Foto de Xurxo Lobato
Foto Albatros
A proba estaba prevista para dúas mangas de dúas voltas, pero xa na primeira manga a Leliadoura , tripulada por Javi Aguado e Dolores, rompeu a antena da súa vela latina e tivo que volver a terra.
O Osorio, tripulado por Pepe e o seu neto Brais, tamén tivo moitos problemas, xa que lle entraba moita auga e non pudo rematar a manga cando iba terceiro.
Foto de Xurxo Lobato
Albatros, como xa nos ten acostumbrados, quedou en primeira posición. Nesta ocasión, iba tripulada por Marta, Anuska e Jose. Botamos de menos a Víctor.
Vistos os problemas que sufriron os barcos, e como so quedaban dous, decidéuse suspender a segunda manga, polo tanto a clasificación queda da seguinte maneira.
1º - Albatros: 5 puntos por asistencia + 4 polo posto obtido = 9 puntos
2º - A Desexada: 5 + 3 = 8 puntos
3º - Osorio: 5 puntos por asistencia (non puntuou por resultado ó non finalizar a manga)
4º - Leliadoura: 5 puntos por asistencia (non puntuou por resultado ó non finalizar a manga).
Ó rematar a proba, tiñamos preparada unha pequena merendiña a base de sardiñas que nos prepararon Francisco, Silvia e Rober.
A vindeira cita será o sábado día 16 de xullo na IV Xuntanza Patexeira de embarcacións tradicionais, que non será competitiva pero os barcos participantes na Copa Balbina teñen a oportunidade de conseguir 10 puntos por participación.
Vémonos o sábado 16 e o domingo 17 en Sada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com