PENÚLTIMA XORNADA DO CURSO?
Estamos achegándonos ó remate desta edición do Curso de carpintaría de ribeira. Fíxose moito traballo na buceta, os alumnos prestaron moito interés e aprenderon moitos conceptos e procedementos.
Grazas a esta pequena formación, tres alumnos, xa se atreveron a levar adiante un proxecto moi ambicioso, restaurando un vello barco de 16 metros para a navegación polo Mandeo.
Outros alumnos xa están afrontando reparacións nos seus barcos co aprendido e os consellos do mestre Pepe.
E por iso, vendo o gran interés desta promoción, a Carpintaría Lorbé e a A.C.M. Os Patexeiros, convidarán ós alumnos a unha ou dúas xornadas máis de curso, para que se consiga rematar a buceta e poidamos ver este ano no mar o traballo realizado polos alumnos.
Este sábado tivemos frio en Lorbé polas xeadas que caían, e moito mar de fondo, que subía pola rampa ata o recheo e paseábase por diante do taller, ainda que non ata o nivel que chegou o día de Reis.
Un grupo de alumnos estivo colocando a aparadura na popa, mentras que o outro adicábase a poñer tracas no forro, unhas tracas que xa deixaran preparadas da xornada anterior.
Jose Carballo e Moncho, estiveron frasquiando as pezas para a aparadura.
Dolores e Luis hoxe enfrontáronse á serra de cinta cortando as pezas que frasquiaran os seus compañeiros.
Víctor, Oscar e Gustavo ocupáronse de ir colocando as tracas na banda de babor.
Agora xa hai táboas que necesitan ser viradas e os alumnos levábanas ó mar para poder manexalas mellor e axeitalas ó seu sitio.
As torniquetas e sarxentos son imprescindibles nestas operacións.
E para apretalas contra as outras utilizan o sistema de cuñas.
Jose Carballo, hoxe tentóunos traendo dous medios modelos, un correspondente a un bote de media construcción, e outro correspondente a unha lancha. E claro, xa me puxo os dentes longos coa lancha. Este home é o demo en persoa.
Xa nos queda na mente a lancha, a ver se nunhas futuras edicións do curso de carpintaría pode ser unha realidade.
Tiven que abandonar a xornada antes do seu remate polo que non vos podo subir fotos de como quedou o traballo ó remate da xornada. Esperemos pola actualización que nos pasarán os alumnos.
Palmeirán

Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com