5ª e última regata da IX Copa Balbina - Entrega de trofeos

Mentras uns compañeiros facían demostración de carpintaría de ribeira en Pastoriza - Arteixo, outros desfrutábamos como ananos na última regata da IX Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela, que tivo lugar, como é habitual, frente á praia de Sada.

Nesta ocasión foron oito as embarcacións que se deron cita ás cinco da tarde na liña de saída desta última regata. Dúas de Ares (Osorio e Capricho), unha de Perbes (Albatros) e cinco da flota patexeira (A Desexada, Canouro, Leliadoura, Halina a Meracha e Rabuda)

A regata prometía pois esperábamos un verdadeiro desafío entre Albatros e Canouro rifando pola Copa. O Canouro iba primeiro na xeral pero ainda tiña que facer un descarte, e se non quedaba nos primeiros postos, a Copa podía pasar a máns da Albatros.


Cun ventiño frouxo do Oeste que rolaba de cando en vez tomamos a saída. Albatros, A Desexada e Canouro tomábamos as primeiras posicións.


O Canouro en seguida nos adiantou ós da Desexada, nesta ocasión con Carballeira á caña, Fernando á escota da maior, Luisjo de táctico e cas escotas do foque e eu ás escotas do foque e ca cámara para inmortalizar o evento. Todos traballando.


Na segunda boia Osorio cazóunos. Albatros distanciábase moito.

Nesto, que nos damos conta de que a boia amarela de saída, a cal tiñamos que virar a continuación marchara de singladura sen pedirnos permiso e estaba casi na praia. Advirtéuselle ás embarcacións de tal incidencia e os que non a atoparan tiñan orden de virar na lancha do comité. Pero cando A Desexada iba a rematar a primeira volta, a boia sorprendentemente achegóuse á lancha do xuiz de regata, casi á mesma posición onde estaba ó dar a saída , co que aproveitamos para deixala por babor como estaba previsto, e os demáis fixeron o mesmo. Conclusión: Alguén lle puxera un control remoto á boia.

Por detrás viñan Capricho, Leliadoura, Halina a Meracha e a Rabuda, hoxe con algún que outro problema, xa que acostuma a andar polas primeiras posicións.

Na segunda volta da primeira manga, o vento empezou a baixar e Albatros empezou a doblar a algúns barcos.

A manga rematou con Albatros de primeira, Canouro, Osorio, A Desexada cuarta e a continuación o Capricho de Brais, Leliadoura, Meracha, e sorprendentemente a Rabuda en última posición.


Algo debía pasar na Rabuda pois rematada a primeira manga tomou rumbo ó fondeo.


Debido ó pouco vento e unha vez consultadas as embarcacións, decidéuse facer a segunda manga a só unha volta.

Jaime, como bó anfitrión que é, non quería que María, a Concelleira de Cultura, tivera que esperar moito por nós para entregar os trofeos

Nada máis entrar o último barco dóuse aviso de reunión e ós 5 minutos regulamentarios , o xuiz, Vicente, baixou a bandeira amarela que indicaba a saída.

Ó darse a saída, os barcos de cangrexa estábamos todos un pouco lonxe e os pequenos aproveitaron para sair de primeiros.

Con pouco vento, as diferencias entre os barcos eran mínimas e chegamos á primeira boia todos pegados facendo interiores uns a outros, co Capricho colándose na segunda praza momentáneamente seguido de Canouro, A Desexada, Meracha, Osorio e Leliadoura.

Na segunda boia Albatros xa empezou a distanciarse, Canouro tamén empezou a abrir a ventaxa seguido de Osorio e moi pegado A Desexada.

Luisjo dába ordes contínuamente e Carballeira á caña obedecía ó instante. Bueno, ... ás veces!!!!

A segunda manga rematou con Albatros primeira, seguida de Canouro, terceiro foi Osorio, cuarta de novo A Desexada. En quinto lugar entrou a Meracha patroneada por Pablo e con Aguado de proel.
Sexto foi O Capricho e a sétima praza foi para a Leliadoura.

Rematadas as dúas mangas, recollemos as boias e dirixímonos a amarres e fondeos.

Despóis de sumar os puntos desta regata, e facer os descartes pertinentes (so o tiña que facer o Canouro, pois participou e puntuou en todas as regatas), a clasificación xeral final quedou da seguinte maneira:

CLASIFICACIÓN XERAL
BARCO PUNTOS TRAS DESCARTES
CANOURO 119 108
ALBATROS 100 100
A DESEXADA 89 89
RABUDA 73 73
LELIADOURA 61 61
ABUR 59 59
OSORIO 51 51
CAPRICHO 37 37
HALINA A MERACHA 37 37
A FEITUCA 33 33
BOAVENTURA 32 32tri
TREBÓN 29 29
ARXIL 20 20
ARREDEMO 9 9
MARÍA XESÚS 5 5
PUNTA PRAGUEIRA 5 5


Na entrega dos premios, María Pardo fixo entrega do trofeo do obradoiro Regal Cerámica á tripulación de A Desexada pola súa terceira praza. Recollendo o trofeo Luisjo, Carballeira e José o palmeirán.

Gustaríame deixar constancia aquí de que este trofeo de A Desexada é como a lotería de nadal (que por certo xa a temos á vosa disposición), moi repartido. Este barco participou na Copa Balbina facendo varias rotacións da tripulación. Así que este premio vai para Javi Naveira (patrón titular), Pablo Morán, Luisjo, Xose Carballeira, Fernando Vázquez, Ángel Guisano e esposa, José Manuel, Bruno e o seu colega, Rosana, Eva, e José o Palmeirán.

O segundo premio, un trofeo realizado polo Obradoiro Mar Barral, recolléuno de máns da Concelleira, Marta a armadora da Albatros e Anuska (tripulante).

E o trofeo para os gañadores, un fermoso barco de vela latina de Sargadelos recollérono Pepe, Jaime e Cármen do bote Canouro.

Tamén fixemos entrega dun trofeo ó barco que máis probas da Copa Balbina asisteu, que recaeu de novo no Canouro que non se perdeu nin unha sóa cita, nin das regatas nin das puntuables por asistencia. O premio, unha fermosa buguina de Sargadelos.

E a tan esperada entrega da Copa Balbina, que nesta ocasión volve a quedar en Sada. A Copa foi entregada pola tripulación da Albatros pasando así o relevo ó Canouro.



Pinchada a base de lacón asado, tortillas, empanadas e patacas fritas.

Para o ano máis e mellor, e a ver se con máis barcos.

Por Palmeirán









Comentarios

Publicacións populares deste blog