![Imaxe](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjH74eUkI0TQIRk5mYmUkxrjdqNMfkCs47oNH1wMkBn_SQIUe98pGFeVQnUvXSkwjI-BlMQ6fOoE3qVafdEqaP0uzIZuTBECzYAJDObAjMJiHp0APWXlluKEMqK31kq2uwClOoc5XLNGJiRwWjQodRnTo9-l56sxL9QJA1eDfT0IF3z-93I2Zxr83-dYQ/s320/FIN%20A%C3%91O%20patexeiros%20final%202022.jpg)
Publicacións
Mostrando publicacións desta data: 2022
No próximo 2023 Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia en SADA
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Sada será a sede do XVI Encontro de embarcacións tradicionáis de Galicia
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
![Imaxe](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgarwkF5dPRuTAj17kflWXeJ8NwhcOG478C55xbQVKXLERHsU8azq14UmpEHggIYpH7w54UREt6a9qv_KEgtBJumZjEfrzDWWd7RNtGGNn_5aD9WQDj3Gr6BRaC5jaiA4UUNgLgKmbBpGdT0nqgMHChwfSIzQbLMEGL8nCiNEpSjraFhkOZHdP105Q3uA/w504-h378/WhatsApp%20Image%202022-10-15%20at%2017.23.52.jpeg)
Había moitos anos que un evento tán importante para nós, o Encontro de embarcacións tradicionáis de Galicia non viña ao Norte de Galicia. E o pasado día 15 de Outubro aprobouse por unanimidade na Asamblea da Federación Galega pola cultura marítima e Fluvial a celebración deste evento en Sada. Coma nun soño, aínda estes días estamos a frotar os ollos e preguntándonos se e verdade ou non. Si, é, e vai ser un evento que durante uns dias poña a Sada coma epicentro da vida cultural galega. Pero unha celebración así non e sinxela de organizar, e aí estamos xa a traballar xunto co Concello de Sada e Culturmar, a Federación galega pola cultura marítima e Fluvial, da que a nosa Asociación leva xa moitos anos pertencendo, e que agrupa a prácticamente todas as asociacións e entidades a prol da conservación do noso patrimonio marítimo. Este vindeiro sábado 5 de Novembro temos organizada xa unha asamblea informativa cara ás asociacións e colectivos de Sada para ampliar toda