porto do Grove, donde me sorprendeu  ver un estupendo Pavillón de deportes náuticos, que xa nos gustaría ter noutros portos, e de seguro que axudaría a fomentar moito máis o deporte no mar. A tarde anterior xa puden ver entre a Toxa e a península do Grove máis de dúas ducias de piragüistas entrenando.  Algo que non podedes deixar de ver, amarrado no porto, é o Hidria Segundo, o único barco de vapor, funcionando, que existe en España. Este barco, como algúns sabedes, foi construído a mediados dos anos 60 do século XX, e equipado co motor de vapor do seu predecesor o Hidria. Traballou moitos anos como alxibe no Porto de Vigo, suministrando auga ós barcos fondeados ata que nos anos 90 cando xa a maoiría dos

Fin de semá atarefado.

Imaxe
O venres, Jaime e Pepe reflotaron a Leliadoura, que se enchera de auga polas fortes choivas e foi ó fondo. Ese mesmo venres pola tarde levámola para Lorbé, para darlle uns retoques de cara á vindeira tempada. Ó chegar a Lorbé lavámola un pouco, pero xa se facía de noite e non se vía nada. Achicámola e tapámola cunha lona. Atopamos polizóns a bordo, que Pablo, na súa condición de ecoloxista, foi devolver ó mar, prometéndolle que cando fora grande non o ceibaría tan alégremente. Tamén varamos a Balbina. Varada anual para facer traballos de mantemento, e a ver se dunha vez conseguimos facerlle a caseta e poñela a navegar. Esta mañán tocóulle limpeza.  Chove moito. Enfúndome nunha roupa de augas, e escollo a ferramenta axeitada. Tiña onde elexir. Empezo a  rascar o casco. Ésto non é un barco.....é unha batea!!!!!. Máis de 200 kilos de mexilón tiña na obra viva. Dudei se levalos á depuradora e sacar uns cartos.... Dou fé que algúns eran de bo tamaño. Aume

Visita ós estaleiros de Casqueiro e Carlagho en Moaña

Imaxe
Aproveitando a asistencia á Asemblea da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, e atendendo ó chamamento dos amigos da Asociación Sueste, de Moaña, o pasado sábado acudimos dous membros da A.C.M. Os Patexeiros a visitar os estaleiros de Casqueiro e Carlagho. Estes estaleiros tradicionais, dos poucos que quedan en Galiza, están a carón do paseo marítimo de Moaña, e corren serio perigo de desaparecer por mor do proxecto de construcción  dun novo tramo do paseo marítimo que presentou o Concello de Moaña e que obrigaría á expropiación dunha parte dos estaleiros, por onde pasaría o paseo e á nivelación coa rasante da calle, co que os dous estaleiros desaparecerían completamente. Desaparecería tamén as vellas rampas do estaleiro ó mar. Membros da Asociación Sueste explicáronnos que nin eles nin as asociacións de veciños que se opoñen a ese proxecto do Concello, están en contra da construcción do paseo, é máis, eles mesmos pediron que se rematara a parte de paseo que que