Exito na ecoregata dos Patexeiros

 O pasado sábado 6 de setembro de 2025 tivo lugar en Sada a ecoregata organizada pola Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros. A xornada combinou tradición marinera e conciencia ambiental, converténdose nunha actividade de gran éxito de participación.



Durante a mañá, os participantes traballaron en equipos para recoller residuos do litoral, utilizando embarcacións tradicionais como dornas, chalanas, botes e  botes de media construcción. A recollida non se limitou só a plásticos, senón que se atoparon todo tipo de obxectos curiosos e peculiares, que foron catalogados e fotografados para deixar constancia do traballo realizado.







O entusiasmo dos asistentes e a colaboración de veciños e visitantes fixeron que a xornada fose un auténtico éxito. Ao rematar, todo o lixo recollido foi depositado no mini punto limpo de Sada, garantindo unha correcta xestión dos residuos e promovendo o respecto polo medio ambiente.


A ecoregata de Os Patexeiros non só logrou limpar a costa, senón tamén visibilizar a importancia da conservación do entorno e celebrar a riqueza da cultura marinera galega.


Comentarios