Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2016

2ª Regata da Copa Balbina

Imaxe
Este sábado día 30 de xullo, coma sempre ás 16:30, frente á praia de Sada, segunda regata da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela. A clasificación xeral, despóis de disputada a primeira regata e cas puntuacións por asistencia á Xuntanza Patexeira e á Regata Porto de Redes queda así: CLASIFICACIÓN XERAL BARCO PUNTOS ALBATROS 24 A DESEXADA 23 OSORIO 20 LELIADOURA 15 BOAVENTURA 15 RICHI 15 A FEITUCA 10 ARREDEMO 10 ABUR 5 ALIVANTA 5 SAUNTRESS 5 Se algún barco dos que participou en Redes, participa nas demáis probas da Copa Balbina, se lle sumará a puntuación por asistencia a Redes.

Os Patexeiros na XIV Regata Porto de Redes

Imaxe
Foto Caamouco Net Este pasado sábado partían do Porto de Sada, rumbo a Redes, tres embarcacións da flota Patexeira, a dorna Boaventura tripulada por Jaime e Pepe, e A Desexada tripulada por Javier Naveira e Dolores, e a dorna Lagarta, a motor, con Ramón e Fini. Tiñamos pensado tamén levar A Feituca, pero finalmente por problemas de axenda do patrón, quedou no seu fondeo de Sada. A Lagarta iba de acompañamento e cando comenzou a regata voltou a Sada con algún problemiña no motor. A Desexada tripulada por dous novatos, ou como lle chaman na Illa, por dous "podréns", achegóuse ó campo de regatas e intentarono pero non o viron claro e ó pouco decidiron voltar ó amarre en Redes, así que finalmente só rematou a regata a dorna Boaventura, que aseguraron ó chegar que a regata fora duriña e tardaron en collerlle o puntiño. Despois de recoller os agasallos e parar un pouco por alí a catar a Estrella Galicia da outra banda da Ría de Ares, voltaron vento en popa e a toda

Resumo da IV Xuntanza

Imaxe
Pois xa rematou esta IV Xuntanza. Resumindo decir que houbo unha lixeira mellora na participación con respecto a anos anteriores, pero ainda así non se logrou unha aceptable participación de barcos do Golfo Ártabro, co que xa nos estamos replantexando se a organizaremos para o ano ou non Pasa o de sempre, a xente quéixase de que non se fan cousas, pero logo cando se fán, non participan nelas. Hai ducias de barcos tradicionais no Golfo Ártabro e sempre somos os mesmos os que imos ós eventos, pero qué pasa cos demáis????? Non se moven dos amarres ????? Os Patexeiros procuramos asistir ás concentracións que se fan polo Norte, e incluso baixamos ó Sur ás veces, para intentar manter viva esta estupenda afección polas embarcacións tradicionais. Sabemos que no Sur, nas Rías de Muros, Arousa, Pontevedra e Vigo, hai moita oferta de actividades, regatas, concentracións, etc... e incluso ás veces se pisan as convocatorias e todas teñen xente, pero qué nos pasa no Norte? Cada quén q

IV Xuntanza Patexeira de embarcacións tradicionais

Imaxe
Xa temos aquí outra edición da  IV Xuntanza Patexeira de embarcacións tradicionais. Esta vindeira fin de semán, dias 16 e 17 de xullo, celebraremos en Sada a nosa concentración, onde todos os que teñades un barco de madeira con formas tradicionais o podedes traer e lucilo navegando con nós eses días. O programa provisional da Xuntanza  sería:   SÁBADO 16 11:00 Apertura da carpa Patexeira con exposicións de material de carpintaría de ribeira e museístico, proxección de audiovisuais e fotografías , xogos para os nenos. 11:30 Recepción de embarcacións e tripulantes. 12:30 Primera saída ó mar de todas as embarcacións presentes. 14:30 Comida para os tripulantes 17:30 Segúnda saída ó mar das embarcacións 19:00 Participación na procesión da Virxe do Carme de todas aquelas embarcacións que o desexen. 21:00 Cea-Pinchada para os tripulantes que desexen quedarse. DOMINGO 17 11:00 Apertura da carpa Patexeira 13:00 Saída a navegar 17:00 Saída a navegar 21:00 P

Resumo da 1ª proba da Copa Balbina

Imaxe
O pasado sábado día 25 de xuño tivo lugar, coma sempre, frente á praia de Sada, a primeira proba da VIII Edición da Copa Balbina de embarcacións tradicionais a vela. Pouca asistencia a esta proba, posíblemente debido ás fortes rachas de vento que superaron os 20 n ó s, que desanimaron a moitos habituais a participar. Foto de Xurxo Lobato Tan só catro barcos se deron cita á hora acordada para tomar a saída, a sempre fiel dorna Albatros de Perbes, o incombustible Osorio, a nosa Desexada e a Leliadoura. A Boaventura estaba lista para sair pero por falta de tripulación quedóuse no fondeo. Foto Albatros A proba estaba prevista para dúas mangas de dúas voltas, pero xa na primeira manga a Leliadoura , tripulada por Javi Aguado e Dolores, rompeu a antena da súa vela latina e tivo que volver a terra. O Osorio, tripulado por Pepe e o seu neto Brais,  tamén tivo moitos problemas, xa que lle entraba moita auga e non pudo rematar a manga cando iba terceiro. Foto de Xur