domingo, 26 de febreiro de 2012

Curso de carpintaría: Empezamos cos cintóns

A pasada semán no curso de carpintaría colocaron a contra roda e o contra codaste na buceta. Como non poidemos ir ningún Patexeiro non se poido facer o resúmen do mesmo. Pero podedes ver o traballo nas fotos.
















Esta semán os cursillistas adicáronse a facer e colocar os cintóns interiores da buceta.

Todos pasaron polas distintas fases do proceso e deixaron a súa "firma" nos cintóns.


Ó final da tarde, Moncho púxose a darlle o alcatrán ás últimas cadernas mentras vemos a Jorge, rematando un cintón na popa..

Palmeirán

mércores, 22 de febreiro de 2012

PATEXEIROS FASHION WEEK (Antíguamente Pasarela Lorbé)

Ainda que con un pouquiño de retraso xa temos aquí a nova colección Inverno 2012 da moda Patexeira. Cazadoras náuticas e camisetas polares a prezos anticrisis.

Este inverno vístete de moda, abrígate e colabora coa causa patexeira.

Podedes ver todo o merchandising na pestaña da TENDA PATEXEIRA


Palmeirán

sábado, 18 de febreiro de 2012

Traballos na Desexada

Este venres, antes de empezar a traballar na Balbina, ataquéille un pouco á Desexada, que tamén está varada para poñela a punto de cara á vindeira tempada.

Así que como fora facía algo de fresco, e logo ainda había que aguantar o nordés a bordo da Balbina, púxenme a rascar o enjaretado, a ver se son quén de deixalo madeira vista para tratalo con alcatrán e lasur, e que quede co mesmo aspecto que a cuberta do bote.

Pouco tempo estiven xa que chegou o compañeiro Pepe e indicaba que hai que ir traballar na Balbina, pero éste foi o aspecto no que deixei o traballo.

Palmeirán


venres, 10 de febreiro de 2012

Novas sobre o X Encontro no Faro de Vigo de onte

O Faro de Vigo na súa edición do xoves 9 de febreiro, faise eco das accións que se están estudando no seno da FGCMF para protestar polo impago, por parte do Concello de Vilagarcia de Arousa, da débeda contraída no X Encontro, celebrado en Carril (Vilagarcía de Arousa), que ascende a maís de  20.000 euros.

Esta débeda pon en cuestión a celebración do XI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia que se tiña previsto para o vindeiro ano.

Podedes ver máis información sobre o tema na Páxina da FGCMF

 



domingo, 5 de febreiro de 2012

Movemento

Este fin de semán xuntámonos cinco Patexeiros en Sada para asentar a Desexada no carro e trasladala ó noso local de Lorbé para poñela a punto de cara á vindeira primavera.

É un barco moi pesado e fan falla  homes para movelo.

Unha vez rematado o procedemento, pasamos polo famoso bar Pescador de Sada a darlle unha visita á Copa Balbina, que está alí exposta ata a vindeira edición, para disfrute diario do vencedor deste ano, o Patexeiro Jaime Paz, e para envidia dos aspirantes a gañar este prestixioso trofeo.



Nada máis chegar a Lorbé, chámanos Martiño que estaba parado co remolque porque o barco se deslizara un pouquiño e antes de que pasase algo, ainda que só faltaban 2 Kms, decideu parar para recolocalo. E alá nos fomos.

Sobre a unha e media estábamos xa en Lorbé co barco.

Agora espéralle un bó lavado, rascar a pintura, reparar unha pequena via de auga que tén e pintala toda para que volva a lucir coa sua impresionante estampa esta primavera.

Pola tarde unha nova xornada do Curso de carpintaría, que continua con bó ritmo.

Nas xornadas pasadas xa se fixeran as plantillas das seis cadernas restantes, as tres de proa e as tres de popa  e o sábado pasado despezáronas todas.

Onte tocou ensamblar as tres da proa, repasalas co bastrén e cepillo,  e asentalas xa no barco.


Os novos alumnos estiveron practicando coa mesa de elevacións para lle dar os "cartamóns" precisos en cada liña de augas. Logo ensamblaron as cadernas, mentres os alumnos que veñen xa doutros módulos anteriores as asentaban no armazón.


Antes de rematar a xornada démoslle unha imprimación de fondo protector.


Para a vindeira semán colocaránse as tres últimas da popa e xa empezaremos con algo novo, un paso máis na buceta.


Palmeirán

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com