Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2024

Xa remata o Proxecto Museo a Flote 2024

Imaxe
Unha estampa moi parecida a esta veremos en Sada próximamente grazas ao apoio do GALP para levar a cabo o noso proxecto de museo a Flote, que está a piques de rematar     Froito deste proxecto, construíuse un barco de media construcción, unha tipoloxía do Golfo Artabro prácticamnete extinta, quedando so un par de exmplares, que nos saibamos en Ferrol. Estes barcos tiñan a característica moi peculiar de que no fondo son de liñas curvas, coma un bote da ría, pero un pouco máis abaixo da liña de flotación arrancan cara á obra morta con pantoques verticais, coma se fora unha chalana.  Esta embarcación construiuse en Asteleiros Catoira, unha das mellores carpinterías de ribeira de Galicia en Rianxo. Agora está lista para navegar, so falta atopar unha boa data para a botadura, e a disfrutala.  Pero o Proxecto non só foi iso, foi moito máis. Elaborouse tamén un proxecto técnico para a construción dun pantalán adicado ás embarcacións tradicionáis en Sada, fronte ao paseo marítimo. Ademáis do p

CONFERENCIA ARQUITECTURA NAVAL NO GALP

Imaxe
  CONFERENCIA DE INTRODUCCIÓN Á ARQUITECTURA NAVAL O pasado sábado 9 de marzo Alejandro Martín , historiador e arqueólogo subacuático, fíxonos unha estupenda introducción á Arquitectura Naval nas instalacións do GALP (Grupo de Acción Local Participativa) Ártabro Sur , no paseo marítimo de Sada. O estudo das orixes e da evolución histórica da arquitectura naval baséase nos restos arqueolóxicos de embarcacións e en testemuñas escritas, así como na iconografía.  Con todo, Alejandro remarcounos que esta iconografía debe interpretarse con sentido crítico, xa que moitas veces os seus autores eran alleos ao mundo naval. Centrándonos no estudo do Mediterráneo e da súa área de influencia (mar Negro e mar Vermello, sobre todo), Alejandro presentounos testemuñas dos principais sistemas de construcción, propulsión e goberno, e que arrincan en torno ao 2400 a.C.  Entre elas poderían salientarse a construcción con sistema de forro primario, o espolón, o timón lateral, o mástil desmontable, a propu