*Moi ao noso pesar vémonos obrigados a anular o curso de carpintería de forma indefinida por falta de medios e lugar onde poder realizalo, perdón polas molestias e grazas polo voso interese*
Publicacións populares deste blog
CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DAS NOSAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS
O proxecto “Conservación e mantemento das nosas embarcacións tradicionais” está a piques de rematar. Este proxecto, premiado nos proxectos de desenvolvemento pesqueiro e xestionado polo GALP Golfo Ártabro Sur , puxo en valor as nosas embarcacións e axudou a conservalas. Fixéronse varias actividades de dinamización vencelladas ás nosas embarcacións, como unha ecoregata en Sada , na que recollimos unha gran morea de lixo. Tamén fixemos un curso de vela tradicional especialmente dedicado a mulleres , para favorecer a igualdade na vela tradicional. Ademais, impartimos un curso de enxarcias tradicionais , no que aprendemos moito sobre os elementos das arboladuras das nosas embarcacións. Ademais, fomentamos a carpintaría de ribeira , declarada BIC (Ben de Interese Cultural) , levando a cabo a reparación de tres das nosas embarcacións mediante técnicas de carpintaría tradicional nun asteleiro dos poucos que quedan en Galicia no que se traballa a carpintaría de ribeira.
Rumbo á igualdade
Rumbo á igualdade: éxito do curso básico de vela tradicional para mulleres Os pasados 20 e 27 de setembro celebramos o Curso Básico de Vela Tradicional para Mulleres “Rumbo á Igualdade”, unha iniciativa organizada pola A.C.M. Os Patexeiros coa colaboración de diferentes institucións, e que tivo unha acollida extraordinaria, e dentro do proxecto premiado no GALP "Conservación e mantemento das nosas embarcacións tradicionais." En total participaron 16 mulleres, que durante dúas xornadas intensas de teoría e práctica tiveron a oportunidade de achegarse ao mundo da navegación tradicional, coñecer as nosas embarcacións e gozar do mar compartindo experiencias. O curso contou tamén cunha aula virtual, na que as alumnas puideron acceder a materiais de apoio sobre temas fundamentais como: -Introdución á igualdade e o papel da muller na náutica de recreo. -Nocións básicas sobre que é un barco e os principios da navegación a vela. -As embarcacións tradicionais de Galicia. -Seguridade ...

Comentarios
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com