Curso de carpintaría de ribeira - 4ª Edición - PREINSCRICIÓN



Por fin xa temos aquí a 4ª edición do Curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais dos Patexeiros.

Un ano máis, e debido ó éxito das convocatorias anteriores decidímonos a organizar unha nova edición.

Por mor do aumento dos custes e da reducción no importe das subvencións previstas para este ano, tivemos que optar por unha duración de 40 horas, co obxecto de manter prezos similares ós de outras edicións e facelo algo máis asequible ós interesados.


INFORMACIÓN BÁSICA DO CURSO

- O cupo, estará limitado a 15 asistentes.  Non se levará adiante se non hai un mínimo de 10 alumnos.

- As inscricións serán por riguroso orden de chegada ó noso correo patexeiros@hotmail.com 
- Os cursos serán impartidos por carpinteiros de ribeira profesionais.
- Haberá unha pequena parte teórica e moita, pero moita práctica.
- Como obxectivo do curso, continuarase traballando nunha buceta do norte que se empezou en módulos anteriores partindo de plantillas. Nela se farán traballos que servirán como exemplo do mantemento dunha embarcación tradicional.
- Facilitarase material de seguridade ós asistentes: gafas protectoras, guantes e batas, que serán de USO OBRIGADO durante o curso

 - Entregarase a cada asistente material teórico en soporte dixital.
- As xornadas do curso desenrolaranse os sábados dende as 16:00 horas. Prégase puntualidade.

- Cada xornada constará de 4 horas de formación e haberá un descanso duns 15 - 20 minutos
- Ó finalizar o curso daranse uns diplomas acreditativos ós asistentes.
- O inicio do curso está previsto para o vindeiro sábado 9 de novembro.


PREZOS DO CURSO
SOCIOS DA A.C.M. OS PATEXEIROS...................................... 100 €
SOCIOS DO C.N.RECREATIVO DE SADA....(*1)...................  110 €
DESEMPREGADOS.........(*2)...................................................... 110 €
        RESTO DE ALUMNOS................................................................ 120 €         

(*1) Os socios do C.N.R.S deberán acreditar a súa condición de socios.
(*2) Os desempregados deberán acreditar a súa condición mediante a presentación da tarxeta de demandante.

PREINSCRICIÓNS E INFORMACIÓN ADICIONAL A TRAVESO DO NOSO CORREO : patexeiros@hotmail.com 

                 ¡¡¡ QUEDA ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN !!! 

Comentarios