martes, 31 de decembro de 2019

Fin de ano nas Antípodas

Un ano máis continuamos ca tradición de despedir o ano navegando.




O ano pasado homenaxeamos o arquipelago de Kiribati. Neste ano escollemos as Illas Salomón, algo máis a leste ca Kiribati.
 

Para iso xuntámonos ás 12 do mediodía de Sada, 0:00 horas nas Illas Salomón, un total de 6 embarcacións, dúas delas pertencentes ós Patexeiros.,

Alí estiveron As Netas e o Canouro.

Brindóuse con cava e chimpín para @s nen@s, tivemos uvas e cotillón.

Feliz ano!!!!

      

sábado, 26 de outubro de 2019

VII Curso de carpintaría de ribeira - desenrolo

O sábado 29 de outubro dábamos comenzo a unha nova edición do Curso de carpintaría de ribeira, que organizamos coma sempre, no Porto de Lorbé.


Durante o curso traballóuse sobre o novo barco da Asociación, o Nordesía, ó que o primeiro día xa se lle desmontou toda a cuberta.



Despóis dunha pequena parada técnica do fin de semán pasado, o sábado 7 de novembro prosegue o VII Curso de Carpintaría de ribeira dos Patexeiros.

O alumnos estaban ansiosos.



Novas xornadas no curso de carpintaría de ribeira.


Nestas imaxes xa podemos ver ó Nordesía con novos baos e parte da estampa de popa nova.


Como sempre, nos nosos cursos intentamos que os alumnos aprendan mantementos básicos dunha embarcación tradicional.


Debido á pouca duración dos cursos non poden ver como nace unha embarcación e se vai facendo, ainda que intentamos tamén darlles unhas nocións de cómo sacar unhas cadernas, a traveso de planos ou de plantillas.


Nestas fotos apréciase como se colocaron baos, barraganetes, algunha táboa do forro, courel, etc...


Parabéns a eses alumnos polo seu traballo, dedicación e bó rollo!!!!.


E como todo chega ó seu fin, o 19 de decembro rematou a VII Edición do Curso de carpintaría de ribeira dos Patexeiros.

Aquí vai a foto de grupo, con mestres e directiva patexeira.


Outro ano, máis e mellor!!!!




martes, 3 de setembro de 2019

VII Curso de carpintaría de ribeira



Un ano máis levamos adiante outra edición dos nosos famosos cursos de carpintaría de ribeira.

O curso terá unha duración de 24 horas e levarase ó cabo os sábados pola mañán en horario de 9:45 a 14:00, cun descanso de 20 minutos, na Carpintaría Lorbé, sita no Porto de Lorbé - Oleiros (A Coruña).

A data de comezo prevista está fixada para o 19 de outubro, e continuará os seguintes sábados 26 de outubro e 9, 16, 23 e 30 de novembro.

Os temas que se impartirán no curso, coma outros anos, incluirán dende coñecemento, preparación e afiado de ferramentas, nocións básicas de construcción naval, cómo se empeza a facer unha embarcación (sacaremos unha caderna). Faremos traballos básicos de mantemento dunha embarcación tradicional tales como botar táboas da cuberta, botar táboas do forro, sorraina, regala, reparar a fogonadura, calafateo, virado de táboas, etc...

Durante o curso traballaremos na embarcación Nordesía, última adquisición da A.C.M. Os Patexeiros.

A aportación para o curso será de:

- 115 euros para os Socios Patexeiros
- 135 euros para os non socios.

O curso non se levará adiante se non hai un mínimo de alumnos.

Preinscricións a traveso do mail: ospatexeiros@gmail.com

venres, 9 de agosto de 2019

RUMBO ÁRTABRO


Esta semán levaremos adiante a I Travesía/Regata Rumbo Ártabro., de agora en diante Rumbo Ártabro.

Rumbo Ártabro é un evento deportivo e social que ten como obxectivo principal poñer en valor as embarcacións tradicionais de todo o Golfo Ártabro.

Dito evento será organizado pola ASOCIACIÓN CULTURAL MARIÑEIRA OS PATEXEIROS, de Sada, ca colaboración do CLUB DO MAR DE FERROL, CLUB NÁUTICO DE ARES, CLUB MARÍTIMO DE PERBES e PORTA DA VILA de Betanzos.

A proba consistirá nunha navegación por etapas discurrindo polas rías de Ferrol, Ares e  Bentanzos, o denominado como Golfo Ártabro.

Lugar e datas:








Data Navegación Saída Chegada Millas aprox.
1ª Etapa Mércores 14 de agosto do Porto base – Ferrol
17:00 10,7 Nm
2ª Etapa Xoves 15 de agosto Ferrol – Ares 12:00 17:00 8,9 Nm
3ª Etapa Venres 16 de agosto Ares – Perbes – Sada 12:00 19:00 8,0 Nm
4ª Etapa Sábado 17 de agosto Sada – Lorbé – Mugardos 12:00 17:00 10,7 Nm
5ª Etapa Domingo 18 de agosto Mugardos – retorno a porto base 12:00 17:00 10,7 Nm

Embarcacións participantes:

Poderán participar todas as embarcacións tradicionais que o desexen.

Considerarase unha embarcación tradicional á "Embarcación de madeira antíguamente destinada a facer labores de pesca, transporte de viaxeiros ou material".

Asimesmo poderán participar embarcacións denominadas clásicas e que a organización determine como tal. Tamén poderán participar embarcacións "modernas" en concepto de buques auxiliares ou de seguridade que a embarcación determine como tal.

É imprescindible para participar en Rumbo Ártabro, que as embarcacións estén debídamente despachadas e conten con seguro obrigatorio, ademási será indispensable facer a inscrición das mesmas.

A organización resérvase o dereito de excluir de Rumbo Ártabro a calqueira embarcación que non cumpla os requisitos mínimos de seguridade ou que considere que a súa participación poida ser un problema para o resto dos participantes.

Puntos de amarre e aloxamentos. 

Todas as embarcacións tradicionais participantes no evento terán dereito a un punto de amarre en pantalán, en lugar preeminente, sempre e cando existan prazas suficientes. No caso de que un porto en concreto non conte con éstas para todas as embarcacions, asignaránse as prazas por riguroso orden de inscrición completada. En calqueira caso a Organización resérvase o dereito de modificar e reorganizar algún amarre dependendo das características das embarcacións ou para maior vistosidade do evento.

Habilitaranse aloxamentos para a pernocta das tripulacións nos portos de arribada.

Os patrons que desexen transportar as embarcacións por estrada, para iniciar Rumbo Ártabro, poderán aparcar os remolques das embarcacións en Ferrol (lugar acotado sen vixilancia) ata a finalización da travesía.

Inscricións:

Para poder participar en Rumbo Ártabro, deberase completar a inscrición antes do 12 de agosto. Ésta terá un custe de 5 € por embarcación e 30 € por cada tripulante inscrito. O prezo inclue o amarre, unha camiseta conmemorativa e os 4 vales de comida para facer a cea nos portos de chegada.

Os almorzos e comidas faranse con independencia, recordando que ésta última terá lugar a bordo das embarcacións durante a travesía.

Se algún tripulante non vai facer a travesía completa, poderá adquirir uns vales de comida en cada porto de chegada por un importe de 10 €.

As inscricións faranse a traveso do correo electrónico: rumboartabro@gmail.com e o pago farase o día 14 de agosto unha vez arribadas as embarcacións ó porto de Ferrol.

Reglamentacións locais de marina:

O Real Decreto 62/2008 dispón as condicións de seguridade marítima, navegación e da vida humán no mar aplicables ás probas náutico deportivas.

Advírtese ós participantes, antes do inicio das probas, que as embarcacións sólo poderán participar se estan reglamentariamente despachadas para navegar polas augas polas que transcurrirá a proba, e se os seus patróns contan ca titulación suficiente para o o seu gobertno.

Os participantes deben declarar, con antelación ó inicio da proba, dos seguros suscritos, no seu casos, ca inclusión dos riscos cubertos e os límites de responsabilidade de acordo co anuncio de travesía/regata, estando cubertos para a participación en probas náutico-deportivas.

Será responsabilidade do armador ou patrón de cada barco cumplir cas normas legais previstas para as embarcacións de recreo, tanto de carácter xeral como en especial para o seu goberno, despacho e seguridade.

Equipamento básico de seguridade.

Todos os barcos terán que estar equipados cunha radio VHF cas canles 08, 14, 16 e 71. Senón dispoñen dela, deberán permanecer nun radio inferior a 350 metros de outra embarcación que conte cunha VHF homologada.

Seguro individual ou licencia federativa:

Todas as tripulacións deberán contar cun seguro individul para realizar actividades náuticas. Éste poderá ser o cartón de navegante de CULTURMAR ou ben a licencia federativa autonómica da RFEV.

Deberase entregar unha copia déstas no momento de facer a inscrición. Os tripulantes que non estén en posesión de ningunha licencia/cartón, poderán solicitar o cartón de navegande (10 €) válido para o ano en curso.

Para evitar problemas de tramitación rogamos se poñan en contacto ca Organización uns días antes de iniciar a travesía.

Calendario alternativo por mal tempo.

Se as condicións meteorolóxicas son adversas a proba poderá anularse, acortarse ou suspenderse en calqueira momento, se a Organización así o considera.

O IV Gran Premio de Embarcacións Tradicionais "Homenaxe ós carpinteiros de ribeira", que se celebra en Perbes o venres día 16 de agosto e encadrado dentro do evento Rumbo Ártabro, poderáse trasladar ás inmediacións do Porto de Sada, se as condicións meteo así o aconsellan. A saída do Gran Premio terá lugar ás 17:00 h e constará dunha proba Barlovento/Sotavento a determinar pola Organización.


Teléfonos de interese.

Coordinador Seguridade Rumbo Ártabro: José Mª Carballo 629 64 19 91.
Coordinador Ferrol: Arturo 609 98 68 89.
Coordinador Ares: Rogelio 615 45 83 80.
Coordinador Sada: Ángel 661 46 77 27.
Coordinador Mugardos: José Luís 636 43 53 41.

Responsabilidade:

Todos os que participan nesta Travesía/Regata fanno baixo o seu propio risco e responsabilidade.

Chámase a atención sobre a Regla Fundamental 4, DECISIÓN DE REGATEAR, da parte 1 do RRV que establece:

"É da exclusiva responsabilidade de un barco, decidir se participa nunha proba ou continúa en regata".

Dereitos de imaxe:

Participando nesta proba, autorízase exprésamente á Organización a utilizar e publicar calqueira fotografía, filmación ou grabación que se tome da proba e dos seus participantes, sempre que o seu uso esté exclusivamente relacionado ca participación neste evento. Expresando o desexo de éstos a renunciar a calqueira beneficio que se poideran obter de elas.


A VII Xuntanza Patexeira de embarcacións tradicionais a celebrar en Sada os días 16 e 17 tamén estará encadrada dentro do evento RUMBO ÁRTABRO.



A INSCRIBIRSE TOD@S CANTO ANTES !!!!!








luns, 5 de agosto de 2019

Regata de embarcacións tradicionais de Ares.

O pasado sábado, día 3, tivo lugar nas augas de Ares a Regaata de embarcacións tradicionais de Ares, Memorial José Antonio Zárate.

Alí se dispoñen a acudir tres barcos da flota patexeira, a Reina dende o mesmo Ares, o Canouro dende Sada e a Halina dende Lorbé.

Ás 12, o Canouro tiña todo listo para sair rumbo a Ares, bueno, todo todo non, xa que a maréa non a poden controlar e teñen que esperar ata as 2 da tarde para poder sair do fango.

A espera foi productiva, xa que limpando as boias, toparon con este polizón.

Ás 2 da tarde deron saído do fondeo de Sada e nunha horiña estaban en Ares.

A dorna Halina saeu tarde de Lorbé, esperando pola tripulación, e non lles dou tempo a chegar a Ares. Iso si, pasárono moi ben a bordo

E ademáis  na ruta tamén tiveron premio..


Ás 17:30 douse saída puntual á proba. Mar algo picado pero cun ventiño axeitado, ainda que os grandes barcos pedían máis. Claro, eles poden....

O campo de regatas estaba moi ben marcado e informado.


Déronse dúas voltas entre Ares e Ber.

Uns 17 barcos en total, algún non demasiado tradicional. Moito barco grande, e a nosa Reina, o máis pequechiño.

O Canouro quedou na 7 posición nos barcos de menos de 6 metros, e a Reina de último, pero bueno, pasámolo ben e iso era do que se trataba.

Ás 19:30, entrega de trofeos e o mellor de todo.... a cervexa e o churrasco.

De seguro volveremos o ano que bén 

Artigo de Celes Espiño (Presidenta dos Patexeiros)



luns, 18 de febreiro de 2019

As embarcacións tradicionais expostas na Coruña

Do día 14 ó 17 de febreiro, participamos levando tres barcos á praza da Fábrica de Tabacos, na Coruña, con motivo dun interesante ciclo de conferencias sobre a situación das embarcacións tradicionais en Galicia.

As conferencias, que se enmarcaban dentro do espazo Tribuna Pública Coruña, correron a cargo de Bernardo Máiz e Pepe Sacau durante a tarde do xoves, e de Víctor Fernández o venres pola tarde.

Bernardo falóunos sobre o solpor das embarcacións tradicionais de Galicia, Pepe achegou á xente o proxecto das mariñas tradicionais Mardevelas, e a charla de Víctor versou sobre por qué é interesante conservar o patrimonio marítimo e fluvial.

Nós achegamos á mostra o bote polbeiro Reina, recén restaurado polo noso socio Ángel, a buceta Fiateira, propiedade da AAETG e restaurada este inverno polo noso socio Moncho, e a dorna A Feituca.

Desta maneira, os visitantes poideron admirar tres tipoloxías distintas, dúas das Rías Altas e unha das Rías Baixas e veren as diferencias de construcción entre ámbas.

Moitos visitantes á mostra ó longo deses 4 días, sobre todo xente maior, que se interesaban moito polas embarcacións, que cada vez lles é máis difícil ver, sobre todo en augas da Coruña.


luns, 11 de febreiro de 2019

Empezamos o ano - Asemblea Patexeira

Este pasado sábado tiveron lugar no noso local social do Porto de Lorbé, as nosas Asembleas Extraordinaria e Ordinaria.


Na Asemblea Extraordinaria tomou relevo a xunta directiva. Por primeira vez na historia dos Patexeiros, temos unha Presidenta.

É un orgullo para tod@s @s Patexeir@s que por primeira vez, unha muller tome o temón da Asociación.

Nun mundo, o das embarcacións tradicionais, onde a participación da muller está empezando a medrar, afortunadamente, Os Patexeiros temos a sorte de contar con un 27% de socias nas nosas filas. Unha porcentaxe que nos gustaría aumentar nos vindeiros anos.


Moito ánimo á nova xunta directiva e prometemos axudal@s en todo o posible.

Na Asemblea Ordinaria, calendamos as nosas actividades para este 2019 ademáis de outros temas varios.


A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: ospatexeiros@gmail.com ou infórmate na nosa web: www.patexeiros.org