Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2013

TERCEIRA XORNADA DO CURSO

Imaxe
Nesta terceira xornada do Curso, non puiden estar presente, polo que vos vou a contar de terceira man o que alí se fixo. O mestre decideu que era un bo día para meterlle o courel á buceta, e así empezaron coa operación. O primeiro paso foi meter uns barrotes para sacar as plantillas para cortar o courel.  Anotaron "o cartamón" ou inclinación dos barraganetes para pasalos á plantilla. Unha vez feitas as plantillas leváronas ó tablón de carballo para marcalas. Despezaron o tablón e meteron as pezas na serra. Alí, como vedes na imaxe, lle deron o "cartamón" axeitado ou o que é o mesmo, a inclinación que ten que levar para axeitarse ós barraganetes. No descanso, como sempre "mollaron a palleta" e tomaron uns pasteliños, pero hoxe, xusto o día que eu non estou, á compañeira Dolores dóuselle por levar as súas famosas galletas suizas. Eso vou a tardar moito en perdoarllo, a non ser que volva a repetir a operación canto antes.

SEGUNDA XORNADA DO CURSO DE CARPINTARÍA

Imaxe
Hoxe xa levamos a buceta que empezamos a construir na anterior edición do Curso, para que os alumnos desta nova edición continúen traballando nela. Despois do primeiro día de prácticas de afiado e asentado, explicacións sobre a madeira e de como nace unha nova embarcación, hoxe por fin, os alumnos xa puderon empezar a cheirar a madeira. Nada máis empezar a xornada xa todos se puxeron máns á obra distribuíndose en traballos diversos. Un grupo púxose a recravar as cuadernas, porque como o carballo estaba moi verde cando se colocaron, traballou moito a madeira e  ó non estar ainda forrado o barco, fixeron mover a cravazón despóis de casi un ano gardada no galpón e ir de exposición en exposición por estrada. Dolores, Rogelio, Luís e Lino colleron cadanseu martelo e botador e foron recrabando todas as que o necesitaron. Por outra banda, Oscar e Dani, Javier e Xavier pasaban as táboas que se están preparando para rematar a cuberta pola cepilladora, e Moncho e Rafa as pasa

PRIMEIRA XORNADA DO CURSO DE CARPINTARÍA

Imaxe
Despóis de esperar un pouquiño polos máis rezagados, ás 16:15 de onte sábado dou comezo a 4ª Edición do curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais. Tras a benvida e presentación de todos os alumnos, expoñendo as razóns que lles levaron a facer este curso, explicámoslle os obxectivos deste pequeno curso, que como entenderá todo o mundo, en 40 horas, non os vai a preparar para facer un barco, arte que só se aprende co paso de moitos anos de estar traballando no sector, pero sí lles vai a dar unha idea moi clara de cómo está construído un barco, como se empeza a facer, e os vai a animar a enfrontarse a pequenas reparacións que poidan ter que facer nunha embarcación tradicional. Tamén, nunha pequena pausa publicitaria, por suposto, xa que organizamos, lles contamos unha breve historia dos Patexeiros, quenes somos, cando nacemos, que facemos, etc.... Unha vez rematada a exposición de quenes son Os Patexeiros, pasamos a distribuir o material de seguridade

MAÑÁN SÁBADO 9 EMPEZA O CURSO DE CARPINTARÍA

Imaxe
Pois así é. Mañán sábado 9 de novembro ás 16:00 horas dará comenzo a IV Edición do Curso de carpintaría de ribeira e mantemento de embarcacións tradicionais organizado pola A.C.M. Os Patexeiros. Se houbera algún interesado de última hora, pode presentarse mañán entre as 15:30 e as 16:00 horas na Carpintaría de Lorbé, no porto de Lorbé xa disposto a traballar. Tedes toda a información e prezos en entradas anteriores.