As embarcacións tradicionais expostas na Coruña

Do día 14 ó 17 de febreiro, participamos levando tres barcos á praza da Fábrica de Tabacos, na Coruña, con motivo dun interesante ciclo de conferencias sobre a situación das embarcacións tradicionais en Galicia.

As conferencias, que se enmarcaban dentro do espazo Tribuna Pública Coruña, correron a cargo de Bernardo Máiz e Pepe Sacau durante a tarde do xoves, e de Víctor Fernández o venres pola tarde.

Bernardo falóunos sobre o solpor das embarcacións tradicionais de Galicia, Pepe achegou á xente o proxecto das mariñas tradicionais Mardevelas, e a charla de Víctor versou sobre por qué é interesante conservar o patrimonio marítimo e fluvial.

Nós achegamos á mostra o bote polbeiro Reina, recén restaurado polo noso socio Ángel, a buceta Fiateira, propiedade da AAETG e restaurada este inverno polo noso socio Moncho, e a dorna A Feituca.

Desta maneira, os visitantes poideron admirar tres tipoloxías distintas, dúas das Rías Altas e unha das Rías Baixas e veren as diferencias de construcción entre ámbas.

Moitos visitantes á mostra ó longo deses 4 días, sobre todo xente maior, que se interesaban moito polas embarcacións, que cada vez lles é máis difícil ver, sobre todo en augas da Coruña.


Comentarios

Publicacións populares deste blog