martes, 31 de agosto de 2010

O Mar Egeo segue dando que falar


A estas imaxes sepáranas nada máis e nada menos que 6474 días, vamos, case que 18 anos.

A primeira corresponde ó fatídico día do 3 de decembro de 1992, cando ó Mar Egeo se lle dou por ficar para sempre na nosa costa.
As de máis abaixo foron tomadas este mércores pasado no entorno da Torre de Hércules.

Iba eu dando un paseo polos camiños que rodean á Torre cando me fixeu nun barco que estaba encima da Zona Cero. Quedéime uns minutos e vin que estaban procedendo ó desguace do petroleiro, ¡¡¡¡18 anos despóis !!!!


O Mar Egeo, que case que merece a condición de embarcación tradicional, entre os anos que tiña e os que leva ós pés da Torre, negábase a quererse ir do seu repouso, e de feito, podedes ver como nas últimas fotos o barco de rescate non é capaz de izar unha das pezas do barco e tense que ir con ela abarloada cara ó muelle para descargala.


Vaite dunha vez, que bastante mal nos fixeches...e que non volva outro.


by Palmeirán

luns, 23 de agosto de 2010

Sail & Oar 2010

O fin de semana do 14 e 15 de agosto tivo lugar, na illa de Cumbrae (Escocia), o primeiro festival Sail & Oar. Vela e remo, para entendérmonos. Este evento está organizado pola asociación Galgael e contou coa presenza de embarcacións irlandesas, vascas e galegas; aparte, por suposto, das propias de Escocia.

A illa de Cumbrae esta situada no fiordo do Clyde onde historicamente se desenvolveu unha importante industria naval. Millport é a única vila da illa e está formada por unha ringoleira de casas ao longo da costa, nunha fermosa bahia. Hacia o alto da illa está a catedral máis pequena da Gran Bretaña e na ribeira abondan os iates clásicos, cousa normal sendo Millport un dos destinos para deportes nauticos máis populares da zona de Glasgow.



O primeiro día do festival era o sábado, pero xa o venres se via actividade. A xente chegaba cos seus barcos, as asociacións montaban os postos e había xa numerosas tendas de acampada instaladas polas campas que rodeaban o Garrison House. Xa indo no ferry me cadrou cun St Ayles Skiff, bote de remos para autoconstrucción que abondaba no festival. Ao chegar a Millport, porén, as primeiras embarcacións que vexo son as galegas que levaron os compañeiros da asociación ACD Dorna de Arousa: unha buceta, unha dorna, unha dorna de tope e unha gamela.



O venres, tras disfrutar da cea ofrecida por Galgael, era o momento perfecto para coñecer os pubs do pobo. Nun pub situado no porto había música en directo e ali se mesturaron as tripulacións e visitantes de todas as nacións asistentes.

O sábado pola mañá, mentras os máis remataban de preparar os seus postos, nós puxémonos a colgar os carteis do Proxecto Dorna e preparabamos todo para as charlas que se darian ao longo da xornada. Sobre as 11 asistimos a unha visita guiada polo posto da asociación vasca Albaola. Andoni explicounos como chegaran a recuperar unha tipoloxia de embarcación perdida, a chalupa baleeira. Un equipo arqueolóxico Canadense descubreu un galeon do século XVI e dispuxeronse a recuperalo para un museo. O barco levaba varias chalupas e contactaron coa xente de Albaola para conseguir reconstruilas. O equipo arqueolóxico canadense proporcionoulle a Albaola as medidas das embarcacions, de xeito que estes poideron construir duas réplicas usando as mesmas técnicas ca as dispoñibeis no século XVI. A presenza vasca nesa zona do Canadá semella que foi abondosa pois moitos pobos levan nomes vascos e antigos documentos indican que os nativos chegaron a aprender rudimentos de euskara, sendo asi esta lingua de obrigado coñecemento para quen quixera participar no lucrativo mercado das peles.


Foi un éxito entre os máis pequenos a piscina que levou Aixola. Trátase dunha piscina inchable e varias gamelas de pequeno tamaño cunhas aspas e veos para as mans. Ao empezo miraban con desconfianza o invento pero, tras o primeiro valente, facian cola para subir nas gameliñas e "bogar" nese pequeno mar.




Dentro das actividades programadas polo Proxecto Dorna fixeronse unha serie de presentacións. En primeiro lugar Don Oscar Mota, da Asociação das Industrias Navais portuguesa, presentou o estado no que se atopa o desenvolvemento da marca BATE. A marca BATE pretende ser unha marca para as embarccacións construidas artesanalmente, de madeira como material principal e reproducindo fasquias tradicionais do arco atlántico europeo. Tras a presentación do señor Mota, un servidor presentou a aplicación desenvolvida para inventariar o patrimonio marítimo do arco atlántico. En último lugar Don Lino Lema da consellaría do mar presentou o estado no que se atopa o plan de revitalización das carpintarias de ribeira.

Galgael, os anfitrións, tiñan unha ampla mostra das actividades que desenvolven. Aparte da construcción de embarcacións tamén fan talla en madeira, torneado, forxa, cestería e traballo con la. É moi meriotorio o traballo de Galgael pois traballan con grupos de persoas con alto risco de exclusión social, eufemismo que encerra a ex-presidiarios, drogadictos e marxinados en xeral. Toda esta xente de desviveu para traballar na organización do evento e traballando nas diversas actividades. É moi salientabel a amabilidade e o excelente trato que nos deron aos que nos deplazamos alá.



A expedición irlandesa, chegou a Great Cumbrae por mar nos seus currachs (embarcacións con armazón de madeira recuberta de lona embreada). A fasquia dos currach destacaba entre o resto das embarcacións que navegaban pola bahia de Millport. Son barcos moi curiosos, teñen o casco completamente redondo, sen quilla. Case non teñen arrufo ata chegar á proa onde se lanza de súpeto facendo un ángulo na regala.



Tamén houbo ao longo do día actuacións de grupos folk que lle puxeron a guinda á festa.




Á tarde os que tiveramos obrigas ao longo da mañá buscamos onde embarcarnos. Tiven a oportunidade de ir remar nunha galera escocesa. Esta embarcación lembra ás naves viquingas pola sua construcción en tingladiño, o seu marcado arrufo e por levar unha vela cuadrada. É unha embarcación con moito francobordo e os remos son longos, grosos e pesados. Incluso xente moi afeita a remar tivo problemas neste barco. Con todo, foi unha fermosa experiencia sair en grupo por estas augas.




O resto da tarde adiqueina a pasear pola feira, sacar fotos e coñecer un pouco mellor Millport. As 7 da tarde fomos ás presas para cear, pois levaban os vascos facendo cola dende media hora antes e corriamos o risco de quedar sen nada. Tíñannos preparado un porco enteiro asado ao espeto. Impresionante.

Tras a cea comezou xa a festa nunha das carpas. Había música en directo e un "bochinche". Nun descanso do grupo sairon a tocar os irlandeses, os comentarios que houbo quedan moi ben resumidos pola frase "se desafinan, que mal soa. Se a música é asi, que mal soa". O comentario era un pouco esaxerado porque hai que ter en conta que non eran profesionais. Tamén sairon os vascos ao escenario. Cantaron un par de cancións a segunda das cales, por ser máis animada, xa foi seguida con palmas e incluso con bailes porla poboación local. Para rematar a intervención botaronse ao chan un detras do outro e fixeron como que remaban ao son de "Boga. Boga".

Antes destas espontaneas intervencións, Uxio de ACD Dorna (que xa debía saber algo) estívo reunindo a todos os galegos e quixo enseñarnos unha canción:

Pícaro picariño, pícaro son eu.
Pícaro picariño, son de Ribadeo.
Son de Ribadeo, son de Ribadeo.
Pícaro picariño, pícaro son eu.

Aqui saltaba el e soltaba unhas estrofas.

Abreme a porta Maria, senón entro polas tellas.
Téñoche un neno empezado e faltanme as orellas.

Estribillo todos

Unha noite no muiño, unha noite non é nada.
Unha semaniña enteira, esa si que é muiñada.

Estribillo... e asi ata que se quedara sen estrofas, o que non tiña pinta de ser axiña.

O caso é que, polo que sexa, os galegos non saimos a lucirnos e tivemos que sufrir as burlas dos vascos. Penso que a razón non é outra máis que os galegos formábamos un grupo máis heteroxeneo. E non me creo que os vascos non ensaiaran e que fora todo improvisado.

Xa de noite pecha, uns rapaces prenderon lume nunha mega-bbq e foise xuntando xente arredor. Cadroume de falar un anaco cun indíxena das highlands que se adicara a construir barcos. Este señor coñecia Vigo pois pasara por ali nunha viaxe que fixera no seu barco. A travesía fora Escocia, Irlanda, Galicia (Vigo), Madeira, Canarias, Barbados. Estando en Vigo cadráralle unha forte tormenta e tivo que avisar a un iate fondeado preto del porque o estaba arrastrando o vento contra o espigón.

O domingo era o día da miña partida pero, aos que ainda ficaban ata luns, quedáballes un día espectacular. O ceo azul coma ningún e o mar, coma un plato, reflexaba os barcos do porto formando unha bela postal da illa. Pero nin gota de vento. Non sei se ao final tiveron que sair a remos ou se, como afirmaba algún, soplou a media mañá.

Se queredes máis información podedes visitar a páxina do evento, o seguimento case en tempo real que fixeron os de ACD Dorna (1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10) e o artigo de Xocas para a páxina da FGCMF. Tamén hai fotos na miña galería de Picasa.

Saudos patexeiros!

mércores, 18 de agosto de 2010

Anuncio de regata para o sábado 21

Por fin podemos anunciar unha regata sabendo que (de momento) non haberá que suspendela.

Ademais, a faremos nun dia que está anunciado coma espectacular, xa que estará despexado e o vento de NO non será moi forte, coma en xornadas pasadas.

Por iso, e aproveitando que por fin hai un dia bo, vos animamos a todos a que veñades á regata de Sada.

A hora de comenzo será as 5 da tarde, a saída xa na auga. Xa sabedes que para poder puntuar na Copa, haberá que inscribirse no barco do Comité antes de dar o sinal de saída. Todos aqueles que xa teñan participado este ano na copa, non fai falta, so confirmar que son os mesmos tripulantes,ou se non comunicar os cambios.

Xa sabemos que sempre hai dúbibas co sinal de saída. Así que en todas as regatas, repetimos a normativa, como cando vamos tomar as uvas de fin de ano e nos explican que non hai que se trabucar cos cuartos.

A primeira sinal que escoitaredes é a de AVISO, e consiste en unha serie de pitidos intermitentes. Pódense dar varios avisos, pero sempre son pitidos intermitentes. E para que os barcos se acheguen a zona de saída. Cando estea a flota ao completo (podemos esperar un chisquiño por algún rezagado), se dará o sinal de preparación da saída, que e un pitido longo, e indica que faltan 5 minutos para a saida. Ahí tedes que mirar xa o reloxo e empezar a calcular. Logo chega outro pitido similar, que e o de 4 minutos, e logo outro máis, que e o que avisa de que queda 1 minuto. A partir dese momento, xa non se pode estar fora da liña de saída, e por último, se pita a saida, con outro pitido longo.

Se tomades mal a saida, se non cededes ben o paso, ou se tocades unha boia, hai que dar unha volta por detras da boia de saida, para non facer un DESCALIFICADO.

Sobre o percorrido, vamos facer un moi sinxelo, unha especie de triángulo olímpico pero sen o barlo - sota final, para non nos confundir. Xa o complicaremos para outra.... Como vedes e moi sinxelo, con dous traveses e unha popa, para lucir ben o barco e dar un bo paseo. Según a previsión o vento estará de NO, pero se rola a N, ou NE, quedará un primeiro tramo de bolina.
En calqueira caso, hai que sair entre o barco do comité (rectángulo azul) e a boia, tomar as outras duas boias deixandoas por babor, e entrar directamente, sen dar a típica volta por detras. Facemos así para evitar confusions. Pero para a próxima intentaremos ser mais técnicos e dar instruccions impresas na saida. Por iso, nos axudaría moito saber cantos barcos ides vir. E tamén porque tiñamos previsto servir un "refrixerio" no mar (ao contrario que IBERIA, que xa non dan nin os bos dias)


Esperamos que vos animedes a vir. Xa sabedes que tedes 3 puntos por participar para a Copa, e un máis por cada barco en función do posto. E se hai duas mangas (se da tempo a facelas), podedes sumar mais puntos ainda. Cantos mais sexades, mais puntos teredes.

sábado, 14 de agosto de 2010

A Copa Balbina 2010

Con tanta festa e tanta cousa, case nos esqueciamos de que estaba en xogo novamente a Copa 2010.

Este ano, andamos con retraso. Coma din normalmente nos aeroportos en varios idiomas por "Causas operativas". Xa o comenzo foi un desastre, porque houbo que aprazar a primeira regata, e logo tivemos que recuperala o dia 18 de Xullo. Pero tivo que ser pola mañan, tamén por causas organizativas.

Xa sabemos que non son horas, pero non podía ser noutro momento. Agradecemos moitísimo a visita dos nosos veciños de Ferrol, xa que para eles é especialmente lonxe.

E a clasificación, segue un pouco coma o ano pasado, con Pepe de primeiro. Eche coma cando estaba Indurain no ciclismo, que non había xeito de desbancalo. Familiares e amigos de Pepe, por favor: Invitadeo a unha boda ou bautizo ou algo así, a ver se lle podemos remontar....É broma, por suposto, que agradecemos moitísimo a constancia de Pepe nas nosas regatas, e foi para nós un honor que fora o anterior gañador. Velahí tedes a clasificación deste ano, con tan só unha regata feita e os puntos da regata de Redes:

https://sites.google.com/site/descargasxerais/Home/regatas-e-outros-eventos

A vindeira será hoxe , en Ares, unha regata na que puntuaremos con 3 puntos á asistencia aos inscritos, e a seguinte, a segunda regata nosa, que será o vindeiro sábado 21 as 5 da tarde , onde sempre, enfrente da praia de Sada. Agradécese se avisades para contar coa vosa asistencia ou se hai que esperar por algún rezagado para dar a saida. Tamén vos ofrecemos un fondeo se queredes deixar o barco e voltar ao dia seguinte, para ir sen presa. Se alguén pensa en esa opción, avisádenos para ter preparado todo. Ademáis, vos podemos levar por terra logo de volta.

Pero tranquilos, que ainda queda moita mecha. Aparte da regata de Ares e da próxima nosa do dia 21 de Agosto, ainda queda a Parrocheira de Ferrol, o 4 e 5 de Setembro, que ten puntuación doble, xa que é festa de dous dias (3 puntos por dia) , e para rematar a copa e a tempada, a regata nosa do 18 de Setembro, pechando o verán e mais a Copa Balbina 2010.

Poda que este ano decídase todo nesa derradeira regata. Así que xa sabedes: canto mais naveguedes, mais preto estaredes de gañar a Copa

martes, 3 de agosto de 2010

Na I Feira Mariñeira de Sada

-“Que, e agora, ¿Cómo se che queda o corpo?”.Isto foi o que me dixo Francisco Grandal cando ante nós, Luis, o que fora carpinteiro de ribeira en Sada, botou toda a súa ferramenta diante de nós, anunciando que era un agasallo á asociación.



Luis traballara nos asteleiros que estaban na praia, alá onde hoxe hai edificios de pisos con bares e franquicias. Presentouse él, que pasaba por alí, pola feira, mentras Francisco estaba a fasquiar (en Sada “frasquiar”) una das taboas do forro, cun incontestable:
- “Así non vas ben, rapaz, así non che vai sair”…. Moi noso, moi galego, en negativo. Pero acto seguido, Luis nos deu unha clase do frasquiado a todos que quedamos abraiados. O público da feira xuntouse a miralo, e nós a atender a explicación, que boa falta nos fixo. E unha vez que tivo terminado, tamén nos dixo que esa ferramenta que tiñamos nos, que non valía. E foi cando unha hora mais tarde foi ao seu trasteiro e nos fixo ese fermoso agasallo.A súa ferramenta ten un gran valor para nós. Dalgún xeito, e a materialización do relevo, para el profesión, para nós afición, dun oficio dos nosos devanceiros.

Coma o atleta que completa unha volta e dalle o testigo ao seguinte, Luis nos deu gubias, formóns, unha garlopa, un cepillo que él mesmo fixera no Uruguay, un berbiquí que lle trouxeran de Nueva York, un par se serróns, limas, unha broca específica para os furados dos toletes, e sobre todo, moitísimo ánimo, que o imos a empregar para seguir reparando os nosos barcos e manter esta, para nós, afición.
Ademáis, dese momento máxico, un dos mais fermosos da nosa historia coma asociación, houbo outros moi interesantes na Feira, como a entrega da Copa Balbina da edición 2009 a Pepe. Non quixo o campeón acaparar o protagonismo, e mesmo afirmou que a copa a gañamos todos, porque estamos vivos, porque facemos cousas, e con isto todos case sen darnos conta, estamos a conservar parte do noso patrimonio marítimo.



Agora a copa, por fin rematada, xa ten a sua primeira plaquiña, co nome do Pepe do Osorio, de Ares. Algún dia terá o nome dalgún Patexeiro.


Tamén nese acto, entregamos os diplomas do cursiño de carpintería. Temos que pedir disculpas porque cos nervios destes dias dos preparativos esquecimos avisar a alguns dos participantes.

E mentras a Feira transcorría estivemos a recoller ditos mariñerios, que a xente nos foi deixando nun tabolerio, e noutro fixemos unha colección de nós.

O artísta de Carnota Nando Lestón, nos deixou parte da sua obra para decorar o conxunto, uns cadros maravillosos que fai co que o mar trae as praias. Nalgún dia teremos que ir por ahí pola costa da Morte a ver que nos deixou o mar despois dos primeiros temporais.


Na Feira, mentras facíamos o que lle chamamos “carpintería – espectáculo”, todo con ferramenta artesanal, e diante do público, aproveitamos para reparar parte da cuberta do “Arrecarallo”, o bote que estamos a restaurar na asociación e xa quedou botada parte da cuberta e feito o remo que faltaba, os toletes e mais os estrobos.


E no banco de traballo antiguo, estivo o todo o domingo Nacho facendo a talla do cartel da Balbina, para meterlle na proa da caseta.


E coma fin de festa, botamos alá diante, na praia, os barcos ó mar, a Boaventura e máis o Arredemo, que estiveron expostos todo o fin de semán , e saimos navegando con eles a vela, para que o público vira non só os barcos en terra, coma obxetos de museo, senon tamén cómo nevegan. O que nunca saberá este distinguido público e que un dos barcos case vai a pique ó sair da praia cunhas olas que chegaron dunha lancha, e que no outro se lles esqueceu meterlle o bitoque, e tiveron que ir achicando todo o tempo. En fin, cousas do directo.


Agora temos o reto de preparar a segunda edición para o ano que ven, e de seguir arranxando o Arrecarallo, a ver se facemos del un bote de regatas medianamente rápido. Xa nos dixo o Luis, que o chamáramos, que nos explicaba mais. Agora temos a promesa de que nos van deixar un local, a ver se e certo, e alá levaremos o noso obradoiro. E como non, chamaremos a Luis que veña e que nos conte, ademais de cómo se frasquía, cómo era a descarga do patexo, como navegaba a vela a Balbina, como era a vida mariñeira en Sada, naqueles tempos, mentres nós, mais novos, dámoslle ao cepillo e ó serrón, coa súa propia ferramenta.

Que, e agora, ¿cómo se vos queda o corpo?
A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com