Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2025

CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DAS NOSAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS

Imaxe
  O proxecto “Conservación e mantemento das nosas embarcacións tradicionais” está a piques de rematar. Este proxecto, premiado nos proxectos de desenvolvemento pesqueiro e xestionado polo GALP Golfo Ártabro Sur , puxo en valor as nosas embarcacións e axudou a conservalas. Fixéronse varias actividades de dinamización vencelladas ás nosas embarcacións, como unha ecoregata en Sada , na que recollimos unha gran morea de lixo. Tamén fixemos un curso de vela tradicional especialmente dedicado a mulleres , para favorecer a igualdade na vela tradicional. Ademais, impartimos un curso de enxarcias tradicionais , no que aprendemos moito sobre os elementos das arboladuras das nosas embarcacións. Ademais, fomentamos a carpintaría de ribeira , declarada BIC (Ben de Interese Cultural) , levando a cabo a reparación de tres das nosas embarcacións mediante técnicas de carpintaría tradicional nun asteleiro dos poucos que quedan en Galicia no que se traballa a carpintaría de ribeira.

Curso de Enxarcias Tradicionais

Imaxe
       Os días 11 e 18 de outubro celebramos o Curso de Enxarcias Tradicionais , unha actividade enmarcada no proxecto “Conservación e mantemento das nosas embarcacións tradicionais” , premiado na convocatoria de axudas ao desenvolvemento pesqueiro e xestionada polo GALP . O curso contou cunha sesión teórica a través da aula virtual , que proporcionou aos participantes unha ampla base de coñecementos sobre os materiais, técnicas e historia das enxarcias tradicionais. A experiencia foi un éxito de participación , con gran interese e implicación por parte de todas as persoas asistentes. Durante as sesións prácticas aprendemos a facer gazas, estrobos, vigotas, motóns simples e dobres , así como técnicas básicas de carpintería e trenzado de cabos . Ademais, puxemos en práctica o aprendido arbolando unha embarcación completa con vela cangrexa e foque . Unha iniciativa que contribúe á posta en valor e á transmisión dos oficios mariñeiros tradicionais , fundamentais par...