Sexta xornada do curso de carpintaría

O pasado sábado desenrrolouse a sexta xornada do curso.

Durante esa xornada colocóuse na cama a armazón da nova buceta.


Vemos xa a roda, quilla e codastre, unidos entre sí a raio de xúpiter.

Na xornada anterior do curso xa se colocaron os macizos nas unións de roda-quilla e codastre-quilla.

Unha vez colocado o conxunto roda-quilla-codastre, nivélanse e crávanse uns listóns contra a estructura que sirve de cama, para que o conxunto non se mova.


Unha vez montado empezamos a facer as cadernas maestras. O primeiro paso consiste en perfilar sobre a madeira de carballo dispoñible as plantillas para trazar o que serán as varengas e os genoles.

Neste caso imos a facer cadernas de sete pezas cada unha (tamén se poden facer de cinco ou de tres, dependendo da madeira da que se dispoña), tres varengas e catro genoles.

Unha vez marcadas sobre a plantilla coa axuda do taboleiro de formas cada peza (varenga ou genol), cálcanse sobre o tablón de madeira, e posteriormente van á serra.



Nótense os trazos sobre o tablón. Sempre as hai que marcar con algo de holgura pois hai que ter en conta as caídas que terán tanto varengas como genoles. Neste caso, ó tratarse dunha caderna maestra non importa xa que van a escuadro, pero tanto as de popa como as de proa van a ter caídas, para o que se usará o cartabón para darlles o ángulo axeitado en cada linea de augas.





Unha vez sacadas as pezas se levan de novo ó taboleiro para marcar definitivamente a plantilla sobre as pezas e vólvense a cortar na serra, agora xa ó seu tamaño e forma definitivos.


É convinte, marcar en todo momento as pezas que se usarán para evitar futuros problemas, así como marcar as líneas de augas xa en cada unha. (Volvemos a repetir que nesta ocasión, ó tratarse da caderna maestra, isto non sería necesario, pero como estamos aprendendo, é convinte facelo sempre).



Unha vez cortadas colócanse sobre o taboleiro de formas distribuíndoas da maneira que se van a unir. Como vedes úsanse uns tacos de madeira cravados no taboleiro para facilitar a colocación.

Apreciamos na parte dereita da fotografía o cartabón que axudará á determinar as caídas en cada línea de augas.

Unha vez cravadas as varengas sobre os genoles queda rematada a caderna, a falta de retocala co cepillo ou co bastrén para suavizala se fixera falla.

Finalmente únense as dúas partes superiores da caderna con un listón para que non se deforme. Estamos traballando con madeira verde de carballo e xa sabedes como se retorce cando se vai secando.


Palmeirán

Comentarios

Publicacións populares deste blog