martes, 12 de xullo de 2016

IV Xuntanza Patexeira de embarcacións tradicionais




Xa temos aquí outra edición da  IV Xuntanza Patexeira de embarcacións tradicionais.

Esta vindeira fin de semán, dias 16 e 17 de xullo, celebraremos en Sada a nosa concentración, onde todos os que teñades un barco de madeira con formas tradicionais o podedes traer e lucilo navegando con nós eses días.

O programa provisional da Xuntanza  sería:

 SÁBADO 16

11:00 Apertura da carpa Patexeira con exposicións de material de carpintaría de ribeira e museístico, proxección de audiovisuais e fotografías , xogos para os nenos.

11:30 Recepción de embarcacións e tripulantes.

12:30 Primera saída ó mar de todas as embarcacións presentes.

14:30 Comida para os tripulantes

17:30 Segúnda saída ó mar das embarcacións

19:00 Participación na procesión da Virxe do Carme de todas aquelas embarcacións que o desexen.

21:00 Cea-Pinchada para os tripulantes que desexen quedarse.


DOMINGO 17

11:00 Apertura da carpa Patexeira

13:00 Saída a navegar

17:00 Saída a navegar

21:00 Peche da Carpa Patexeira e recollida.




Pregamos a todos os barcos que teñan pensado participar que nos manden un correo a patexeiros@hotmail.com indicándonos o nome do barco e os tripulantes que asistirán

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com