Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2025

Rumbo á igualdade

Imaxe
  Rumbo á igualdade: éxito do curso básico de vela tradicional para mulleres Os pasados 20 e 27 de setembro celebramos o Curso Básico de Vela Tradicional para Mulleres “Rumbo á Igualdade”, unha iniciativa organizada pola A.C.M. Os Patexeiros coa colaboración de diferentes institucións, e que tivo unha acollida extraordinaria, e dentro do proxecto premiado no GALP "Conservación e mantemento das nosas embarcacións tradicionais." En total participaron 16 mulleres, que durante dúas xornadas intensas de teoría e práctica tiveron a oportunidade de achegarse ao mundo da navegación tradicional, coñecer as nosas embarcacións e gozar do mar compartindo experiencias. O curso contou tamén cunha aula virtual, na que as alumnas puideron acceder a materiais de apoio sobre temas fundamentais como: -Introdución á igualdade e o papel da muller na náutica de recreo. -Nocións básicas sobre que é un barco e os principios da navegación a vela. -As embarcacións tradicionais de Galicia. -Seguridade ...

Os Patexeiros volvimos á Parrocheira

Imaxe
 Onte, Os Patexeiros fomos por mar a Ferrol para participar na tradicional regata da Parrocheira no Porto de Curuxeiras. Na nosa expedición levamos os barcos O Patexo, o Canouro e o Bote de Pao , e realizamos a travesía desde Sada pola mañá, nunha ría con fondo de mar bastante notable, con ondas de 2 a 3 metros , pero as nosas embarcacións navegaron de marabilla. Durante a regata, como é habitual, volveu quedar de primeiro o Lagunak e de segundo Brais , co barco “O Neto do Osorio” , pero nós estivemos aí co Canouro , disfrutando da competición e do ambiente festivo. En calquera caso, foi unha xornada excelente , cunha navegación preciosa pola Ría de Ferrol , e unha celebración que mantén viva a tradición mariñeira do barrio de Ferrol Vello.   Este ano o Xamón non o tivo directamente o primerio clasificado, se non que foi por sorteo. E tocoulle a Brais, o segundo clasificado. Nunca estivemos mais cerca de acadar ese codiciado premio do Xamón !!!

Exito na ecoregata dos Patexeiros

Imaxe
 O pasado sábado 6 de setembro de 2025 tivo lugar en Sada a ecoregata organizada pola Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros. A xornada combinou tradición marinera e conciencia ambiental, converténdose nunha actividade de gran éxito de participación. Durante a mañá, os participantes traballaron en equipos para recoller residuos do litoral, utilizando embarcacións tradicionais como dornas, chalanas, botes e  botes de media construcción. A recollida non se limitou só a plásticos, senón que se atoparon todo tipo de obxectos curiosos e peculiares, que foron catalogados e fotografados para deixar constancia do traballo realizado. O entusiasmo dos asistentes e a colaboración de veciños e visitantes fixeron que a xornada fose un auténtico éxito. Ao rematar, todo o lixo recollido foi depositado no mini punto limpo de Sada, garantindo unha correcta xestión dos residuos e promovendo o respecto polo medio ambiente. A ecoregata de Os Patexeiros non só logrou limpar a costa, senón ta...