martes, 26 de xullo de 2016

Os Patexeiros na XIV Regata Porto de Redes

Foto Caamouco Net

Este pasado sábado partían do Porto de Sada, rumbo a Redes, tres embarcacións da flota Patexeira, a dorna Boaventura tripulada por Jaime e Pepe, e A Desexada tripulada por Javier Naveira e Dolores, e a dorna Lagarta, a motor, con Ramón e Fini.

Tiñamos pensado tamén levar A Feituca, pero finalmente por problemas de axenda do patrón, quedou no seu fondeo de Sada.

A Lagarta iba de acompañamento e cando comenzou a regata voltou a Sada con algún problemiña no motor.

A Desexada tripulada por dous novatos, ou como lle chaman na Illa, por dous "podréns", achegóuse ó campo de regatas e intentarono pero non o viron claro e ó pouco decidiron voltar ó amarre en Redes, así que finalmente só rematou a regata a dorna Boaventura, que aseguraron ó chegar que a regata fora duriña e tardaron en collerlle o puntiño.


Despois de recoller os agasallos e parar un pouco por alí a catar a Estrella Galicia da outra banda da Ría de Ares, voltaron vento en popa e a toda vela rumbo ó porto de Sada.

E como non tiveron nin tempo a quitar fotos, ahí vos vai a única que temos recollendo os agasallos e outra dos amigos de Caamouco Net.

Vémonos o sábado día 30 de xullo na segunda regata da Copa Balbina, en Sada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Fainos teu comentario aquí ou envíanos un correo a patexeiros@hotmail.com

A miña foto
Asociacion cultural en defensa da conservación do patrimonio marítimo, o litoral e a cultura mariñeira. Contacta con nós no CORREO: patexeiros@hotmail.com ou ben no noso FORO: http://patexeiros.foroactivo.com