Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2017

Bo Nadal e feliz ano a tod@s

Imaxe

5ª e última regata da IX Copa Balbina - Entrega de trofeos

Imaxe
Mentras uns compañeiros facían demostración de carpintaría de ribeira en Pastoriza - Arteixo, outros desfrutábamos como ananos na última regata da IX Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela, que tivo lugar, como é habitual, frente á praia de Sada. Nesta ocasión foron oito as embarcacións que se deron cita ás cinco da tarde na liña de saída desta última regata. Dúas de Ares (Osorio e Capricho), unha de Perbes (Albatros) e cinco da flota patexeira (A Desexada, Canouro, Leliadoura, Halina a Meracha e Rabuda) A regata prometía pois esperábamos un verdadeiro desafío entre Albatros e Canouro rifando pola Copa. O Canouro iba primeiro na xeral pero ainda tiña que facer un descarte, e se non quedaba nos primeiros postos, a Copa podía pasar a máns da Albatros. Cun ventiño frouxo do Oeste que rolaba de cando en vez tomamos a saída. Albatros, A Desexada e Canouro tomábamos as primeiras posicións. O Canouro en seguida nos adiantou ós da Desexada, nesta ocasión con Carballei

Os Patexeiros na Romaría de San Miguel na Pastoriza - Arteixo

Imaxe
Invitados polo Concello de Arteixo, Os Patexeiros estivemos presentes, onte sábado,  na Romaría de San Miguel, en Pastoriza xunto con outros artesáns que facían demostración dos seus traballos.  Ata alí desplazamos o Arredemo. O Arredemo é un bote polbeiro das Rías Altas, que xa ten un longo curriculum ás súas espaldas, pois este bote xa participou no Festival Marítimo de Brest no ano 2008 representando a Sada. Tamén estivo presente nos Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia de Muros (2009) e Carril (2011). Navegou polas Rías de Ares-Sada-Betanzos, Arousa, e Muros-Noia, sempre lucindo as súas cores beige e granas. Este ano cambiou de armador, por suposto tamén Patexeiro, que decideu cambiarlle as cores por outras máis ó estilo portugués, como lle din todos os que o vén. Ó chegar á praza do santuario de Pastoriza déronnos a benvida varios responsables do Concello, e instalamos o posto e o barco. Despóis de descargar o barco, os transportistas voltamos por

O 30 de setembro remata a IX Edición da Copa Balbina

Imaxe
Recordade que a finais deste mes, o sábado día 30 de setembro, remata a IX edición da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela. A Copa está en xogo, a clasificación moi apretada. Quén gañara este ano ???????

Ruta de sendeirismo costeiro. Sada-Lorbé

Imaxe

II Concentración de Embarcacións Tradicionais de Betanzos.

Imaxe
O pasado sábado 2 de setembro, organizamos a II Concentración de Embarcacións Tradicionais de Betanzos. Unha cita que empezou sendo coorganizada o ano pasado en plan quedada por Barcos Tradicionais de Galicia, o C.N.de Ares e Os Patexeiros. Este ano, Os Patexeiros asumimos a organización do evento, comandados polo anfitrión Javi Naveira, e incluímola no calendario de Culturmar (FGCMF) e tamén puntuable por asistencia para a Copa Balbina. Só sete embarcacións nos decidimos este ano a facer a subida dos ríos Mero e Mandeo dende a súa desembocadura no Pedrido ata o porto vello de Betanzos. O galeón Punta Pragueira saía do Porto da Coruña xa pola mañán cedo. A flota patexeira conformada por A Desexada, Boaventura, Canouro e Leliadoura saía de Sada sobre as 12:30, cun pequeno retraso sobre o horario previsto. De Ares saeu o Osorio, e do porto de Miño tamén saeu outro barco patexeiro, o bote Mendo do compañeiro Vicente. Sen vento ningún, calma podre, houbo que facer uso do

IV Regata da IX Copa Balbina

Imaxe
Outro sábado máis, coma sempre a fin de mes, tivo lugar nas augas de Sada a IV Regata da Copa Balbina desta IX Edición.   O pasado día 26,  nove barcos se deron cita en Sada para participar nesta penúltima proba. Antes de empezar a regata, chegaba por mar, como manda a tradición a Copa Balbina, que viña de Perbes para porse a disposición do gañador desta IX Edición. Na primeira manga o Abur mostróuse intratable, como a meirande das veces, acadando a primeira praza. Sorprendentemente, Osorio impúxose a barcos e tripulacións expertas en regatas quedando segundo, grazas ó seu know how. Albatro e Canouro foron os seguintes en cruzar a liña de meta, seguidos da Rabuda, Leliadoura, Feituca e Meracha. A Desexada, patroneada por Javi Naveira, e sen tripulación por ausencia do palmeirán decideu retirarse. Viña canso dunha viaxe e non estaba para regatear, según nos comentou máis tarde. Na segunda manga, o Abur volveu repetir primeiro posto, pero por detrás as cousa