luns, 13 de agosto de 2012

Concentracion de Vela Tradicional en Ares

  Como sabedes, este fin de semana houbo un importantísimo evento de vela tradicional no Golfo Artabro:

  A VI Concentración de vela tradicional de Ares. Claro que nos xornais da Coruña e nas ruas dela non paraban de anunciar outra regata, tamén de clásicos, un pouco mais grandes.

Pero precisamente anunciabanna tanto eu penso que por que tiñan medo de que foran todos os guiris para Ares a ver a proba valedeira para a Copa Balbina. Debeu ser ese temor que incrementou a publicidade.

Alí estaban, os incondicionais de todos estes eventos, non faltou o Campeón actual (O Jaime) nin por suposto o que está ahí imparable para este ano, o Jose Antonio de Ares.

  Da parte Patexeira, foi o inseparable equipo da Dorna, O Pepe e mais o Jaime desde Sada a vela , e contaron (como nos grandes equipos de alta competición tipo Ferrari e cousas desas) co euqipo de apoio coa nosa embarcación particular (que e de fibra, por certo, todo o hai que dicir).

O Caso e que non fumos a participar pero si a acompañar, e a sacar fotos coma as que vedes.

A regata foi moi dura, porque había un vento mais endiañado ca o que "norte" ese que anda a  soplar da parte de Alemania..... En fin, que un vento de Oeste intenso e racheado.

 Proba da dureza e que houbo varias colisions, e varias rachaduras. Por exemplo , noso amigo Pepe Osorio rachou o mastro. Tamén o fixo un bote polbeiro, e o Arxil quedou sen botalón de proa.
 Noutra colisión, a boaventura rachou unha das remadoiras de proa, e tamén escoitamos dunha vela rachada.  Houbo quen saiu hileso da regata, os tres barcos gañadores sempre que asisten, o Inglés, o Sountress, e mais o Abur.

     Logo houbo pinchos, tertulia mariñeira, e como non, unha homenaxe ao patrón do "Reina de Africa"
E Cando xa non quedaba nada mais na mesa, despedidas e volta para Sada.
Parabens aos amigos de Ares pola organización e mais por seguir mantendo ano tras ano esta concentración.
Ahí tedes aos nosos mariñeiros tirando para Sada, e botándolle unha carreira ao sol, a ven quen chega antes, se nós a Sada ou ti ao horizonte.


E tamén o Jaime se estrenou na pesca pescando unha xarda, de paso que viña na dorna. Xa anda a entrenar para o I Campeonato de Pesca oa Currican dos Patexeiros...

  Ah, ¿que non sabiades nada?  Atentos ao Blog, que pronto veredes o que inventamos para que non se vaia    definitivamente de Sada a Copa Balbina . 

Coma din na tele.... 

       A    REPESCA

      ESTADE MOI ATENTOS AO BLOG, QUE PROXIMAMENTE .................

        



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com