Ata alí desplazamos o Arredemo.
O Arredemo é un bote polbeiro das Rías Altas, que xa ten un longo curriculum ás súas espaldas, pois este bote xa participou no Festival Marítimo de Brest no ano 2008 representando a Sada. Tamén estivo presente nos Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia de Muros (2009) e Carril (2011).
Navegou polas Rías de Ares-Sada-Betanzos, Arousa, e Muros-Noia, sempre lucindo as súas cores beige e granas.
Este ano cambiou de armador, por suposto tamén Patexeiro, que decideu cambiarlle as cores por outras máis ó estilo portugués, como lle din todos os que o vén.
Ó chegar á praza do santuario de Pastoriza déronnos a benvida varios responsables do Concello, e instalamos o posto e o barco.
Despóis de descargar o barco, os transportistas voltamos por onde viñemos pois tiñamos pola tarde outro gran evento Patexeiro en Sada.
Alá se quedou o noso presidente Lucas, que tivo que sacrificar a súa participación na última regata da Copa Balbina por cumprir cos veciños de Arteixo e representar á Asociación. Tamén o acompañou o amigo Serxo que lle botou unha man, ante a falta do noso carpinteiro titular Javi Naveira que non pudo acudir por motivos de traballo.
Pola tarde chegarían reforzos das máns do noso vicepresidente Pablo Morán.
Tiveron a sorte de estar amenizados pola música dos grandes Brath e dos estupendos Dequenvessendo. E tendo en conta o que lles gusta a música ós nosos patexeiros, abofé que non o pasaron mal.
Estiveron botándolle unhas pezas da cuberta ó Arredemo que vai alistoada con piñeiro e xatoba.
Queremos agradecer á Concelleira Patricia Amado, e a María Rozamontes do Concello de Arteixo a invitación a este evento , e tamén especialmente ós amigos de Protección Civil de Arteixo que nos axudaron a cargar o barco no remolque e nolo gardaron nas instalacións ata o día seguinte. Moitísimas grazas!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com