martes, 2 de xullo de 2013

Resultado do I Encontro Patexeiros 2013

A ilusión, as gañas de facer cousas, de orgañizar eventos, o amor pola cultura, polas tradicións, polo mar, polas embarcacións nas que navegaron nosos pais, nosos avós, nosos bisavós,  polo legado dos nosos ancestros, etc.... Estes son algúns dos motivos que nos moven a  moitos dos membros de Asociacións Culturais do noso país a "invertir" (quero pensalo desa maneira), parte, gran parte do noso tempo libre, tempo que moitas veces quitamos de estar coas nosas familias e de adicarllo a outras afeccións que temos, para poder levar adiante eses eventos.

Moitas veces, a maioría, perdemos cartos, cartos que saen diréctamente dos nosos petos, pero que compensamos coa satisfacción de ter feito algo que nos fai sentir ben, de ter feito algo de proveito, de ter feito algo pola cultura, pola cultura de todos, non só duns poucos, de ter feito algo polos nosos devanceiros.

A A.C.M. Os Patexeiros, dende o seu nacemento aló polo ano 2009, sempre se caracterizou por facer moitas cousas, moitos eventos, con moi poucos socios e poucos recursos. Temos asistido a moitas concentracións de Asociacións amigas, porque é moita a satisfacción que se obtén compartindo a afección cos amigos.

Neste ano 2013, ou como diría Angel Nieto, neste ano 2012+1, ano de crisis, ano de recortes, ano de paro, ano de poucas alegrías, Os Patexeiros decidimos empezar a facer a nosa primeira concentración de embarcacións tradicionais. ¿Mal ano para empezar? ...Pode ser, pero ainda así nos botamos para adiante, porque iso é o que hai que facer nesta vida, botar para adiante a pesares de todas as adversidades.

Bastantes foron os problemas que nos atopamos no camiño, falláronnos as carpas que tiñamos apalabradas, e tivemos que botar man da nosa, falláronnos os gaiteiros, que tiñan unha actuación para ese mesmo día, e tivemos que pasar sen eles, fallóunos a Axencia Estatal de Meteoroloxía (pero xa estamos acostumados a que nos falle o estatal, nesta esquina do estado), fallóunos ata Meteogalicia (e dende aquel día ata se soa que os queren facer desaparecer). Pero ainda así o levamos adiante.

E chegou o día, e fallóunos o tempo, casi que nos fallou o vento, e tamén moitos dos amigos cos que contábamos. Terían as súas razóns, non lles imos a gardar rencor por iso, pero botámolos moito de menos.

Pero non nos fallaron os patrocinadores, os colaboradores, nestes tempos que son tan difíciles de conseguir, estiveron ahí, estiveron con nós, déronnos o seu apoio incondicional.

Marina Sada nos cedeu unha zona de amarres estupenda, en primeira línea do paseo marítimo, lástima que non a enchéramos de barcos, porque sería un espectáculo impresionante.

O Concello de Sada nos axudou coas sardiñas.

O GAC 2 Golfo Ártabro co seu proxecto Come o mar, tamén colaborou con nós e estivo alí apoiándonos o seu máximo responsable.

A peixería Mar de Sada apoióunos cos mexilóns.Uns estupendos mexilóns que lles recomendamos a todos os sadenses porque estaban moi pero que moi bos.

O Restaurante Tamei nos aportou a electricidade, as parrillas e a colaboración dos seus serviciais empregados.

O Clube Náutico Recreativo de Sada, colaborou coma sempre aportándonos as súas zodiacs.

A Xylazel, tamén o temos sempre presente pola súa colaboración na restauración dos barcos por medio dos seus productos.

A FGCMF tamén nos enviou a un dos seus representantes para darnos ánimos e estar connosco neste día tan importante para nós.

Tamén lles queremos dar as grazas a outras empresas que colaboraron con nós no último momento, polo que xa non poidemos incluílos nos carteis oficiais, como foi o caso de Eroski, que nos cedeu varias empanadas.

Despois deste pequeno aperitivo pasamos a falar da concentración en sí.

O día antes rematáramos de preparar a Desexada e ás 12:30 da noite (0:30 horas) facíamos o traslado dela cara a Sada no novo remolque da Asociación, mercado grazas á subvención da Deputación da Coruña.

O sábado amañeceu moi gris, pero tiñamos a esperanza de que a choiva non aparecera e empezamos a montar a carpa sobre as 10 da mañán.

Instalamos dentro varias ferramentas de carpintaría de ribeira, pezas que tiñamos a bordo da Balbina, moitas imaxes mariñeiras do pasado de Sada, e un pequeno taller de oleiría atendido pola nosa amiga Maca.

Diante da carpa varamos o Arredemo e a buceta en construcción.

Sobre as 11 e media demos por aberta a carpa co izado da vela do Arredemo.

Mentras se aguantou o tempo moitas foron as persoas que se foron achegando pola carpa, moitas sorpresas levamos.

Como sempre, veunos visitar Don José Luis Lino, carpinteiro de ribeira xubilado, un gran amigo ó que lle temos moito aprezo polo que nos ensinou, e nos ensina cada día, e a ferramenta que nos obsequiou.

Moita xente interesada en saber a qué nos adicábamos, algúns afeccionados propietarios de embarcacións que se interesaron polo que facíamos, incluso un do interior que nos preguntou sobre como restaurar un bote de Ribadeo xa que tiña intención de levalo a navegar a un encoro do Miño.

Un coleccionista de pezas relacionadas co mundo do mar que nos prometeu nos traería algunha dende Barcelona, a seguinte vez que viñera a Sada.

Moitos visitantes interesados na buceta en construcción durante os cursos de carpintaría de ribeira, que foi a máis fotografiada de toda a mañán.

Pero a máis grande das sorpresas a levamos mentras nos entrevistaban para o periódico La Opinión. No medio da entrevista, se nos achegou un señor que nos preguntou "¿E onde está a Balbina?", e cando lle contestamos á súa pregunta nos soltou "...e que eu traballei nela cando se fixo no estaleiro de meu tío en Bañobre..."


Menuda bomba tiñamos ahí, a periodista xa aproveitou para facer unha estupenda reportaxe, estábame preguntando pola Balbina, cando xusto aparece o sobriño do mestre carpinteiro que fixo a Balbina, xúrovos que non o tiñamos preparado.

O señor Constantino (igual ca o seu tío) Martínez, contóunos de primeira man historias que aconteceron no estaleiro do seu tío en Bañobre, cando él empezou a traballar de aprendíz con él.

Historias que estamos moi interesados en profundizar nelas e así o faremos.

Maca empezou a facer funcionar o pequeno obradoiro de oleiría e os primeir@s alumn@s empezaron a facer as súas primeiras pezas. Por suposto, os que mellor o pasaron foron os máis pequen@s que pouco despóis xa tiñan feitas varias pezas marabillosas.

















Sobre a 1 empezaron a chegar os barcos. O Albatros procedente de Perbes, e que uns días antes viñera dende Ferrol, a dorna Boaventura, e o bote de media construcción A Desexada, que foron amarrando nas estupendas prazas que xentilmente nos cedeu Marina Sada.

O Albatros é unha dorna tipo nai, con aparello marconi e foque, viña tripulada polo seu patrón Jose Carballo e tres compañeir@s máis.









Tamén viñeron tripulantes de outras asociacións, pero sen barco, como o amigo Suso de Lajareu por Barlovento e a súa familia, uns incondicionales xa dos nosos grandes eventos.

Pouco máis tarde empezou a chover e sigeu chovendo e chovendo.

Puxémonos a facer o churrasco e os criollos e como houbo tan poucos asistentes, pois xa vos imaxinades como nos poñeríamos de comida, a pregunta sería se non lastraríamos demasiado os barcos cando saíramos a navegar.

Como xa sabedes, nos eventos que organizamos Os Patexeiros hai nivel, sobre todo cando se trata de comida. E para mostra un botón..... Ahí vedes como un uniformado camareiro nos servía os cafés na carpa.

Como é de costume, toda a comida e bebida correu pola conta dos Patexeiros, que como anfitrións, xa sabedes que somos insuperables.

Moitas risas durante a comida na que aproveitamos para falar, como non iba a ser doutra maneira,  dos nosos barcos, da navegación, do Encontro no Freixo, etc...

Un pouquiño máis tarde das catro deixou de chover, e coa barriga chea, aproveitamos para facer unha saída de navegación. Como éramos poucos demos unhas voltas por diante das praias de Miño e Sada, volvendo ó pantalán para cambiar as tripulacións e que navegase o resto da xente.

Sobre as 6 da tarde volveu a chover e casi non pararía xa ata as 8.

Empezaba a sardiñada e mexilloada. Varias caixas de sardiñas e moitos sacos de mexillón pasaron pola parrilla e os fogóns respectivamente. Acompañáronnos os socios, alumnos e amigos do Clube Náutico Recreativo de Sada algúns dos cales tamén achegaron os seus propios postres e empanadas.
















Os amigos do Albatros levaron o barco a Perbes e voltaron de novo a Sada por estrada coa familia para acompañarnos a pechar o evento. Mil grazas,Jose, a todos vos pola vosa asistencia, simpatía e camaradeiría. Tedes un dos barcos máis bonitos do Golfo Ártabro.

Xuntámonos moita xente a esa hora na carpa, un peche de xornada de luxo. Lástima da pouca afluencia de barcos e do mal día que tivemos.

Agora queda ver se para o ano volveremos a repetir outra xuntanza como esta. Unha segunda edición. Se a facemos, se seguimos contando con colaboradores e patrocinadores, esperamos que veñades todos en masa, porque senón vides, desa vez tomaremos lista e poñeremos falta.... O dito, chova ou non chova, porque en Brest tamén chove e navegan igual. A ver se os galegos, que xa temos a choiva metida no corpo, lle imos a ter medo a catro gotas.







1 comentario:

  1. O primeiro que queria dicir é grazas a vós por invitarnos a pasar un dia tan fermoso. É verdade que o tempo non acompaño moito,ese orballo fino e baixa temperatura en pleno mes de xuño non era normal, pero de veras que a compañia e as atencións foron espectaculares.Non podiamos falar doutra cousa de regreso á casa. Xa sabiamos da hospitalidade dos Patexeiros, pero esta vez creo que é dificil de superar. Moitas Grazas!!
    Volvendo ao encontro, creo que estaba moi ben formulado e a organizacion traballo rozando a perfeccion, o unico borron foi a baixa afluencia de barcos. Non vou a entar nos motivos desa escasa participación, pero creo que os Patexeiros non se merecian iso. Despues de toda a ilusion e o traballo achegado, creo que non se sentiron moi avalados. É mais, igual teñen poucas ganas de seguir facendo estes eventos!!
    É unha pena, porque creo que son unha das asociacións mais serias e formais de toda a provincia (golfo artabro incluído). E non é peloteo, nas súas regatas por exemplo non hai foras de linea de 3 esloras, nin boias que se poden virar por babor ou estribor segun convéñanos. É de xustiza recoñecer o ben que esta facendo todos os eventos esta Asociacion dos Patexeiros. E só quédame dicir que conteis connosco para todo o que querais e necesiteis.
    Un saudo e moito animo!!!

    ResponderEliminar

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com