Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2012

XA ESTA AQUI O CURRICÁN DOS PATEXEIROS

Imaxe
    Os patexeiros tamén lle damos o I+D, e por iso ampliamos a nosa gama de "Agasallos" cun novo producto: O Noso Curricán (Especialmente deseñado para pescar Xardas , ou rinchas, commo lle din de Muros pra abaixo)      Con este sinxelo aparello, e moi fácil levar a cena para casa de paso que vas dar unha voltiña. A verdade que nesta parte do artigo, quedaríalle moi ben un video destes de teletenda americano, destes que saen cando quedaches dormido vendo unha peli, e te despestar mirando como un tipo vestido estilo Rambo con gafas e gorra ridículas que di : "GRACIAS  A  CURRICANE XL HE CONSEGUIDO PESCAR CARPAS DE MAS DE 2 KILOS Y HE RECUPERADO MI AUTOESTIMA, GEORGE, TE RECOMIENDO CURRICANE XL PARA PESCAR MUCHO Y SER MAS FELIZ...."     Non, non o imos anunciar así, sinxelamente e un curricán que facemos nós para intentar autofinanciarnos, Pensade que o que sacamos das vosas doazons van para manter o noso patrimonio marítimo, a traves das nosas (vosas) emba

Concentracion de Vela Tradicional en Ares

Imaxe
  Como sabedes, este fin de semana houbo un importantísimo evento de vela tradicional no Golfo Artabro:   A VI Concentración de vela tradicional de Ares. Claro que nos xornais da Coruña e nas ruas dela non paraban de anunciar outra regata, tamén de clásicos, un pouco mais grandes. Pero precisamente anunciabanna tanto eu penso que por que tiñan medo de que foran todos os guiris para Ares a ver a proba valedeira para a Copa Balbina. Debeu ser ese temor que incrementou a publicidade. Alí estaban, os incondicionais de todos estes eventos, non faltou o Campeón actual (O Jaime) nin por suposto o que está ahí imparable para este ano, o Jose Antonio de Ares.   Da parte Patexeira, foi o inseparable equipo da Dorna, O Pepe e mais o Jaime desde Sada a vela , e contaron (como nos grandes equipos de alta competición tipo Ferrari e cousas desas) co euqipo de apoio coa nosa embarcación particular (que e de fibra, por certo, todo o hai que dicir). O Caso e que non fumos a participar pero si

O Arxil de Ares, Imparable

   O Pasado sábado, como sabedes disfrutamos da segunda regata en Sada puntuable para a Copa Balbina. Outra vez mais, volveu a gañar o Jose Antonio, do Arxil. E que este ano está imparable, e como siga así vaise levar a copa para Ares de novo.    Fixemos unha soa manga pero con duas voltas, nun percorrido "Barlo - Sota". Xa na saída a Dorna Boaventura quedou un pouquiño atrás, e non colleu o mellor rumbo. Isto fixo que o Arxil , o Albatros e mais o Osorio foran coma foguetes á boia.   Pero logo de duas voltas, a Boaventura conseguiu remontar e pasar por diante do Osorio na meta. Todo un logro.       O segundo posto foi para un barco novo na Copa, o Albatros, que xa o vimos na regata de Redes. E unha dorna xeiteira (se non nos equivocamos) aparellada con aparello marconi. Tamén, xunto a eles veu o Fesa, un bote polbeiro, este si, aparellado con vela latina.     Damos a benvida á copa aos amigos de Perbes, e esperamos que volvan ás próximas convocatorias. Tal vez teñam