Os Patexeiros volvimos á Parrocheira

 Onte, Os Patexeiros fomos por mar a Ferrol para participar na tradicional regata da Parrocheira no Porto de Curuxeiras. Na nosa expedición levamos os barcos O Patexo, o Canouro e o Bote de Pao, e realizamos a travesía desde Sada pola mañá, nunha ría con fondo de mar bastante notable, con ondas de 2 a 3 metros, pero as nosas embarcacións navegaron de marabilla.



Durante a regata, como é habitual, volveu quedar de primeiro o Lagunak e de segundo Brais, co barco “O Neto do Osorio”, pero nós estivemos aí co Canouro, disfrutando da competición e do ambiente festivo.





En calquera caso, foi unha xornada excelente, cunha navegación preciosa pola Ría de Ferrol, e unha celebración que mantén viva a tradición mariñeira do barrio de Ferrol Vello.  








Este ano o Xamón non o tivo directamente o primerio clasificado, se non que foi por sorteo. E tocoulle a Brais, o segundo clasificado. Nunca estivemos mais cerca de acadar ese codiciado premio do Xamón !!!




Comentarios