xoves, 13 de maio de 2010

A Balbina xa está casi lista

O primeiro paso na restauración da Balbina xa está dado.


Arranxáronse os desperfectos causado polo temporal, amura de estribor nova, cambiáronse algunhas tablas podres, recravóuse todo o casco, calafateóuse, pintóuse o casco e dóuselle patente.

Tamén se lle puxeron unhas cornamusas novas para que quede ben amarradiña.

Agora está pendente do seu traslado de novo a Sada.

Ainda queda moito para vela navegar pola ría. Arranxar toda a cuberta, arranxar o motor, meterlle a vela, etc..., pero xa sabedes, esto sen axudas, sen subvencións, fáisenos moi duro, así que pouco a pouco pero sen pausa.

by Palmeirán

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: ospatexeiros@gmail.com ou infórmate na nosa web: www.patexeiros.org