Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

Felices festas a tod@s

Imaxe

Última regata da X Copa Balbina e entrega de trofeos

Imaxe
O vindeiro sábado 29, chega ó seu remate a X Edición da Copa Balbina. Coma sempre, frente á rampa de servizo da Escola de Vela darase a saída á primeira manga sobre as 17:00 horas. Tamén, como é costume, según sexan as condicións climáticas o xuiz decidirá se se leva adiante a 2ª manga. Unha vez rematadas as mangas procederase cunha merenda para os participantes e a entrega de trofeos, agasallos e a entrega da Copa Balbina para que os gañadores a custodien ata o vindeiro ano. Acudide!!!!

III Concentración de embarcacións tradicionais de Betanzos

Imaxe
Por terceiro ano consecutivo, organizamos, conxuntamente cos amigos da Asociación Porta da Vila de Betanzos, a III Concentración de embarcacións tradicionais de Betanzos. Este sería ó programa provisional previsto. Animádevos e subide con nós a Betanzos.

4ª Regata Copa Balbina

Imaxe
Despóis da 1ª regata en Sada a finais de xuño, da regata de Redes, puntuable este ano para a Copa Balbina, e da regata de Perbes de mediados de agosto, puntuable como outros anos, chega agora a 4ª regata en Sada. Acude e suma puntos para subir na clasificación da Copa.

VI Xuntanza Patexeira

Imaxe
Un ano máis celebramos esta fin de semán, coincidindo cas Festas do Carme de Sada, a VI Xuntanza Patexeira de Embarcacións Tradicionais. Trae o teu barco e sal a navegar e cambiar impresións con nós. Comida-pinchada para os participantes.

Navega cos Patexeiros

Imaxe
Este verán disfruta de novas experiencias nas augas da Ría de Ares, Betanzos e Sada. Navega nunha embarcación tradicional e disfruta dun entorno único dende o mar. Quéres aprender a navegar nun barco tradicional? : Apúntate a un curso de vela dunha semán de duración impartido por monitores expertos titulados. Quéres dar un paseo pola ria?: Pois tamén podes. Nunca foches nun barco e queres sair a dar unha volta a ver se che gusta?: Igualmente o podes facer. Que se sentirá navegando de noite pola ría?: Pois agora podes sabelo da man dos Patexeiros. Non dubides en contactar por tel, whatsapp ou correo electrónico. Desfruta do verán!!!

Empeza a X Edición da Copa Balbina

Imaxe
Ahí vai o extracto do regulamento deste ano que non varía con respecto ó do ano anterior. EXTRACTO DO REGULAMENTO DA PROBA Calendario: 1ª Proba: Sábado 30 de xuño - Sada 2ª Proba: Sábado 28 de xullo- Regata de embarcacións tradicionais de Redes 3ª Proba: Sábado 11 de agosto - Perbes 4ª Proba: Sábado 25 de agosto - Sada 5ª Proba: Sábado 29 de setembro - Sada 1. A Copa Balbina: A Copa Balbina de Vela Tradicional é unha proba creada pola A.C.M. Os Patexeiros e levada a cabo dentro do calendario de competicións de vela do C.N.R.S. Dispútase en augas de Sada. Este ano puntuará tamén para a Copa as Regatas de Redes e Perbes. 2. Características dos barcos participantes : A Copa Balbina e unha proba aberta a todo tipo de embarcacións tradicionais de madeira con propulsión a vela, independentemente da súa tipoloxía, aparello ou eslora. Ó ser unha proba que pretende fomentar máis a participación e a reunión de embarcacións tradicionais no Arco Ártabro,

Celebramos o San Xoan Patexeiro

Imaxe
Esta fin de semán celebraremos o San Xoan conxuntamente cos socios e  amigos da Escola de vela do CNRS.

Patexeiros por Nazaré

Imaxe
Como xa ven sendo costume, cando un Patexeiro viaxeiro anda percorrendo o mundo, ten a obriga de pasarse uns minutiños informándonos ó resto dos mortais das distintas tipoloxías de embarcacións que se van atopando no seu periplo por eses mundos. Aquí, o noso ilustre socio D.  Javier Aguado Álvarez de Sotomayor, ou como o coñecemos cariñosamente, Javi,  herdeiro de Pedro Madruga, alias Cristóbal Colón (según algunhas fontes), mandóunos estas fermosas imaxes de embarcacións varadas nas praias de Nazaré, en Portugal. Fermosas fasquías, ben afiadas, para cortar o bravo mar do Atlántico. Esperamos que vos gusten e desfrutedes delas. É unha pena, que desgraciadamente no noso país xa non poidamos desfrutar das embarcacións varadas na area como estiveron sempre. Cousas  dunha mala política que fai que as embarcacións deixen os areais nos que estiveron dende tempos inmemoriais para pasaren a estar varadas nas explanadas portuarias, moitas veces botándose a perder, e sobre t

O Canouro entra no carro

Imaxe
Esta primeira semán de maio, o Canouro, unha das últimas incorporacións á Flota Patexeira subeu ó carro no varadoiro de Lorbé para facer traballos de mantemento. Un calafateíño por aquí, unha pinturiña por alá, uns brochazos de patente, e de novo para o mar. Aquí o vedes en todo o seu explendor. Que marabilla de barco!!!!

Na Asemblea de Culturmar

Imaxe
Este pasado sábado, 7 de abril, unha representación dos Patexeiros estivemos en Cambados asistindo á Asemblea da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial - Culturmar. Onde se decidiría a sede do vindeiro Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. As candidatas era: A Guarda e Ribeira. Despóis da Asemblea xeral, ca presentación de contas, orzamento, etc.... tivo lugar a presentación das dúas candidaturas. Despóis dunhas entusiastas presentacións polas dúas bandas chegou o momento da votación. A gañadora resultou A Guarda. Moitos parabéns ás dúas candidaturas polo traballo feito para chegar ata aquí. Igualmente moitos parabéns á Guarda por conseguir levarse a organización do XIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, e moitísimos parabéns á Cofradía da Dorna de Ribeira pola fenomenal exposición que fixeron da súa candidatura. Dende aquí pedímoslle que non se desanimen e que sigan traballando así de ben e a volvan presentar dentro de dous

Asemblea dos Patexeiros

Imaxe
Pois este primeiro domingo de febreiro, celebramos a nosa Asemblea Xeral de socios e tamén unha Extraordinaria. Como cada ano, ademáis de presentar e aprobar as contas e os orzamentos para este ano entrante, tamén calendamos as datas dos nosos eventos. Un pase previo antes de comunicarlle as datas á Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Este ano houbo unha boa asistencia. Casi non cabíamos dentro porque ademáis xuntámonos cunha doazón de material e estábamos a tope.